Páginas

domingo, 30 de enero de 2011

Os rapaces camariñáns proclámanse campións de fútbol sala 2010-2011



Xogadores do equipo Infantil As Baleas
Importantísimo traballo o que están a facer os organizadores do Clube Deportivo Costa da Morte reunindo ós equipos da Costa da Morte e colaborando coa práctica de Fútbol cos máis pequenos da nosa Bisbarra. O primordial sempre é aprender éticas de bo comportamento e saber facer equipo con compañerismo, solidariedade, esforzo e respeto aos compañeiros pero hai que recoñecer que gañar (si se pode) tamén é importante para ver recompensado o labor dos adestramentos. Podemos dicir que esta tempada 2010-2011, o clube  As Baleas (Camariñas) coronouse  Rei do fútbol sala base. Os equipos camariñáns venceron nas ligas Infantil e Alevín. Todos os equipos campións de liga clasifícanse para xogar a fase intercomarcal (datas aínda sen determinar) organizada por Deporte en Idade Escolar dentro do programa Xoga e fai Deporte. Salientar que o pichichi da liga en categoría Infantil foi tamén un xogador camariñán, o dianteiro  Maikel Carril Toba. Dende Camariñas Directo, felicitar aos rapaces,  á Asociación As Baleas e ao Clube Deportivo Costa da Morte por tan laborioso traballo.!! Noraboa campións !!


Carta presentación


Navegar sencilla, humilde e "verazmente" desde Camariñas para o mundo. Nesta ventana trataranse temas de actualidade, reportaxes, curiosidades  e  acontecementos significativos do noso concello e esporádicamente da Costa da Morte con especial tinte ao mundo do mar. Un rincón máis na rede que procurará facer unha labor social de comunicación e acercamento virtual á vila dos encaixes por excelencia.
  
!!BENVID@S ABORDO!!
Este buque virtual está composto por un Patrón (Mikel Camariñas), un  de máquinas e o resto da tripulación, os lectores, o máis importante.   O noso rumbo será ir para onde queiramos e vexamos ameno e interesante, sempre contrastado. A función principal do redactor deste buque é primeiro a obrigación (o traballo) e probablemente varias veces estaremos amarrados a porto (sen actualizar) pero aínda así sacarase tempo donde sexa e nunca deixaríamos escapar información significativa. Debatirase, opinarase libremente (sempre con respeto á vida persoal de cada un)  e sempre cos motores encendidos para que as baterías do motor non se achiquen. Os beneficios únicamente serán a satisfación  de que todo aquel/a que embarque salga satisfeito/a e con gañas de repetir travesía, estaremos encantados de recibirche sempre cos brazos abertos. Constructivos como os que máis e velando polos intereses comúns  e si en algún momento alguén se sentira perxudicado (con fundamentos), non dude en expoñer a súa correspondente queixa á dirección de Camariñas Directo, ben por correo electrónico (amosado no perfil), ou ben en persoa ao seu administrador (Mikel - Plaza del Curro/1 - Camariñas (A Coruña)). Absolutamente dialogantes con  persoas de calquer raza, ideoloxía ou relixión... de boa fe. Durante a travesía, o barco pode recibir retoques e a vida do buque será ata que aguante o casco, despois hai dúas opcións, facer nova construcción ou ben desguazalo pero ata alá esperemos aguante o servidor o tempo necesario. Opinar libremente e moderado para esta redacción consiste en facelo sen rebasar as barreiras do respeto moral dos demáis, esa barreira rómpese cando se entra na  do "prójimo". Todo comentario que non estea vinculado co artigo en cuestión, é dicir, que leve actitudes ofensivas hacia alguén con descalificacións ou insultos, taxantemente non se publicará (Democracia con Dereitos pero tamén con Obrigacións). Dise isto porque trataranse variopintos temas. Nunca haberá censura si non hai insultos. Esto vai feito con sacrificio (nada que gañar, nada que perder), tempo (moitas veces onde non o hai) e hobbie alentado por estimad@s navegantes.  Un humilde buque adicado a TOD@S que desexen ler, comentar ou simplemente visitar... nunca para crear un mal ambiente entre os lectores. As entradas que se publiquen irán sempre escritas en camariñán mesturado co galego oficial (familiarización ca nosa lingua), rozando ás veces o "castrapo" e descartando en absoluto un texto traducido plenamente ao galego ou castelán. Que saibades que podedes expoñer aquí en Camariñas Directo o que vírades oportuno...si o vedes interesante para vós é importante para tod@s. Acéptanse e agradécense, queixas, suxerencias ou calquer outro artigo, imaxes, etc sempre e cando vaian firmados e identificados.  Respetaríase  desde a redacción o anonimato si o vírades oportuno (pero sempre identificado correctamente en privado)..."Graciñas pola vosa comprensión".

Estimad@s navegantes...!!QUE TEÑADES UNHA PRACENTEIRA E BOA TRAVESÍA ABORDO!!


   !! Encendemos motores !!                                                  "Gracias pola túa visita"