Páginas

domingo, 30 de enero de 2011

Os rapaces camariñáns proclámanse campións de fútbol sala 2010-2011



Xogadores do equipo Infantil As Baleas
Importantísimo traballo o que están a facer os organizadores do Clube Deportivo Costa da Morte reunindo ós equipos da Costa da Morte e colaborando coa práctica de Fútbol cos máis pequenos da nosa Bisbarra. O primordial sempre é aprender éticas de bo comportamento e saber facer equipo con compañerismo, solidariedade, esforzo e respeto aos compañeiros pero hai que recoñecer que gañar (si se pode) tamén é importante para ver recompensado o labor dos adestramentos. Podemos dicir que esta tempada 2010-2011, o clube  As Baleas (Camariñas) coronouse  Rei do fútbol sala base. Os equipos camariñáns venceron nas ligas Infantil e Alevín. Todos os equipos campións de liga clasifícanse para xogar a fase intercomarcal (datas aínda sen determinar) organizada por Deporte en Idade Escolar dentro do programa Xoga e fai Deporte. Salientar que o pichichi da liga en categoría Infantil foi tamén un xogador camariñán, o dianteiro  Maikel Carril Toba. Dende Camariñas Directo, felicitar aos rapaces,  á Asociación As Baleas e ao Clube Deportivo Costa da Morte por tan laborioso traballo.!! Noraboa campións !!



O Concello de Dumbría creou unha escola de Fútbol que comeza a ser o punto de mira da mellor organización da Costa da Morte  no deporte Rei.O alcalde dumbriés, Pequeño, aposta forte e ben... seguramente acade ser un referente a ter en conta por calqueira campo de Galicia.
.....................................................................................................................................................................

Maikel(dereita) e o seu compañeiro de equipo David mostrando o trofeo de Campións da Costa da Morte. Vicente o Kiskel(na foto da esquerda) coa colaboración de Faus son os adestradores das Baleas. Detrás e coa técnica dos Infantís, Gerpe xogou un papel indispensable.

                                                                        !! FELICIDADES  BALEAS !!

Nota: Fotos sacadas co consentimento dos seus tutores

2 comentarios:

  1. Enhorabuena campeones.A sejir asi.Camariñas xa ten futuros campeons.

    ResponderEliminar
  2. mui ben chavales,si sejides asi non ides ter donde poñer as copas.
    sondes uns artistas.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo