Páginas

lunes, 28 de febrero de 2011

O día que o perigo se aliaba coa falta de información e provocaban un " CASÓN "


 


Quizáis os máis entrados en anos lembren mellor aquel fatídico 5 de Decembro de 1987 cando de novo a nosa costa recibía a noticia de que un buque con carga moi perigosa iba esculpirnos golpeándonos sin comelas nin bebelas e que a día de hoxe non se soubo nada da caixa negra(transporte nas bodegas)  e o pouco que se sabe é que eran productos inflamables, moi tóxicos e corrosivos. Numerosos veciños de vilas como Camariñas, Muxía, Fisterra, Cee e Corcubión eran aloxados en hoteis na cidade herculina.  De principio os informativos lanzaban "Un buque panameño con carga moi perigosa encalla na praia do Rostro", a verdade sea dita algo de verdade levaba pero os naseiros Nuevo Paquita Pérez, Vulcano, Arene Gane etc que por alí faenábamos poderíamos dicir como posteriormente se dixo "O buque Casón é remolcado e varado  porque o seu armador se negaba a pagar o remolque de Salvamento despois de que sufrira unha explosión a 22 millas do Cabo Fisterra".Afortunadamente os controis de Tráfico Marítimo tiveron que aplicar novas normas para intentar protexer unha das costas que máis tráfico de mercadorías perigosas soporta...

domingo, 27 de febrero de 2011

Entroido 2011 no Concello de Camariñas



Cartel Entroido 2011 do Concello de Camariñas
Chega o Entroido e un ano máis todos os concellos da Costa da Morte están ultimando as inscripcións dos que desexen pasar unha tarde amena e participar nos diferentes concursos. No Concello de Camariñas o prato forte será no pavillón de deportes municipal o Martes día 8 a partires das 5 da tarde con un Concurso de Disfraces para comparsas, xuvenil e adulto individual e infantil.Se queres saber as diferentes axendas programadas nas principais parroquias do noso Concello pincha máis abaixo.Todo aquel que queira inscribirse pode facelo na Biblioteca municipal ou ben no teléfono 981737234 ata o día 7 de Marzo.


jueves, 24 de febrero de 2011

Un espazo curioso e saudable instalado nas inmediacións da Area da Vila

Fai poucos días era instalado no paseo marítimo da Area da Vila un peculiar espazo concebido especialmente para a saúde.Segundo se pode ver no cartel está recomendado para problemas articulares, musculares ou simplemente para estar en forma.Hai unhas sinxelas instruccións de como facer correctamente os exercicios como son a fase de quencemento e remate dos mesmos.O mini parque está composto por 5 aparellos que incorporan pedais, cadeiras e discos xiratorios.Cada día son máis as persoas maiores as que proban e repiten unha forma curiosa de exercitar corpo e mente e no peor dos casos mellorar as súas dolencias.Non caben dúbidas que os longos paseos que a xente fai polo paseo da Vila serán cada día máis sanos.

Abandono total e sálvese quen poida coas obrigacións a Portos e ao Clube Náutico de Camariñas



O Plus One convertido nunha auténtica mexilloeira
Si fai semanas o barco chatarra que levaba anos abandoado en pleno corazón do paseo marítimo de Camariñas era izado por operarios de Portos e desgüazado despois de que se fora a pique, onte era subido ao carro o Plus One (11 metros de eslora) tamén abandoado e amarrado nos pantaláns do Clube Náutico.O seu propietario,un cidadán inglés que frecuentaba o noso pobo con asiduidade desapareceu sin deixar rastro,bueno si, as facturas que quedan pendentes coa taxa X5 correspondente a Portos do Estado e aos servizos que lle prestou o Náutico durante 7 anos.Ademáis destes dous barcos, o propietario ten outro máis chamado Lady Gina e tamén segue amarrado nos pantaláns a velas vir.Non se saben os motivos polos que David tivo que desaparecer sen deixar rastro pero dende logo desta maneira deixa unha fatal brecha na vila mariñeira e ao Clube Náutico  unhas tarefas burocráticas moi complicadas,para empezar, limpar semejante barbaridade de mexilóns que se criaron polo abandono, falta de limpeza e mantemento do casco...

miércoles, 23 de febrero de 2011

Dende Camariñas, un saúdo Navegante

En verde os países que nos vemos
Cando a un o animan a que poña algo pola rede e lle insisten en que Dios dea xente que teña vontade para facelo,que especialmente os que están fora o agradecen,en primeira persoa,en segunda ou en terceira e sendo consciente de que cada un no seu, o noso son outros mares, pero finalmente se abre este blog,se reciben as mensaxes que se reciben,as palabras en algún caso que estremecen a calquera,non queda outra que agradecer e non sabedes canto a vosa fidelidade.Pensándoo fai 20 días dende que esto se iniciou,para nada un podería imaxinar que varios países e varios navegadores serían tan fieis.Dende Camariñas directo e dentro desta humilde ventana, Mikel (Miguel) en nome da Redacción lánzavos un ; Gracias, Grace, Merci, Thanks, Obrigado, Grazie, Graciñas.


martes, 22 de febrero de 2011

A febre do Ouro está a todo meter na nosa Bisbarra


Son moitos os establecementos que se ven pola nosa Bisbarra recubertos con unha cor amarela e con unhas letras que din moi claro "SE COMPRA ORO", serve deteriorado, golpeado, restos e para os máis apurados nestes tempos de desaceleración económica mundial, incluso xoias intactas que se venden ante semexante demanda e pago ao contado. Pero, ¿por qué dende os últimos meses interesa tanto o ouro de 18 kilates para arriba ?¿Quén está interesado en invertir no preciado metal?¿a cómo pagan o gramo?.Se queres saber o que nos dixo un comprador e xefe situado en Cee onde máis abundan este tipo de compras na Costa da Morte, pincha máis abaixo.A pesares de todo,o que vende o que ten,mira para quen o leva,o diñeiro non vale nada pero ás veces as difíciles situacións poden levar ao que está sucedendo.

domingo, 20 de febrero de 2011

Cando o mar e o encaixe se alían e a man humana os converte en arte


                                                                                                                                                                                      

Cando nos principais medios informativos nacionais  anunciaban  o enlace do Príncipe Don Felipe de Borbón coa periodista Doña Letizia Ortiz, Camariñas mediante o Concello, obsequiaba con este precioso barco (réplica do Juan Sebastián Elcano) con velas decoradas en encaixe aos noivos...Na familia Real considéranse amantes do mar e dos barcos. Curiosamente, a orixe do encaixe máis famoso do mundo din  que naceu en Venecia e chegou en barco a Camariñas tamén. Un navío italiano alá pola Idade Media naufragaba nas nosas costas. Como agradecemento ao acollemento que recibira en Camariñas e un posible namoramento con un habitante, unha das sobrevivintes no naufraxio ensinou ás mulleres a facer tan preciado labor sendo perfeccionado polas diferentes mans durante centos de anos, unhas mans que agarran e soltan os palillos a unha velocidade que prácticamente non se lle ven os dedos e a dama italiana levaría unha caracola para poder escoitar o son do mar. Esta Semana Santa como ven sucedendo dende o ano 1981,a vila mariñeira voltará a ser o aclamo de miles de visitantes que se asomarán ao corazón da Costa da Morte.Declarada de Interés Turístico, a Mostra do Encaixe XXI xa quenta motores.

Qué foi do barco de cerco camariñán Gallego José ?

                                                          
O Gallego José nas tarefas de limpeza do Prestige
A verdade que un sente pena cando lembra ao cerqueiro de Camariñas " Gallego José " dende o primeiro día da súa botadura no ano 1999. A embarcación construída en aceiro nos Asteleiros Nodosa de Marín era xemelgo do cambadés O Bahía. Este tipo de embarcacións de 18 metros de eslora e algo máis de 44 Gt de tonelaxe foron dados como aptos para a navegación no seu día, nembargantes 4 anos despois e trás o afundimento do Bahía nas inmediacións das Illas Sisargas con 10 mariñeiros abordo (foi a gota que colmou ó vaso), o Gallego José recibiría un "no apto" na estabilidade comezando unha auténtica batalla burocrática  para a estimada familia Caamaño, máis coñecida como Os Jallejos. Eso engadido aos problemas de saúde do seu patrón José fixeron que este barco tivera que emprender un novo rumbo...Asturias. Inxusta e mala sorte a que tivo este redeiro.


viernes, 18 de febrero de 2011

Raíces de Camariñas por América


De todos é sabido que a igrexa de San Xurxo en Camariñas posúe un dos mellores exemplos de arquitectura da comarca. Con unha fachada de perpiaños de granito e os seus retablos maior(presidido pola Virxe do Carme e San Xurxo montado a cabalo), esquerdo (o da cruz, Xesús atado á columna e Nazareno) e dereito (a Dolorosa), foron esculpidos polo moisés D. Jose Antonio Suárez Ferreiro que se formou con D.José Bambino. Do século XVII (1747-1758) e de estilo Barroco, este precioso monumento ten detrás unha peculiar lenda, foi donada por un indiano ubicado en Buría e que a pesares de non estar aínda probado fixo as américas dunha maneira curiosa. Unha vez se fixo rico e como agradecemento a Deus e ao pobo camariñán onde vivía, donou os cartos para o seu levantamento e rematou na mesma pobreza que antes de partir e cousas da vida está subterrado baixo o altar. Poucos datos e un pequeno resumo de Domingo Antonio Domínguez Canosa...

JRASIAS A FALAR CASTELLANO ESTOY EN JRAN HERMANO


A concursante galega de Gran Hermano 12 sente noxo polos galegofalantes.A coruñesa de 25 anos considera analfabetas ás persoas que usan a súa lengua nai e os que emplean "gegeo ou seada" analfabetos,paletos e ignorantes.Non imaxino eu a un vasco ou catalán(tamén teñen o seu acento) desprestixiar ante todo España as súas raíces ou que opinarían desto Julio Iglesias,Juan Pardo,Jesús Vázquez,Paula Vázquez,Marta Sánchez,Amancio Ortega,Luís Suárez,Rosalía de Castro,etc, ao escoitar este vídeo.Ela di que un home ainda que sexa moi atractivo e teña moita cultura si fala galego,"cagouna".Unha das favoritas deste concurso reality que nada máis entrar deixou frases como...Odio que los chicos me traten como a una princesa...Odio las compras,el cotilleo,los niños y las tareas domésticas...Soy muy desordenada y me siento un hombre en cuerpo de mujer.E por certo,nótaseche o acento Marta queiras ou non.

jueves, 17 de febrero de 2011

O Xulgado de Corcubión recoñece como fillo lexítimo de Crisanto a Enrique Caamaño

Fai case 4 anos que o coñecido empresario madereiro de Cee "Crisanto López" falecía e detrás quedaba un culebrón sobre as herencias a repartir.As beneficiarias legais eran a súa esposa e tres fillas(Carmen,Avelina e Rosa) pero un tamén coñecido taxista de Cee reclamou a herencia súa alegando que era fillo de Crisanto nunha relación extramatrimonial que tivera o empresario.A partires dese momento e despois de que as súas fillas non quixeran recoñecer dita versión do taxista de 52 anos,este botouse en mans do avogado Antonio Platas.O primeiro paso foi extraer unha proba de ADN ao cadáver pero resulta que xa non se atopaba no seu nicho e foi imposible.O párroco de Vilar de Toba non atopa explicación ao acontecido e ante a imposibilidade de atopar de momento a Crisanto,unha das súas fillas sometíuse as probas e o Xulgado de Instrucción número 1 de Corcubión no día de onte confirmou que Enrique Caamaño Vidal é fillo do madereiro.Agora falta saber onde se atopa o cadáver.A Garda Civil en colaboración ca Policía Científica seguen investigando.Mentres tanto o cadáver non descansa en paz.

miércoles, 16 de febrero de 2011

Naufraxios: Un naufraxio, a orixe dun nome, un cementerio e un novo faro "HMS Serpent"


O Temporal que azota duramente á Costa da Morte comezará a remitir mañán

Esta noite que pasou e como ben viñan anunciando os diferentes partes meteorolóxicos,as ondas alcanzaron unha altura de máis de 8 metros na nosa costa.Cando un se asoma ao mirador por excelencia dos mariñeiros "O alto da vela" e ve como o mar rompe por todos os rincóns onde normalmente traballan a diario as embarcacións de pesca pensa dúas cousas...pobre do que colla ahí,mil vidas que teña,e outra...esto faille ben ao mar,polo menos descansa,cría e atraca peixe de fora.Onte e ante máis de 15 coches no mirador,as palabras dos mariñeiros eran "mimá,que vaja de mar",practicamente entrar na Ría de Camariñas para buscar abrigo era imposible.Parece ser que o tempo pronto comezará a cambiar e para a semana que entra a flota pesqueira poderá salir a faenar algún dia.


martes, 15 de febrero de 2011

Operarios do Concello de Camariñas traballan para contrarrestar as inundacións da Rotonda



Si fai uns días publicábamos que a Rotonda tiña deficiencias que provocaban serias inundacións,no de día de onte e hoxe varios operarios do noso Concello afanábanse en contrarrestar ditas deficiencias.Aprobeitando a pequena trégua que nos está dando a gran borrasca que está azoutando á Costa Galega(estamos en alerta vermella),os obreiros están abrindo unhas novas cañerías ao par das que xa estaban e pouco a pouco e sobre a marcha atopar a solución definitiva das nefastas e perigosas inundacións...


sábado, 12 de febrero de 2011

Nova fichaxe no mundo da política en Camariñas

O futbolista camariñán Juan Cabrejo Pasantes (26-5-1975) máis coñecido como Juanillo, ficha polo Partido Socialista de Camariñas. A pesares de que o seu nome non sonaba en ningunha quiniela, o xogador da vila dos encaixes ocupará o número 3 da lista presentada polo PSdeG-PSOE. Lateral esquerdo nos terreos de xogo, agora comeza unha nova andaina e curiosamente tamén pola banda esquerda. Persoa sociable, amable e querida para esta redacción, unha por ser un xogador e persoa exemplar e outra polo vínculo familiar que nos une. Juanillo, dende Camariñas directo desexarche moita sorte nesta nova andaina. Cabe salientar tamén a incorporación nun posto máis abaixo e que cerra as listas da xoven coñecida Mayte Castro Carril, Maytinha, un diamante por pulir.


viernes, 11 de febrero de 2011

Un pequeno manual de como moverse por Camariñas Directo

Estes días Camariñas Directo recibía unhas cuantas dúbidas de algúns lectores de como poder manexarse pola páxina como por exemplo voltar á páxina de Inicio despois de pinchar nun artigo,ou de cómo mandar un comentario sin ter cuenta en Google,movementos sencillos dende que se lle colla o truquillo,quedan aquí unhas resumidas instruccións por si  alguén máis quer esclarecer as súas dúbidas...

miércoles, 9 de febrero de 2011

¿Qué pasa nesta rotonda cando chove con forza?

Calquer veciño ou visitante que se asome por Camariñas en días de forte choiva, atopou e vai volver atopar unha enorme poza que cubre aparcamentos na zona do Campo e ata chega a cubrir por completo, bordes e a mesmísima rotonda. Comentarios de todo tipo, culpables uns din Portos, outros o mesmo alcalde pero aquí non se trata de marcar culpables senón de escoitar solucións. Nada mellor que un operario que traballou na súa construcción o que poida opinar, quizás estea equivocado pero el veo asi, en concreto fala de dous erros leves e un grave. Formou parte na construcción de outros paseos marítimos en Galicia e vive fronte a nós, nun punto do Concello de Muxía, para esta persoa, o noso é o mellor paseo marítimo da Costa da Morte. Visto dende a súa perspectiva para que se acabe con estas inundacións non é tan difícil pero latoso. Si queres saber os puntos leves e graves para este humilde operario pincha máis abaixo, despois cada cual opine o que queira...

martes, 8 de febrero de 2011

A flota pesqueira en Camariñas permanecerá amarrada a porto toda a semana por alerta de Temporal

Si de algo podemos concluir que foi positivo internet no relacionado co mar é a eficacia ca que podemos predecir o mal tempo en diferentes partes meteorolóxicos que día tras día demostran que nos podemos fiar deles con un porcentaxe superior ao 90 por cen.Todos eses datos fan posible que o mar non sorprenda as artes que depositan nos fondos dos mares os osados mariñeiros da nosa costa a que non se perdan tantos aparellos de pesca como antes e que se eviten moitos golpes de mar na proa,popa,a estribor,babor ou onde cadre e poñan en peligro a seguridade abordo dos tripulantes.Esta semana toda, os ventos serán de Sur moderados con rachas fortes e salvo unha pequena trégua o próximo Venres,as olas poden chegar a alcanzar os 6 metros de altura segundo se acerce a fin de semana.Salvo algunha excepción dos máis arriesgados,esta semana acabará mal e a que entra comezará peor si a borrasca que se está reforzando en Madeira non se afasta e parece que non vai ser así.Polo tanto,pescadores profesionais e aficionados que se dispoñan a usar as súas canas.          !Moitísima Precaución!

lunes, 7 de febrero de 2011

Fórmase o primeiro Clube de Fumadores da" Costa da Morte"

Despois de que saíra a nova Lei Antitabaco aprobada polo Goberno e que puxo en controversia ás diferentes opinións de fumadores e non fumadores, dando un paseo pola vila de Cee poidemos observar como funcionaba o Primeiro Clube de Fumadores formado na nosa Costa. Estamos a falar da Cervecería Cisco, ubicada fronte á praza do mercado municipal de Cee.O clube chámase Botafumeiro e xa conta con máis de 200 socios.



domingo, 6 de febrero de 2011

Próxima apertura dun novo local de Hostalería en Camariñas

Levábanse varios días rumoreando que pronto e como antigamente un novo Salón Baile   abriría as portas próximamente,que mellor ocasión que preguntarllo ao xoven empresario e coñecido Óscar e confirmou que do que se trata é dun novo Restaurante no mesmo local da Marina.El e a súa dona Lola teñen previsto nuns días ou escasas semanas darlle un novo look e dotar de máis capacidade hostaleira a fachada marítima de Camariñas dando por seguro que as reformas serán sempre retocadas con un toque diferente e moderno ao igual que todos os locais nos que rexentou e ideou Óscar.Problablemente xa na Semana Santa estará funcionando a pleno rendimento e quen sabe,quizás con un pequeno palco para un bo dueto ou grupo que anime máis se cabe ás preciosas vistas.Desexarlle !!Boa Sorte!!.

sábado, 5 de febrero de 2011

Reportaxe: "Unha camiñata polo paseo dos Señores"

                De fondo o Castillo Soberano, os seus restos seguen vixiando á Ria de Camariñas

Nestes días de inverno como o de hoxe, onde o sol está relucinte e un busca a armonía ca natureza e  ao mesmo tempo  alimentar as retinas con unha paisaxe impecable,  nada mellor que bordear calqueira rincón dos moitos que temos polo noso entorno. Neste caso, unha camiñata  entre  a olor a eucalipto que desprende o "paseo dos señores", frecuentado por vellos lobos de mar como o Señor Antón que se mezclan con outras personalidades en calqueira punto dun pinal e alí ante os catro ventos, charlan de todo un pouco enfundados en tranquilidade. Pero non todo é bonito cando un se atopa con algo tan abandoado, á sorte de Deus, en concreto na Punta da Villueira (Punta da Biulleira para os mariñeiros).Pincha abaixo se queres adentrarte un pouco nesta pequena reportaxe.


Satisfación total dos Pulpeiros na nova Lonxa

Esta semana pasada e despois de moitos anos,a Lonxa de Camariñas subastou o cefalópodo da nosa Costa con unha gran satisfación en canto a prezos por parte dos mariñeiros que se adican a esta arte.O Pulpo auténtico de Camariñas alcanzaou prezos que subiron dos 6 euros kilo nos exemplares máis grandes.De tempo atrás as persoas que se relacionan no mundo do mar levaban gritando ao ceo que o noso producto estaba un pouco discrimado.Poidemos leer neste tempo en diferentes medios que o pulpo marroquí é mellor que o noso.Pero bueno,aquí non se trata de decir cal é mellor senón que por fin estamos ante unha subasta e si vai barato,que sexa alí,diante de todos os que queiran elaborar o noso preciado e famoso pulpo.

Emocionada e próxima "homenaxe despedida" a un gran médico en Camariñas




Foto: Restaurante 4 ventos
Podemos decir que se marcha unha gran persoa,fiel amigo do pobo e un grandísimo profesional no Centro de Saúde de Camariñas.Don Carlos Ferreiro ou tamén Carlos a solas dada a proximidade e confianza que transmitia cando alguén cruzaba unhas palabras con el,leva máis de 20 anos exercendo de médico de cabeceira e traballando e percorrendo kilómetros a destajo para poder atender outras responsabiliades que tiña na cidade.Aínda un pode lembrar cando non existían os PAC e había garda 24 horas no noso Concello,ver a Carlos frecuentar o Porto de Camariñas e charlar moi animadamente sobre a pesca submarina deportiva,práctica que exercía impecablemente polos fondos próximos á Costa da Virxe do Monte.Actualmente deixábase sempre ver no bar do seu querido amigo o Madridista Jose Manuel.Nos últimos anos que leva exercendo en Camariñas,atende ás xentes de réximen de terra e para o sector do Mar o Doctor Xulio.Arriba na foto podemos ver ao Señor Enrique e a súa dona Pilar,cofundadores con Doña Milagros fai varias décadas do mítico e gran Restaurante Pensión Residencia os "4 Ventos",actualmente rexentado como tradición familiar polo seu fillo  Enrique Vázquez.Este próximo mes de Marzo,o día 5 sobre as dúas da tarde está prevista unha comida "Homenaxe" neste Restaurante e o que queira reservar o seu prato,pode facelo no Bar Jose Manuel ou ben no Bar Bolboreta e Loterías.O prezo do prato son 25 euros e ahí inclúe un cánon para agasallar á persoa que lamentablemente vainos decir Adeus no Centro de Saúde.A onde queiras que vaias e te atopes moita sorte, y que sepa usted señor Doctor,que "deja el listón en su vacante muy alto"

jueves, 3 de febrero de 2011

Paro case total nos Barcos do Cerco de Camariñas

               
Segundo palabras dos mesmos mariñeiros, case a totalidade dos barcos de cerco de Camariñas estarán o mes de Febreiro e parte do mes de Marzo no paro (á excepción de dous). Pasado este tempo, algúns dos nosos redeiros  poderían plantexarse ir en busca de xarda aos caladoiros do País Vasco. Sen dúbidas sería a primeira experiencia para varios ou case todos os mariñeiros que que fagan o peteche si deciden poñer rumbo ao verdel no cantábrico, todo iso no hipotético caso de que non houbera peixe na súa costa porque hai que lembrar que cando chega a cabala á Costa da Morte xa está esgotado o cupo (o peixe migra de norte a sur). Mentres tanto, as tripulacións dos barcos están preparando as súas redes a todo detalle como podemos ver na foto (Manuel de Lin e parte da tripulación) para despois levar os barcos aos carros de varado e facer limpezas e mantemento de pintura, máquinas e os cableados un por un, unha vez comecen a faenar debe estar todo perfectamente revisado porque non é por dicir, os  patróns que se afanan dia tras dia en intentar lanzarse ao Océano para traer unhas caixas de peixe para a lonxa son os que máis invirten nos seus barcos de toda a Costa da Morte. A flota composta polo cerco é moi importante tanto a nivel laboral (oito mariñeiros por cada un dos nove barcos) como económico posto que entre eles e demáis socios da Confraría convertiron a nosa lonxa na que máis facturou de toda a Costa da Morte neste último exercicio.
                       

miércoles, 2 de febrero de 2011

Moitos profesionais do Mar quéixanse porque non teñen surtidor de Gasolina no seu Porto

Son varios anos os que levan padecendo unha inxustiza os barcos de Artes menores de pesca que teñen como motor principal para o seu traballo un motor de gasolina. Fai anos en Camariñas, as embarcacións que tiñan que surtir os seus depósitos podían facelo con un surtidor que estaba ubicado á carón do de gas oil, no mesmo porto.Tras unhas obras de reforma e mantemento, dito surtidor nunca máis se voltou a ver.  Entendemos que non é doado para varias ducias  de familias de todo o Concello ter que desprazarse ata a gasolineira máis próxima(nove kilómeros) cos conseguintes perigos que ocasiona transportar dito combustible engadindo a maiores que deben abonar o prezo dun litro igual que o fai un muchimillonario que reposta co seu Ferrari para pasear. Lembremos que a outra parte do sector de Pesca de Baixura (aflota máis grande) e con motores diesel, teñen cuberto o seu prezo con importantes e xustos descontos nos impostos. Nestos momentos e por  poñer un exemplo,  un mariñeiro que adquira un litro no porto de Coruña abona apenas 70 céntimos e un da Costa da Morte bastante máis de 1 euro por litro.