Páginas

domingo, 27 de febrero de 2011

Entroido 2011 no Concello de Camariñas



Cartel Entroido 2011 do Concello de Camariñas
Chega o Entroido e un ano máis todos os concellos da Costa da Morte están ultimando as inscripcións dos que desexen pasar unha tarde amena e participar nos diferentes concursos. No Concello de Camariñas o prato forte será no pavillón de deportes municipal o Martes día 8 a partires das 5 da tarde con un Concurso de Disfraces para comparsas, xuvenil e adulto individual e infantil.Se queres saber as diferentes axendas programadas nas principais parroquias do noso Concello pincha máis abaixo.Todo aquel que queira inscribirse pode facelo na Biblioteca municipal ou ben no teléfono 981737234 ata o día 7 de Marzo.





Sábado 5 Marzo;  No pavillón da Ponte do Porto dende as 17 ata as 20 horas. Haberá música, inchables, filloas, orellas e rosquillas de chocolate.Organizan ANPA da Ponte do Porto e o Concello de Camariñas.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Domingo 6 Marzo; Baixo carpa en Xaviña dende as 16 ata as 21 horas. Haberá concurso de disfraces, animación musical, obradoiro, orellas e o sorteo dun porquiño. Organizan Asociación Abrindo Rejo e o Concello de Camariñas.
Camelle; de 17 a 20 horas. Haberá disfraces, inchables, animación musical, chocolatada e comida entroido.Organizan Fundación Man de Camelle e o Concello de Camariñas.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Martes 8 de Marzo; A partires das 17 horas , gran concurso de disfraces Entroido en Camariñas . Actuación do dúo musical San Latino. Premios para a comparsa gañadora de 300 euros,segunda 180 e terceira 120. En individual o primeiro premio 100 euros, segundo 80 e terceiro 50. En premios Infantil darán agasallos e sorpresas.


1 comentario:

  1. mikel,non te podes imaginar o ben que o pasei un ano disfrasado con teu irman juan.canseime de reir.
    nadie nos conosio.teu irman escribio dun papel o que queriamos beber,asi cando ibamos un bar non tiñamos nin que falar.e si nos viras nin ti nos conosiasjajaja.que tiempos....

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo