Páginas

martes, 8 de febrero de 2011

A flota pesqueira en Camariñas permanecerá amarrada a porto toda a semana por alerta de Temporal

Si de algo podemos concluir que foi positivo internet no relacionado co mar é a eficacia ca que podemos predecir o mal tempo en diferentes partes meteorolóxicos que día tras día demostran que nos podemos fiar deles con un porcentaxe superior ao 90 por cen.Todos eses datos fan posible que o mar non sorprenda as artes que depositan nos fondos dos mares os osados mariñeiros da nosa costa a que non se perdan tantos aparellos de pesca como antes e que se eviten moitos golpes de mar na proa,popa,a estribor,babor ou onde cadre e poñan en peligro a seguridade abordo dos tripulantes.Esta semana toda, os ventos serán de Sur moderados con rachas fortes e salvo unha pequena trégua o próximo Venres,as olas poden chegar a alcanzar os 6 metros de altura segundo se acerce a fin de semana.Salvo algunha excepción dos máis arriesgados,esta semana acabará mal e a que entra comezará peor si a borrasca que se está reforzando en Madeira non se afasta e parece que non vai ser así.Polo tanto,pescadores profesionais e aficionados que se dispoñan a usar as súas canas.          !Moitísima Precaución!



Aínda un recorda cando comezaba esto da internet a coller forza pola nosa vila ver como grandes patrós de pesca se acercaban e preguntaban cal era esa páxina que daba con tanta eficacia a forza do mar,do vento,a auga que caería,temperatura,etc...os nomes non saían,uns gugurú,outros wiwuru e así ata coller forma e definir ben o seu nome.Normalmente as Confrarías avisan de fenómenos metereolóxicos adversos pero para nós darlle unha ollada a outros medios,neste caso unha páxina inglesa,fixeron que
asesorarse nunha materia tan complicada como é o estado da Mar, tivéramos e téñamos moitísima información para non ser tan sorprendidos como antes e evitar moitos quebradeiros de cabeza e perdas que ocasionan a virulencia do noso mar nas diferentes artes de pesca que se emplean para coller tan preciados productos do mar e por suposto e o máis importante,os naufraxios.Estos partes teñen modernas boias a partires das 20 millas de distancia da costa e sinalan a tempo real a altura que están e van alcanzar as ondas.Nin Pelmán nin Ramón,todo a un toke de ratón.Gracias a Luis de Ricardo,gran surfista aficcionado que foi un dos pioneiros en descubrir aos mariñeiros as súas claves.Como é natural,un bo surfista ten que saber que olas vai haber para practicar tan adrenalítico deporte,planchar e planear cos tombos.

3 comentarios:

  1. Lo positivo de todo,es que en el faro Villano las vistas son impresionantes.




























    v

    ResponderEliminar
  2. BUENO SERTO O GRAN TEMPORAL EMPESA MAÑAN MIMA BUENO O MEU SENTIDO PESAME AFAMILIA DE MARUJA DE NITO D ,E,P SEFA E OS PEDROS

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo