Páginas

jueves, 17 de febrero de 2011

O Xulgado de Corcubión recoñece como fillo lexítimo de Crisanto a Enrique Caamaño

Fai case 4 anos que o coñecido empresario madereiro de Cee "Crisanto López" falecía e detrás quedaba un culebrón sobre as herencias a repartir.As beneficiarias legais eran a súa esposa e tres fillas(Carmen,Avelina e Rosa) pero un tamén coñecido taxista de Cee reclamou a herencia súa alegando que era fillo de Crisanto nunha relación extramatrimonial que tivera o empresario.A partires dese momento e despois de que as súas fillas non quixeran recoñecer dita versión do taxista de 52 anos,este botouse en mans do avogado Antonio Platas.O primeiro paso foi extraer unha proba de ADN ao cadáver pero resulta que xa non se atopaba no seu nicho e foi imposible.O párroco de Vilar de Toba non atopa explicación ao acontecido e ante a imposibilidade de atopar de momento a Crisanto,unha das súas fillas sometíuse as probas e o Xulgado de Instrucción número 1 de Corcubión no día de onte confirmou que Enrique Caamaño Vidal é fillo do madereiro.Agora falta saber onde se atopa o cadáver.A Garda Civil en colaboración ca Policía Científica seguen investigando.Mentres tanto o cadáver non descansa en paz.

1 comentario:

  1. k bonita historia,,non sei donde as sacar irman,,o k si sei e k fas mocas,,,eres solo e o carallo,,jeje

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo