Páginas

martes, 15 de febrero de 2011

Operarios do Concello de Camariñas traballan para contrarrestar as inundacións da Rotonda



Si fai uns días publicábamos que a Rotonda tiña deficiencias que provocaban serias inundacións,no de día de onte e hoxe varios operarios do noso Concello afanábanse en contrarrestar ditas deficiencias.Aprobeitando a pequena trégua que nos está dando a gran borrasca que está azoutando á Costa Galega(estamos en alerta vermella),os obreiros están abrindo unhas novas cañerías ao par das que xa estaban e pouco a pouco e sobre a marcha atopar a solución definitiva das nefastas e perigosas inundacións...







Non caben dúbidas de que as intencións do Concello por intentar solventar dita deficiencia na rotonda son boas.Varios homes comandados polo xefe de obras,están agarrados as súas ferramentas sin parar levantando os adoquíns por onde van canalizar máis saída de auga ao mar.Posiblemente a solución unha vez rematada a faena non estea solucionada.O desague que desemboca cara o mar está moi baixo e cando as mareas son altas non deixa respiro,máis ben ainda sube a auga salada por dirección contraria,pero eso si,todo ten solución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo