Páginas

jueves, 3 de febrero de 2011

Paro case total nos Barcos do Cerco de Camariñas

               
Segundo palabras dos mesmos mariñeiros, case a totalidade dos barcos de cerco de Camariñas estarán o mes de Febreiro e parte do mes de Marzo no paro (á excepción de dous). Pasado este tempo, algúns dos nosos redeiros  poderían plantexarse ir en busca de xarda aos caladoiros do País Vasco. Sen dúbidas sería a primeira experiencia para varios ou case todos os mariñeiros que que fagan o peteche si deciden poñer rumbo ao verdel no cantábrico, todo iso no hipotético caso de que non houbera peixe na súa costa porque hai que lembrar que cando chega a cabala á Costa da Morte xa está esgotado o cupo (o peixe migra de norte a sur). Mentres tanto, as tripulacións dos barcos están preparando as súas redes a todo detalle como podemos ver na foto (Manuel de Lin e parte da tripulación) para despois levar os barcos aos carros de varado e facer limpezas e mantemento de pintura, máquinas e os cableados un por un, unha vez comecen a faenar debe estar todo perfectamente revisado porque non é por dicir, os  patróns que se afanan dia tras dia en intentar lanzarse ao Océano para traer unhas caixas de peixe para a lonxa son os que máis invirten nos seus barcos de toda a Costa da Morte. A flota composta polo cerco é moi importante tanto a nivel laboral (oito mariñeiros por cada un dos nove barcos) como económico posto que entre eles e demáis socios da Confraría convertiron a nosa lonxa na que máis facturou de toda a Costa da Morte neste último exercicio.
                       







1 comentario:

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo