Páginas

miércoles, 2 de febrero de 2011

Moitos profesionais do Mar quéixanse porque non teñen surtidor de Gasolina no seu Porto

Son varios anos os que levan padecendo unha inxustiza os barcos de Artes menores de pesca que teñen como motor principal para o seu traballo un motor de gasolina. Fai anos en Camariñas, as embarcacións que tiñan que surtir os seus depósitos podían facelo con un surtidor que estaba ubicado á carón do de gas oil, no mesmo porto.Tras unhas obras de reforma e mantemento, dito surtidor nunca máis se voltou a ver.  Entendemos que non é doado para varias ducias  de familias de todo o Concello ter que desprazarse ata a gasolineira máis próxima(nove kilómeros) cos conseguintes perigos que ocasiona transportar dito combustible engadindo a maiores que deben abonar o prezo dun litro igual que o fai un muchimillonario que reposta co seu Ferrari para pasear. Lembremos que a outra parte do sector de Pesca de Baixura (aflota máis grande) e con motores diesel, teñen cuberto o seu prezo con importantes e xustos descontos nos impostos. Nestos momentos e por  poñer un exemplo,  un mariñeiro que adquira un litro no porto de Coruña abona apenas 70 céntimos e un da Costa da Morte bastante máis de 1 euro por litro.




Parte da grande flota de baixura de Camariñas
Entendemos que os traballadores do Mar necesitan urxentemente un surtidor e eso faise latente dia tras dia tendo que desprazarse ata a Ponte do Porto coas complicacións, perigos e ata case prohibidas maneiras de buscarse a vida para conseguir o combustible para traballar. Xa de por si un sector duramente golpeado pola crise, engadir que desta forma os gastos de consumo do seu motor dispáranse en cantidades moi importantes ao longo de todo un ano...cada día unha destas pequenas embarcacións consume máis de 20 litros de media. A subvención para ditos motores profesionais está ahí, agora falta o máis importante e fundamental, o surtidor no porto onde traballan. Somos conscientes das dificultades burocráticas que todo esto acarrea pero querendo e comprendendo esta realidade, é todo máis doado do que parece. Ademáis, un Porto ca importancia e infraestructuras que posúe Camariñas non pode estar sen suministro de Gasolina para os barcos de Pesca de Baixura, un dos sectores máis importantes da pesca no Concello de Camariñas. Naseiros de pequena embergadura, mariscadores, percebeiros e trasmalleiros que entre todos superan de longo as 100 familias...Segundo fontes moi fiables, Corme pode ser o primeiro en acadar este servizo e así os pobos pesqueiros do norte da Costa da Morte quedaría abastecidos. Camariñas sería o lugar idóneo para abastecer a parte do corazón da costa e por Corcubión ou Fisterra podería estar completada así esta demanda dos profesionais de baixura. Cuestión de lóxica, necesidade e prioridade.

2 comentarios:

  1. moi boa noticia irman,,,é unha das cousasmais necesarias para camariñas,,un saudo e a seguir asi

    ResponderEliminar
  2. A VERDA E QUE NOS FASIA BOA FALTA UN SURTIDOR DE JASOLINA SI

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo