Páginas

sábado, 5 de febrero de 2011

Satisfación total dos Pulpeiros na nova Lonxa

Esta semana pasada e despois de moitos anos,a Lonxa de Camariñas subastou o cefalópodo da nosa Costa con unha gran satisfación en canto a prezos por parte dos mariñeiros que se adican a esta arte.O Pulpo auténtico de Camariñas alcanzaou prezos que subiron dos 6 euros kilo nos exemplares máis grandes.De tempo atrás as persoas que se relacionan no mundo do mar levaban gritando ao ceo que o noso producto estaba un pouco discrimado.Poidemos leer neste tempo en diferentes medios que o pulpo marroquí é mellor que o noso.Pero bueno,aquí non se trata de decir cal é mellor senón que por fin estamos ante unha subasta e si vai barato,que sexa alí,diante de todos os que queiran elaborar o noso preciado e famoso pulpo.
Un dato a ter en conta na primeira subasta en moitos anos foi a gran e importante presenza de moi populares compradores de outros productos do mar como son Pedreira,Mouzo Mar,Víctor ,etc e que oxalá todos colaboremos a levar alí o noso producto e os compradores se vaian animando e vaian crecendo e así ser máis competitivos en canto a prezos,un factor moi importante e indispensable para os barcos que faenan ano trás ano coa arte das nasas.Unha frota extensa e fundamental de baixura.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo