Páginas

jueves, 24 de febrero de 2011

Un espazo curioso e saudable instalado nas inmediacións da Area da Vila

Fai poucos días era instalado no paseo marítimo da Area da Vila un peculiar espazo concebido especialmente para a saúde.Segundo se pode ver no cartel está recomendado para problemas articulares, musculares ou simplemente para estar en forma.Hai unhas sinxelas instruccións de como facer correctamente os exercicios como son a fase de quencemento e remate dos mesmos.O mini parque está composto por 5 aparellos que incorporan pedais, cadeiras e discos xiratorios.Cada día son máis as persoas maiores as que proban e repiten unha forma curiosa de exercitar corpo e mente e no peor dos casos mellorar as súas dolencias.Non caben dúbidas que os longos paseos que a xente fai polo paseo da Vila serán cada día máis sanos.


Todo aquel que queira usar estes aparellos recoméndase que antes se asesoren con un especialista para que según a dolencia que padeza non ocasione un empeoramento mediante a práctica mal feita.De todas formas, o letreiro explica moi detalladamente os exercicios para cada parte do corpo.








                       Si xa decía un experto na mediciña que gastar en saúde era invertir no corpo
          
 Agora só falta que se respete este espazo e o bandalismo non o estropee, confiemos en que non.

1 comentario:

  1. chicas e chicos,hai que animarse,asi mataremos dous paxaros dun tiro,estaremos mais sanos e mais en forma.ahora que ven o vran hai que lusir tipazo.
    quen nos veria faser deporte a todos xuntiños jajajajaja.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo