Páginas

jueves, 31 de marzo de 2011

Qué foi do matrimonio alemán formado por Anna Maria e Jurgen?

 
Lugar por onde tiraron o coche
Nos acantilados que lindan co monte da Pedrosa, preto de Reira, un matrimonio alemán que supostamente viña de vacacións a Camariñas, no vran do ano 1987, provocaba unha historia rocambolesca sen precedentes na Costa da Morte que no día de hoxe daría a volta ao mundo. A doctora Anna María desaparecía nun suposto accidente de tráfico na nosa vila e un ano máis tarde, aparecía viva xunto á súa tumba, na pequena cidade de Vilseck. Foron detidos ela e o seu marido  por intento de estafa ás catro aseguradoras das que dispoñían. Un auténtico guión de película... 

miércoles, 30 de marzo de 2011

Un par de cachorros de lobo foron avistados á altura das Carballas


Alto das Carballas
Esta mesma semana, un veciño de Camariñas que viaxaba cara a cidade da Coruña sobre as 4 da madrugada, pudo ver como dous cachorros de lobo cruzaban pola zona do alto das Carballas, á saída do pobo. Pedro, o marido de Sefa, sorprendeuse cando se atopou preto do seu coche con estes animais que pudo identificar perfectamente. Fai poucos días tamén foi visto pola zona do Pión e Tilleiro (Buría) outro canino pero neste caso adulto e que posiblemente foi o mesmo que atacou a un par de burras de Alvito Diéguez (detrás do cementerio municipal). Está claro que esta especie animal cada vez adéntrase máis no urbano, uns din que pola fame, outros engaden que a época de celo dura dende Xaneiro ata Marzo. Os expertos din que non atacan ao home, de momento acertan, non causaron danos en persoas pero na última presenza que fixeron, atacaron unha burra preñada e varias galiñas dun corral á plena luz do día.

lunes, 28 de marzo de 2011

O polbo segue conservando os bos prezos na Lonxa de Camariñas


Polbo capturado na nasa
Como cambian as cousas dun mes para outro. Si fai escasas semanas o noso cefalópodo era ninguneado en canto a prezos e calidade (disque), agora e despois de que a Confraría  decidira mover ficha e vender o polbo  na nova lonxa, os prezos seguen demostrando que o auténtico pulpo de Camariñas debe e pode recuperar o lugar que lle corresponde . Os exemplares de 1 kilo páganse a algo máis de 5 euros  e os máis grandes (máis de 3 kilos), sobrepasan os 7 euros (máis IVA). Sen ningunha dúbida, as escasas capturas son correspondidas coa boa media de prezo acadado e iso fai rentable ás xornadas dos naseiros. Posiblemente e como ven sendo habitual nestes últimos anos, no mes de Maio aplicarase unha veda de 2 meses...Nesas datas o polbo desova ás crías e os seus tentáculos están máis ocos. Dita veda é necesaria para seguir conservando un dos recursos primordiais para o sustento da flota pesqueira na Costa da Morte.

domingo, 27 de marzo de 2011

A unidade móbil da ITV estará proximamente en Camariñas

Que nadie se asuste si confunde esta entrada con unha posible ubicación da misteriosa ITV na Costa da Morte e cre que vai vir para Camariñas, nin en épocas electorais sería creíble unha instalación deste tipo, incluso os situados estratéxicamente máis céntricos van ter dabondo. Ao que vamos...Este próximo día 8 de Abril, a unidade móbil para vehículos lixeiros da empresa de Supervisión e Control , pasará por Camariñas e todo aquel que queira pasar a revisión do seu ciclomotor, quad e demáis motocicletas,  pode ir sin cita e asomarse polo Pavillón Municipal de Deportes a partires das 9 da mañán e ata as 13,30. Este tipo de revisións, son obligatorias dende principos do 2009. A verdade sea dita, estes servizos por diferentes puntos da costa, son  necesarios e de agradecer. Non estaría mal que viñera de cando en vez por aquí (por Camariñas) a unidade móbil de coches.

jueves, 24 de marzo de 2011

O barco de Camariñas "Gaviota" despídese do noso Porto




O Gaviota ten 15,2 metros de eslora
O barco de cerco camariñán  o "Gaviota", abandonaba hoxe os cabos do seu morto (amarradeiro). Cando un ve marchar un barco que estivo tantos anos entre nós (25), a verdade sea dita a mágoa percorre as retinas. Cantos mariñeiros neste tempo ahí embarcados, cantos recordos, cantas batallas co mar leva nos catres. Para casi todos os mariñeiros, o mellor barco que construiron no asteleiro da Ponte do Porto. Comezou a loitar cos golpes de mar no ano 1986 comandado en compañía polos irmáns Evaristo e Manolo (exemplo de compañía). Nos seus inicios pescaba con artes menores especialmente ca nasa do polbo e foi modificándose ata convertirse en todo un redeiro. O seu novo rumbo xira cara Portosín e posiblemente a non ser que veña por estes mares a pescar ou de arribada, non poderemos ver máis a estampa da portada. En galego oficial Gueivota, Gaivota máis cara Norte, Gaviota en castelán  e  "O Javiota" eternamente  en Camariñas... que teñas sempre bos ventos.

miércoles, 23 de marzo de 2011

O actual adestrador do Camariñas F.C "Manolín", amosará o seu talento tamén na rede




cousasdemanolin.blogspot.com
Esta fin de semana pasada, o diario dixital da Costa da Morte "Quepasanacosta" anunciaba   unha nova de interese social para os que queiran compartir a experiencia, sabiduría e talento dun home que se podería catalogar como un dos Cid da Costa da Morte. Manolín, actual adestrador do Camariñas Fútbol Club, preséntase na rede con un blog repleto de expertas e sabias palabras. Sabíamos da súa faceta como gran adestrador, sen dúbidas dos mellores que sacou a Costa da Morte pero non imaxinaba un que tivera o mesmo talento ca poesía...defínese como romántico, sociable, comunicativo e a pesares de amar a súa morada en Cee, califícase como un nómada do destino. Noraboa polo blog e unha aperta dende Camariñas "Maestro". Co seu permiso quedámonos de entrada con estas palabras plasmadas no seu  blog; Siempre queda algo por decir......siempre queda algo por soñar......siempre queda algo por borrar...

martes, 22 de marzo de 2011

O porto de Camariñas necesita surtidores de combustible sobre todo de Gasolina



Parte da flota profesional con motores a gasolina
 Hoxe a Voz de Galicia publicaba que o porto de Corme terá próximamente un surtidor de gasolina (merecido e necesario para os profesionais do mar) e iso irritaba a unha veintena de armadores de Camariñas polo simple feito que eles (nós) tamén víamos necesario esas instalacións no noso porto. O tema a debate era que unha vez den comezo as grandes obras que se van facer no peirao novo, poderíase aproveitar antes do recheo para colocar os tanques e  os custes serían menores... que somos moitos, quizáis o porto que máis empleamos dito combustible e o máis preocupante segundo palabras dun armador retirado que colaborou neste detalle, que os tanques de gas-oil están picados fai máis de 20 anos e sofren perdas de gas que malamente o traballador do surtidor ten que dispersar na auga do mar. De todas maneiras, o curioso é que os principais clientes que vai ter Corme (que conste que non temos nada contra o noso porto veciño) serán de Arou, Sta Mariña e Camelle...os tres pobos pertencentes ao Concello de Camariñas. Oxalá nós poidamos ter algún día tamén o noso surtidor (incluso compartido con Muxía) e así evitar os prezos desorbitados que pagamos neste recuncho da Costa da Morte pola gasolina para traballar.


lunes, 21 de marzo de 2011

Bo tempo en terra e no mar no primeiro día da Primaveira



 O Río Grande ao seu paso por Dor (Camariñas)
Aínda que un non seguira o calendario e non soubera en qué día nos atopamos, está claro que xa a natureza lle indicaría que entramos na Primaveira. Hoxe,  o primeiro día desta estación, entrou na Costa da Morte con bo tempo en terra e no mar. Este 21 de Marzo, por todos é sabido que o día ten as mesmas horas que a noite e cada xornada que pase, o día crecerá 3 minutos máis. Os expertos predicen que esta estación estará moi cargada de pólen e influirá unha vez máis nos alérxicos a este polvo  imprescindible para que as plantas florezan en calqueira rincón.


domingo, 20 de marzo de 2011

A "Superlúa" deixa varadas ás embarcacións na dársena de Camariñas

Sempre que hai Lúa chea, as mareas acostuman a ser vivas pero rara vez (cada 18 anos) se pode observar tan preto da terra a este satélite como no día de onte. A súa influencia nas pleamares e baixamares son evidentes pero son varios astrónomos os que aplican esta mesma teoría aos fenómenos acontecidos en Indonesia ou Xapón. Curiosamente en Xaneiro do 2005, a Superluna (con fase nova) coincidía co Terremoto e Tsunami que arrasaban Indonesia e desta vez (con fase chea) co Terremoto e Tsunami no Xapón. Aplican nesta teoría que o comportamento da Lúa pode influir na gravitación electromagnética do Planeta Terra no referente á climatoloxía e desastres. Na práctica e no día de onte, un lembra aquela fermosa serie "Mareas Vivas en Portozás".


jueves, 17 de marzo de 2011

Naufraxio dunha embarcación de Camelle afortunadamente sen víctimas



Foto: Estado no que quedou a embarcación
Última hora: Estaba faenando este redactor cando se escoitaba por emisora mariña (VHF) que unha lancha con porto base en Camelle volcaba esta mesma mañá a raíz dun golpe de mar nos perigosos baixos próximos a Ataín, entre Camelle e Traba de Laxe. Afortunadamente o único tripulante que ía abordo conseguía chegar á costa a nado. A lancha quedou inservible  ao ser golpeada contra as rochas pola forza do mar. Pasado o mediodía e con pleamar, a embarcación era rescatada e remolcada ao porto camellán pola lancha de salvamento Salvamar Altair con porto base en Camariñas.

miércoles, 16 de marzo de 2011

O cableado da toma de luz nun edificio da Rúa Alcalde Nogueira Patiño terá que ir baixo terra

Fai poucos días, operarios da empresa de montaxes eléctricos Edosa, intentaban sen éxito poñer o enganche nun edificio de apartamentos situado na zona do barrio do Campo á entrada do novo Peirao. Un dos veciños queixábase de que a súa casa non tiña por qué facer de poste, que xa tiña bastantes cables na súa fachada. Hoxe, operarios da mesma empresa, están facendo unha longa zanja dende o edificio en cuestión ata o poste no cal se van enganchar as tomas de corrente eléctrica. En parte, o veciño afectado apelaba entre outras razóns, que os furados onde van as bridas ás veces nin se tapan e iso ocasiona humedade que se filtra polas paredes aparte do antiestético que quedan as marañas de cables e razón non lle falta. Evidentemente tamén serán máis seguros baixo terra. 


lunes, 14 de marzo de 2011

A instalación dunha ITV na nosa Bisbarra destapa a pouca unión que segue existindo na Costa da Morte

Históricamente, os concellos da Costa da Morte sempre estiveron afastados do ritmo no desenrolo que levaron outras áreas de Galicia. Facer forza e unión eran necesarias para que un municipio non tirara para Norte, outro para Sur e andar a escasas voces cada cuál pola súa conta. Un 9 de Marzo do 1992 fundábase a Asociación NERIA ante a iniciativa dun grupo de alcaldes que chegaron a agrupar  17 concellos entre eles; Camariñas, Cee, Corcubión, Fisterra, Malpica, Laxe, Dumbría, Corme, Carnota, Muxía, Zas, etc. A súa función era convertirse no motor de iniciativas culturais, sociais, turísticas e económicas de toda a nosa zona pola xeografía adiante. O Concello de Zas e ante a necesidade dunha ITV (inspección técnica de vehículos) na nosa Bisbarra,  iniciaba os trámites necesarios en Setembro do 2010 coa empresa de Supervisión e Control para que no polígono do Allo do mesmo municipio se instalase dita planta. Cos terreos xa cedidos á empresa e co permiso correspondente do concello de Zas, o presidente de Neria e alcalde de Cee, Ramón Vigo, ocurríuselle facer ironía pedindo a ITV para o seu municipio. Esta mesma semana a xóven candidata polas filas Populares da vila da Xunqueira facía o mesmo formándose unha división  na zona que o único que fai é demostrar que ante as necesidades dunha Bisbarra, priman antes os intereses persoais e políticos.


sábado, 12 de marzo de 2011

¿Qué foi da ruta do Noitebús neste recuncho galego?

Como son as cousas neste país, mentres unhas comunidades disfrutan de TAV (tren de alta velocidade), os máis exigentes AVE e as mellores autoestradas, aquí neste recuncho de Galicia por ter ter, nin temos marquesinas para un simple Bús, ou tan siquera paradas acondicionadas para subir e baixar os usuarios. No 2005 e ante a lacra de accidentes matizando especialmente entre os máis xóvenes, o Goberno Autonómico de Galicia, cofinanciaba unhas 260 rutas pola noite aos lugares de máis marcha de Galicia para evitar que miles de conductores non tentaran coa perigosa mezcla "movida nocturna + alcohol" ao volante e contrarrestar así as mortes e graves lesións provocadas polos accidentes de tráfico. Calquera xóven que quixera facer uso deste servizo tan só pagaba 2 euros. Aquí en Camariñas directo, unha enquisa decantouse con un 90 por cento a favor de que esas rutas de Noitebús se conservaran, lamentablemente na vila dos encaixes entre outros concellos, desapareceron o 31 de Decembro deste pasado ano 2010.

viernes, 11 de marzo de 2011

O CEMENT_ RI_ MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Menos mal que o Río Eo non anda preto de Camariñas senón calqueira podería pensar que as letras que faltan á entrada do novo cementerio municipal da nosa vila foron parar a outro letreiro. É sabido que o aceiro é eterno, que é caro, pero a verdade sexa dita, algún ou algunha enamórase de calquera cousa, ata dunhas simples letras que a fin de contas son de todos.                                                                                


lunes, 7 de marzo de 2011

Pouco máis de dous meses do que vai de ano e os barcos do Cerco xa teñen prohibido provisionalmente pescar Xarda



                                                                
Siro segundo, un dos mellores redeiros da costa
Si o sector da pesca é complicado xa en por sí, nestes momentos os barcos do cerco están pasando por un recorte considerado polo sector inxusto nas capturas de xarda . No mes de Febreiro, a flota camariñana estivo case totalmente no paro e dous barcos emprenderon ruta hacia ás costas vascas en busca da cabala fai pouco máis de 15 días. Unha vez alí e a escasos días de comezar a faena, recibiron o aviso de que a metade do cupo anual da xarda estaba esgotado tendo que regresar para o seu porto. Xaneiro practicamente amarrados polo mal tempo, Febreiro no paro, uns poucos días de Marzo e o tope anual xa vai medio vencido. Os barcos de arrastre comparten o mesmo tope que os cerqueiros, da igual que os arrastreiros pesquen o dobre ou a metade, que faenen máis ou menos días, pero dende o sector do cerco, consideran inxusto o aparexamento de dúas flotas totalmente diferentes no mesmo cupo.

domingo, 6 de marzo de 2011

Daniel Rego González é tamén brevemente entrevistado sobre o PXOM




Daniel Rego González
Fai escasos días e ante a importancia dun tema que atañe aos veciños da vila dos encaixes como é o PXOM, primeiro preguntábamos ao señor alcalde de Camariñas sobre certos aspectos en cuestión e eran atendidas e respostadas todas as nosas dúbidas. Desta vez, o máximo representante polas filas Populares do noso Concello, o señor Daniel Rego González, tamén atendíu cordialmente e á enteira disposición desta redacción, o cal tamén se agradece, unha breve batería de cuestións sobre algo tan importante como é o Plan Xeral de Ordenación Municipal. ¿ Por qué a falta de acordo ante algo tan importante para o desenrolo e ordenación dun Concello?. Estas foron as  respostas do xefe da oposición... 

sábado, 5 de marzo de 2011

Tocoulle o turno ao segundo barco abandoado nos pantaláns do Náutico


Si fai uns días o barco Plus One era subido a carro despois do seu abandono, desta vez tocáballe o turno ao Lady Gina tamén no mesmo estado e do mesmo propietario. Ao igual que o anterior iate, os mexilóns invadían a obra viva da quilla. Curiosamente entre os mexilón, criábanse e crecían varias das  tan preciadas ostras galegas. Este barco de 14 metros de eslora atópase en perfectas condicións por dentro, dous cuartos de baño, cociña e habitacións. O casco está construído en ferro galvanizado e coa limpeza e amañamento necesarios, quedaría en impecables condicións para a navegación. Tan só a madeira da obra morta e da ponte terían que ser reformadas e os seus dous motores rectificados e postos a punto.

jueves, 3 de marzo de 2011

Unha breve entrevista ao Alcalde de Camariñas sobre o PXOM


D.Manuel Valeriano Alonso de León-Pichurri
Si existen tarefas complicadas e necesarias para calquer rexidor de calquer concello, o PXOM  seguramente é unha delas. En varias ocasións escoitouse e púdose ler nos principais medios informativos galegos que, Camariñas entre outras poucas vilas, eran un claro exemplo de feísmo. Son poucos os alcaldes que queiran sacar do caixón o Plan para Ordear o terreo dun Concello porque entre outras cousas poden perder o bastión, o que sí está claro é que o alcalde Manuel Valeriano Alonso de León, máis coñecido como Pichurri, recibíu no seu despacho moi cordialmente e con un trato familiar a esta redacción e aclarou punto por punto o que se lle preguntou, principalmente si un Concello é mellor que teña  Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) ou non. << Miguel, sabes que eu nas miñas profesións  sempre traballei e vin ao Concello tamén a traballar >>


miércoles, 2 de marzo de 2011

Reportaxe: "Unha travesía rumbo á Punta do Costado"


Poucos lugares hai no mundo  tan devotos a cultos paganos coas Pedras, co Sol, co Mar e cheos de Lendas dende épocas primitivas como a Costa da Morte. Historias que alimentaron as raíces de xeración en xeración e que derramaron toneladas de tinta e papel en multitude de artigos. Navegar tan só unha milla e observar tanta cultura, en poucos lugares como na Ría de Camariñas...