Páginas

lunes, 14 de marzo de 2011

A instalación dunha ITV na nosa Bisbarra destapa a pouca unión que segue existindo na Costa da Morte

Históricamente, os concellos da Costa da Morte sempre estiveron afastados do ritmo no desenrolo que levaron outras áreas de Galicia. Facer forza e unión eran necesarias para que un municipio non tirara para Norte, outro para Sur e andar a escasas voces cada cuál pola súa conta. Un 9 de Marzo do 1992 fundábase a Asociación NERIA ante a iniciativa dun grupo de alcaldes que chegaron a agrupar  17 concellos entre eles; Camariñas, Cee, Corcubión, Fisterra, Malpica, Laxe, Dumbría, Corme, Carnota, Muxía, Zas, etc. A súa función era convertirse no motor de iniciativas culturais, sociais, turísticas e económicas de toda a nosa zona pola xeografía adiante. O Concello de Zas e ante a necesidade dunha ITV (inspección técnica de vehículos) na nosa Bisbarra,  iniciaba os trámites necesarios en Setembro do 2010 coa empresa de Supervisión e Control para que no polígono do Allo do mesmo municipio se instalase dita planta. Cos terreos xa cedidos á empresa e co permiso correspondente do concello de Zas, o presidente de Neria e alcalde de Cee, Ramón Vigo, ocurríuselle facer ironía pedindo a ITV para o seu municipio. Esta mesma semana a xóven candidata polas filas Populares da vila da Xunqueira facía o mesmo formándose unha división  na zona que o único que fai é demostrar que ante as necesidades dunha Bisbarra, priman antes os intereses persoais e políticos.




Dende Camariñas da prácticamente  igual desprazarse a Zas que a Cee pero todo esto retrasa unhas instalacións que xa podían estar rematadas. Manuel Muíño, alcalde de Zas, outros alcaldes e a Plataforma de desenvolvemento da Costa da Morte (agrupa unha veintena de entidades) que curiosamente coordinan Neria e a Fecom, ven gato encerrado e non é para menos.
Son moitos días os que levan loitando dende a Plataforma para poder entrevistarse co director xeral  de Industria Ángel Bernardo. Remitíronlle unha carta ao presidente da Xunta de Galicia,  Alberto Núñez Feijoo co fin de recibir o OK do único trámite de industria que falta e poder comezar xa cos traballos da nave para albergar a ITV . Mentres tanto, ¿qué dí a Xunta de todo esto? Segundo o alcalde zasense e dende a mesma plataforma, non recibironn resposta algunha ao respecto.

Socialmente comeza a percibirse que o alcalde de Cee e presidente de Neria non arrimou o hombro con Zas.Ante unhas eleccións que están na porta, políticamente sería outro gran impulso para Cee, considerada a Capital da Costa da Morte por todos os servizos que presta a todos os municipios da costa; Hacienda, Hospital, Centro Comercial, Bombeiros, etc. Un alcalde debe velar polos intereses do seu municipio pero un presidente dunha Asociación de tal calibre considérase que debería facer o ben común de todos. Agora a ITV sería tamén un bon prato para completar aínda máis se cabe á pequena cidade ceense. Mentres tanto dende Zas e ante o importante volume de coches e concesionarios que aglutinan Baio e lindantes, consideran que non se están valorando as prioridades lóxicas e xeográficas da nosa Bisbarra. Varias pancartas, colgan pedindo o desbloqueo do que consideran unha burla máis das que se solen vivir neste recuncho único e de sempre (aínda que sone mal) aparentemente dividido. O alcalde de Zas moi decepcionado, borrou do mapa de Neria ao seu concello. E un pode preguntarse...¿pero non quedamos en velar polo desenrolo de TODA a Costa da Morte?..co bonito que sería poder ler...
A Costa da Morte unida endexamáis será vencida.
Si xa o decía o monarca cando o Prestige...gallegos "todos a una como fuente ovejuna"

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo