Páginas

miércoles, 16 de marzo de 2011

O cableado da toma de luz nun edificio da Rúa Alcalde Nogueira Patiño terá que ir baixo terra

Fai poucos días, operarios da empresa de montaxes eléctricos Edosa, intentaban sen éxito poñer o enganche nun edificio de apartamentos situado na zona do barrio do Campo á entrada do novo Peirao. Un dos veciños queixábase de que a súa casa non tiña por qué facer de poste, que xa tiña bastantes cables na súa fachada. Hoxe, operarios da mesma empresa, están facendo unha longa zanja dende o edificio en cuestión ata o poste no cal se van enganchar as tomas de corrente eléctrica. En parte, o veciño afectado apelaba entre outras razóns, que os furados onde van as bridas ás veces nin se tapan e iso ocasiona humedade que se filtra polas paredes aparte do antiestético que quedan as marañas de cables e razón non lle falta. Evidentemente tamén serán máis seguros baixo terra. 






Á esquerda do edificio está o barómetro do Serpent




a zanja vai dende o camión ata o poste que se no fondo
Na banda esquerda onde están marcadas as liñas do ancho da zanja nesta foto, existe un desnivel moi pronunciado ao remate da costa e a arqueta de ferro liso , dificulta o firme dos veciños que pasan a diario por esa zona. É moi frecuente que as persoas patinen en días de choiva e as rodas do coche cando suben a costa igual. Varias persoas de avanzada idade ou algunha minusvalía, prácticamente non usan esta baixada, prefiren bordear o barrio pola Rúa Churruca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo