Páginas

martes, 22 de marzo de 2011

O porto de Camariñas necesita surtidores de combustible sobre todo de Gasolina



Parte da flota profesional con motores a gasolina
 Hoxe a Voz de Galicia publicaba que o porto de Corme terá próximamente un surtidor de gasolina (merecido e necesario para os profesionais do mar) e iso irritaba a unha veintena de armadores de Camariñas polo simple feito que eles (nós) tamén víamos necesario esas instalacións no noso porto. O tema a debate era que unha vez den comezo as grandes obras que se van facer no peirao novo, poderíase aproveitar antes do recheo para colocar os tanques e  os custes serían menores... que somos moitos, quizáis o porto que máis empleamos dito combustible e o máis preocupante segundo palabras dun armador retirado que colaborou neste detalle, que os tanques de gas-oil están picados fai máis de 20 anos e sofren perdas de gas que malamente o traballador do surtidor ten que dispersar na auga do mar. De todas maneiras, o curioso é que os principais clientes que vai ter Corme (que conste que non temos nada contra o noso porto veciño) serán de Arou, Sta Mariña e Camelle...os tres pobos pertencentes ao Concello de Camariñas. Oxalá nós poidamos ter algún día tamén o noso surtidor (incluso compartido con Muxía) e así evitar os prezos desorbitados que pagamos neste recuncho da Costa da Morte pola gasolina para traballar.


Non é a primeira vez que a Garda Civil de Tráfico advirte que transportar este combustible de calqueira maneira non é legal, que é perigoso e sancionable (e razón non lles falta), que no peor dos casos debería vir unha cisterna cada X días. Conseguir gasolina para traballar estase a convertir nun problema máis engadido ás dificultades que acarrea xa a pesca. Estadísticamente, unha embarcación pequena consume unha media de 20 litros diarios e o prezo e tal cual para pasear que para traballar cando realmente non é asi en portos que teñen ditos surtidores onde non pasan dos 70 céntimos litro. Canto cartiño aforraría un pescador ao cabo do ano. Esta é a realidade polo momento, os demáis son contos. Debemos facer algo por mellorar, por intentalo non vai ser. Difícil pero oxalá que NON IMPOSIBLE. Percebeiros,pulpeiros, camaronseiros, mariscadores, trasmalleiros, ouriceiros, centoleiros, etc...moitos os que dependemos dese combustible. De paso felicitar o gran traballo e xestión que de seguro fixeron en Corme... acadar o primeiro servizo destas características na Comarca.


4 comentarios:

  1. En esta vida nada e imposible.
    Hablando entendese a gente.
    A por elo amigos
    Un saludo Miguel.

    ResponderEliminar
  2. o que o sije,a consije.

    ResponderEliminar
  3. Saludos Grancañón...outro saludo pa ti Magia

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo