Páginas

sábado, 12 de marzo de 2011

¿Qué foi da ruta do Noitebús neste recuncho galego?

Como son as cousas neste país, mentres unhas comunidades disfrutan de TAV (tren de alta velocidade), os máis exigentes AVE e as mellores autoestradas, aquí neste recuncho de Galicia por ter ter, nin temos marquesinas para un simple Bús, ou tan siquera paradas acondicionadas para subir e baixar os usuarios. No 2005 e ante a lacra de accidentes matizando especialmente entre os máis xóvenes, o Goberno Autonómico de Galicia, cofinanciaba unhas 260 rutas pola noite aos lugares de máis marcha de Galicia para evitar que miles de conductores non tentaran coa perigosa mezcla "movida nocturna + alcohol" ao volante e contrarrestar así as mortes e graves lesións provocadas polos accidentes de tráfico. Calquera xóven que quixera facer uso deste servizo tan só pagaba 2 euros. Aquí en Camariñas directo, unha enquisa decantouse con un 90 por cento a favor de que esas rutas de Noitebús se conservaran, lamentablemente na vila dos encaixes entre outros concellos, desapareceron o 31 de Decembro deste pasado ano 2010.


Alá polo ano 2005 e mediante unha proposta que levara a cargo o Bipartito da Xunta de Galicia (PSOE + Bloke) para cofinanciar  unha serie de rutas nocturnas por todos os lugares de marcha en Galicia co fin de evitar que a xente xóven se puxera ao volante en plena marcha nocturna e con esas medidas intentar reducir os sinistros aos que normalmente van aparexados "movida nocturna + alcohol", o goberno autonómico actual presidido por Feijoo, deixaba fora estas prioridades o 31 de Decembro deste pasado 2010. As súas razóns foron e segundo as súas palabras, o recorte do 12 por cen nos presupostos designados polo Estado a Galicia. Dende a oposición reprochábanlle que non se escatimaran  3 millóns de euros que custara a visita dunha hora do Papa a Santiago de Compostela e nembargantes todo un ano de autobuses para os máis xóvenes, custaban sobre 4 millóns e medio de euros anuais. Os custes das 260 rutas iniciais chegaban a custar preto de 6 millóns de euros ata ir reducindo a 175 rutas (as máis utilizadas polos usuarios galegos). En Camariñas para ser máis exactos, un bús custaba entre 150 e 200 euros dependendo do traxecto. Na actualidade cando se acercan grandes festas como as de Cee ou Muxía por esemplo, os mesmos romeiros contratan pola súa conta un autobús pero non sempre están dispoñibles. Quizás fose caro soster ditas prestacións pero o que non saíron caras foron as vidas que de seguro o Noitebús axudou a conservar. Renfe recibía 30 millóns de euros por poñer outro exemplo, para que cubrira rutas de moi escaso persoal nos seus trens, pero o que sí está clarísimo é que era moito luxo para nós . Do Noitebús e de momento, nada se sabe, tan só os máis avispados empresarios de Sta Comba que se deixan ver  pola Ponte do Porto.

1 comentario:

  1. gustame o realismo que empleas Miguel e moi ben

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo