Páginas

domingo, 20 de marzo de 2011

A "Superlúa" deixa varadas ás embarcacións na dársena de Camariñas

Sempre que hai Lúa chea, as mareas acostuman a ser vivas pero rara vez (cada 18 anos) se pode observar tan preto da terra a este satélite como no día de onte. A súa influencia nas pleamares e baixamares son evidentes pero son varios astrónomos os que aplican esta mesma teoría aos fenómenos acontecidos en Indonesia ou Xapón. Curiosamente en Xaneiro do 2005, a Superluna (con fase nova) coincidía co Terremoto e Tsunami que arrasaban Indonesia e desta vez (con fase chea) co Terremoto e Tsunami no Xapón. Aplican nesta teoría que o comportamento da Lúa pode influir na gravitación electromagnética do Planeta Terra no referente á climatoloxía e desastres. Na práctica e no día de onte, un lembra aquela fermosa serie "Mareas Vivas en Portozás".




Os expertos da NASA, denominan Superluna cando o seu percorrido pola Órbita está a menos do 10 por cen do Perigeo (punto máis cercano á Terra) . No día de onte a Lúa estaba a pouco máis de 220.000 millas  de distancia da terra. Este mesmo fenómeno con Fase chea, prodúcese máis ou menos cada 18 anos. Días como o de onte o seu tamaño vese un 15 por cento máis grande do habitual e un 30 por cento máis brillante . En galego sería superlúa pero as cousas chamadas polo nome de quen as bautiza.





                      
A Lúa un día antes do fenómeno

2 comentarios:

  1. sije asi mikel con esta sensilles.
    o reportaxe moi ben.as cousas relasionadas co espasio son mui misteriosas,teñen magia jajaja.
    jrasias por entretenerme con o teu blog.

    ResponderEliminar
  2. Mikel sabes que son pouco de opinar pero devo decirche que chapo

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo