Páginas

martes, 26 de abril de 2011

Manifestación en Baio a favor da instalación da ITV na Costa da Morte

A Plataforma polo Desenvolvemento da Costa da Morte, coordinada por Neria e  Fecom, ven de anunciar  que este vindeiro Sábado 30 de Abril a partires das 7 e media da tarde, está prevista unha manifestación en Baio (Zas) en protesta coa actitude que dende a Plataforma consideran que a Xunta de Galicia tivo e está tendo cos habitantes da Costa da Morte ao non querer firmar o único requisito que falta para que dito servizo se poida instalar no Polígono do Allo en Zas no cal o seu concello xa fixo os  deberes correspondentes ca Empresa de Supervisión e Control. Consideran que se está xogando co prestixio e a dignidade dos habitantes deste curruncho galego ao facer caso omiso ás súas peticións ata un extremo que cren antidemocrático << Agotamos todas as vías posibles, non queríamos chegar a esta situación pero non nos quedou máis remedio >>. Máis de 20 entidades apoiaron esta iniciativa e fan un chamamento cidadán onde está previsto  partir do pequeno municipio de Piroga e rematando na Rúa Mestres Platas (no lugar que se celebra a feira de coches Feirauto) no cal  se leerá un manifesto.

lunes, 25 de abril de 2011

Portos reparaba hoxe a barandilla que cedeu e que provocou unha grave caída a dous veciños do Concello de Camariñas

Fotos: Camariñas Directo
Mentres os dous veciños que sufriron unha grave caída este pasado Xoves Santo nas inmediacións do espigón do porto pesqueiro de Camariñas están a recuperarse, o Ruso do susto e leves contusións e o señor Ramón das graves lesións que sufreu nos pulmóns pola auga tragada despois da caída (desexarlle unha pronta e boa recuperación D. Ramón), parece ser que Portos está levando a cabo unha investigación para intentar saber que sucedeu exactamente e esclarecer uns feitos que de seguro ós accidentados e familiares importalles máis ben pouco nestos momentos todo o que non sexa a súa favorable evolución. Hoxe estaban operarios recolocando no seu sitio a citada barandilla e outra máis que tamén estaba rota á altura do cruce que vai cara a antiga lonxa camariñana. Despois de conversar cunha persoa xubilada que frecuenta a diario o lugar dos feitos entre outros mariñeiros, chegamos á conclusión que primordialmente prima  por encima dos supostos culpables, calquera que foran, a "prevención" na cal os profesionais do mar xogamos un papel moi importante...

domingo, 24 de abril de 2011

A maior Mostra de Encaixe despídese por este ano con unha pasarela totalmente abarrotada

Neste Domingo de Pascua, pechaban as portas da maior Mostra de puntillas con un público totalmente volcado no último Desfile de Moda onde se facía entrega dos premios ás mellores coleccións que desfilaron pola pasarela do certame. Ás 5 da tarde, comezaba unha auténtica exhibición de modelos que se foron lucindo durante anos anteriores por consolidados e Grandes Deseñadores. A partires das 7 da tarde, os Noveis deseñadores e finalistas do certame, facían  o seu último pase para posteriormente escoitar por megáfonía e ante a atenta mirada de máis de 400 persoas que abarrotaban a sala, o nome dos gañadores. Un 4º premio onde era o xurado do público quen elexía, ía para Asturias (Xixón), o cronista de El Correo Gallego Jesús Trillo, facía entrega de 601 Euros a Mª del Alba Salas pola colección "Azabache". Un 3º premio dotado tamén de 601 Euros caía en Murcia, Olga Campos como Presidenta da Asociación de Empresarios de Camariñas facía entrega do premio a Mª Ruiz Llorca pola colección "Donde apuntan todas las flechas". Un 2º premio dotado con 1202 Euros ía para Granada, Luis Canosa de Frigoríficos e Conxelados Camariñas, entregaba o  premio correspondente a Isabel Molina Valdés pola súa colección "Un soplo de aire fresco". O 1º Premio levábao  a vizcaína Lourdes Giménez Vilanova coa colección "La máquina del tiempo", o Concello de Camariñas facía entrega deste primer premio de 2104 Euros mediante o alcalde da Capital do Encaixe, D. Manuel Valeriano Alonso de León "Pichurri".

jueves, 21 de abril de 2011

A maior Mostra de Encaixe fai que estes días Camariñas reciba centos de coches provintes dende diferentes puntos de España


Estes días de Semana Santa onde a Mostra do Encaixe xa é un referente para que miles de persoas visiten Camariñas (e diferentes puntos da Costa da Morte), comezaba onte ca inauguración da maior exposición de puntillas, máis de 50 expositores nacionais e internacionais danse cita no recinto situado como sempre na Avenida Eugenio López, nun pavillón deportivo transformado nun auténtico luxo para este evento onde grandes e xóvenes deseñadores farán delicias aos alí congregados  con desfiles de modelos que levan como referente nos seus traxes o famoso encaixe, unhas pasarelas que si queres podes enlazar con tres cámaras que pon á túa disposición o Concello de Camariñas  que se conectarán en directo e poderás ver dende o teu ordenador, unha enfocando ós desfiles e outras dúas ó recinto. Como é habitual, o primeiro día e de tarde (onte), diferentes personalidades do mundo político romperon o lazo da entrada do recinto feiral, a partires dese momento , os coches comezan a deixarse ver por calquer curruncho da vila dos Encaixes por excelencia. Hoxe, segundo día da mostra, centos de coches chegados de diferentes puntos de España e algún que outro de Europa merodeaban os arredores de Camariñas, uns polo Faro Villano, outros polo peirao, e o paseo marítimo a rebosar prácticamente sin un só sitio libre para aparcar, fan presaxiar que mañá Venres e o vindeiro Sábado, Camariñas estará a tope. Si aínda non coñeces o programa completo  ou queres conectarte ca Mostra, pincha abaixo...


sábado, 16 de abril de 2011

Un extraordinario Peregrino fixo a ida do Camiño de Santiago e está agardando a poder facer o Camiño de volta

Imaxe: Cortesía de CafeCoke (Madrid)
Esta mesma semana que remata, un peculiar Peregrino decidía por primeira vez na súa longa vida, facer o famoso Camiño de Santiago. Fai  poucos anos, case o animan a facelo pero dicíanlle que este tipo de Peregrinos como el, tiñan que pedir permiso cando pisaran por algúns terreos, entre outros, que si eran preto da Costa o permiso era indispensable, que se olvidara de pisar aínda que atallara. ¿Cómo? ¿Na miña terra non podo ir eu  pisando sin estropear ningunha prantación? ¿E cómo non von pisar Costa si a miña terra é mariñeira?  - Pois non osado Peregrino, debes facer o mesmo que fan os que son coma ti, ir pola Lei...Está ben, pedirei permiso a quen sexa pero farei a miña peculiar e plural  ruta, cargarei con follas de papel sacadas dos mesmos árbores que me farán sombra durante a miña camiñata, procurarei coller cantas máis follas poida e me permitan e buscarei a maneira que se plasme a firma do Rexistro, cos pes cansos e as mans moradas de aguantar o bordón ca cuncha, fan o mesmo os demáis peregrinos cando entran na Catedral, alí dinlle que son o número non sei canto. Despois reposarei, aínda que sexa ó carón de calqueira mesa ou caixóns, feitas dos mesmos árbores que me fan sombra na miña peregrinaxe e ata que me digan, Misión Cumprida, pode vostede facer o Camiño de Volta, xa quedou no Rexistro o seu número non sei canto, non voltarei a non ser que me tiren a patadas. E así foi como o noso máis extraordinario Peregrino, se armou de valor e comezou a súa extraordianaria peregrinaxe... 


jueves, 14 de abril de 2011

Axudas para desempregados que se den de alta no Réxime de Autónomos


Fonte: Concello de Camariñas
¿Estás no paro e queres levar a cabo a túa idea de montar o teu propio negocio?. Ata o 30 de Setembro deste ano está aberto o prazo da solicitude de axudas para persoas desempregadas que se den de alta no réxime de autónomos. A Xunta de Galicia está a desenvolver o Programa de Promoción de Emprego Autónomo e xa podes asesorarte mediante o Concello de Camariñas na Axencia de Desenvolvemento Local, na Casa de Pedra. Entre algún dos requisitos imprescindibles, primarán que sexas titular ou cotitular do teu negocio ou explotación, que non percibiras axudas ao abeiro deste programa actual nos catro últimos anos á data do inicio do novo negocio, etc. As contían van dende os 5000 Euros para desempregados en xeral, 6000 Euros para mozos de 30 ou menos anos e pasando entre outras cantidades por 7000 Euros si os desempregados que as soliciten son mulleres e ata os 10000 si ditas mulleres teñen algunha discapacidade ou risco de exclusión social. Se queres recibir información máis detallada pide cita na Axencia de Desenvolvemento ben en persoa ou  no teléfono 981737004 e asesórate gratis. Alí informaranche destas e tamén doutro tipo de paquetes de axudas dun 30 por cento  do investimento na renovación e modernización  de Restaurantes e Talleres de automóviles.

miércoles, 13 de abril de 2011

Implicados na Operación Orquestra teñen pendente unha importante deuda coa Administración de Loterías Nº 1 de Camariñas " BOLBORETA "

Jose Luaces na súa Administración
Dende fai semanas, tíñamos un compromiso Jose máis eu, de aclarar algo sumamente importante relacionado en parte co que o  Xuiz de Corcubión en compaña da  Policía, destapaban e saltaba a voces en todos os medios de comunicación. Unha suposta trama bautizada como  Operación Osquestra, vinculaba a políticos, amigos e outros supostos colaboradores co mundo da corrupción,  por primeira vez na historia democrática en varios concellos da Costa da Morte, no medio e lamentablemente, a Administración de Loterías Nº 1 de Camariñas que rexenta Jose Luaces, quedaba colgada cunha importante deuda contraída por un, dous ou quizáis tres, dos nomes que saltaban á palestra en dita suposta trama. Farto de loitar en balde,  de esperar por quen non ven e unha vez exposto ao público a forma de actuar de certas persoas, o xoven e leal empresario camariñán, tamén fixo públicos os seus feitos, sobre todo para que os seus compañeiros de profesión (Loteiros), andiveran con coidado co que califica como negativos persoaxes que enturbian a confianza da grande labor que fan as diferentes Comisións de Festas na nosa Bisbarra. Bastante decepcionado, Jose cre que a xustiza vai lenta, leva case dous anos esperando polo xuizo. Co segredo de sumario xa levantado e con todas as escuitas telefónicas expostas nos medios, o xoven empresario considera que son peores as deudas de ditas persoas a empresas particulares, que o suposto trato de favor no mundillo do politiqueo. Sentado ao carón dunha persoa intelixente, honrado, traballador, emprendedor, leal, claro e moi directo, esto foi o que dou de sí esta particular entrevista dun loteiro que lle adeudan 13.060 Euros en décimos de Lotería máis os intereses da demora...


martes, 12 de abril de 2011

Presentación da Candidatura do Partido Socialista de Camariñas para as vindeiras Eleccións Municipais

A Agrupación Municipal do Partido Socialista de Camariñas, ven de anunciar que todo aquel que queira facer presenza este vindeiro Domingo 17 de Abril na Casa de Pedra do noso Concello a partires das 17.30, está gratamente invitado a presenciar a candidatura que D. Manuel Valeriano Alonso de León, coñecido por todos como Pichurri, volverá a encabezar entre as mulleres e homes que forman o equipo do PSOE camariñán. D. Emilio Pérez Touriño, expresidente da Xunta de Galicia, achegarase a Camariñas e acompañará e apoiará de novo a un actual alcalde que nas anteriores eleccións acadou maioría absoluta e  seguíu conservando o bastión  da man do seu antecesor, o exalcalde tamén socialista D. Bautista Santos, como en poucos lugares da Costa da Morte e de Galicia,  máis de dúas ducias de anos ininterrumpidos de victorias do PSOE. Se queres máis información e actualizada sobre estas e outras cuestións, podes facelo visitando á páxina dos socialistas  http://www.maiscamarinas.com/

domingo, 10 de abril de 2011

O proxecto para a ampliación do Peirao de Camariñas xa vai collendo forma

Exactamente o día 16 deste pasado mes de Marzo, o Presidente de Portos D. Manuel Álvarez Campana, anunciaba na nosa vila o inicio das obras de ampliación do noso peirao. Sole pasar cando se achegan datas electorais, que os políticos asomen a súa cabeza e despois desaparezcan para sempre, e claro, aos habitantes destes recunchos galegos só lles serven feitos, neste caso e como se pode ver nas mesmas instalacións, o señor Campana SÍ cumpríu con parte do  seu compromiso con Camariñas. Unha obra cofinanciada cun 65 por cento polo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) que ampliará unha grande área de servizos e amarres de 150 metros de lonxitude por 41 de ancho. Unha grande obra por valor de máis de 3 millóns de euros e que deberá estar rematada dentro dos próximos 14 meses. Esta sería unha das fases previstas dos 11 millóns de euros que se proxectaron para a vila dos Encaixes con data de finalización no 2014. Chegaron as casetas dos obreiros e xa están listos os moldes para facer bloques de formigón. Unha vez a planta de cemento apunte cara os moldes, os blokes sairán como churros. Con un calado (fondo) de entre 6 e 8 metros, o Porto de Camariñas é e seguirá sendo o máis importante da Costa da Morte.

miércoles, 6 de abril de 2011

O groso da flota do cerco abandonará o paro a partires deste próximo luns

Pincha na foto para ampliar
Este vindeiro luns día 11 de Abril, está previsto que os barcos de cerco do porto camariñán se vaian incorporando á súa faena. Practicamente o groso da flota a excepción de tres barcos levaban algo máis dun  mes no paro. O Argentino, o redeiro que antigamente se chamaba Manuel de Lin estaba hoxe afinando os preparativos para que o luns estea todo arranxado. O Lago dous e o Siro segundo están para sair do carro e teñen prevista a chegada a porto esta fin de semana. O Muro de Fontán seguirá no asteleiro e o 4º Cabo Naval irá este xoves, desta maneira agás estes dous últimos redeiros, a flota ao completo estará lista para comezar a traballar. Manuel e Carlos de Lin, patróns do Río Bao un e Lago dous respectivamente, quizáis tarden uns poucos días máis. !! Que haxa boa campaña compañeiros !!

Varios propietarios de montes comezan a limpar á maleza dos seus pinares

Estamos na primaveira pero as temperaturas comezan a subir e varios donos de pinares están afanándose estes días para limpar a maleza que rodea ós pinos e zonas lindantes. Uns fano eles mesmos, outros con menos saúde teñen que recurrir a particulares e así poder contrarrestar un dos perigos máis amigos do lume, evidentemente despois do perigo número un que é o home. Quizáis, pero esto é solo unha simple reflexión, sería eficaz destiñar algún diñeiro do que se dispón para a loita contra o lume, en axudar un pouco a propietarios que non dispoñen realmente de medios e coa condición e obrigación de limpar monte por monte  porque non todos o limpamos. Posiblemente así, o suposto lume non se expandiría tan rápido e non teríamos que vivir episodios como os vividos, e menos xente no paro.

lunes, 4 de abril de 2011

O mar arrastra e escupe multitude de basura que non lle corresponde cara as nosas praias

Está claro que manter unha praia limpa durante todo o ano no noso litoral é imposible. Con tan só un día que o mar de fondo sexa considerable, o lóxico é que as correntes e as ondas arrastren o que o ser humano lle tirou porque agás as algas, todo o que poidemos atopar hoxe na praia de Lago en Camariñas eran plásticos, madeira, botellas e ata rodas de coche. Segundo se acerca Semana Santa e os raios de sol van facendo presenza, a xente vaise animando a broncear o seu corpo e os máis valentes a tomar uns baños pero está clarísimo que as cadrillas que se encargan de facer este tipo de limpezas, son máis que necesarias si queremos facer un uso lóxico das nosas fermosas praias. Non estaría mal tampouco que entre todos foramos concienciándonos de que o que non é do mar, este non o quere. Pincha se queres ver unha pequena galería do estado actual de un dos nosos areais.

Un armador do Concello de Camariñas estravía unha carteira e lamentablemente non hai rastro dela

Este pasado Venres, un armador dun barco de Camariñas estraviaba unha carteira con 4000 euros dentro. Segundo palabras da mesma persoa, cre que pudo perdela nas inmediacións da lonxa pero non está seguro. Despois de poñer os feitos en coñecemento das dependencias da Garda Civil, o noble patrón de pesca que prefire nin mencionar o tema polo duro varapao que lle ocasionou este estravío, estaba hoxe consternado no momento que me relataba esta gran perda coa documentación incluída. Está claro que nesta ocasión, o diñeiro foi recaer en algunha persoa de mala conciencia, noutra ocasión, outro armador perdera tamén 6000 euros pero nese caso foron devoltos.  Ahí dentro iba o xornal dos mariñeiros e gastos da embarcación de varios dias e duras xornadas de pesca.

sábado, 2 de abril de 2011

A sinalización vial na Capital do Encaixe é bastante escasa



Cruce de Cerdeiras
Están chegando datas onde o número de visitantes á nosa vila increméntase de forma considerable. É moi habitual ver turistas co seu coche parado, preguntando a veciños de boa fé por onde é a saída do pobo. Para nós, a verdade sea dita, pode parecer unha tontería ver un letreiro máis indicando para onde se vai de volta para a Ponte do Porto, Vimianzo, Muxía ou calquer outro destino da Costa da Morte pero, para unha persoa que chegue despois de facer varios centos de kilómetros ao volante, sería indispensable dita sinalización en cruces como o de Cerdeiras ou no cruce da estrada que vai para o Faro Vilán por poñer un exemplo. Nembargantes todo aquel que queira chegar a Camariñas, anteriormente atopará varios lugares con distintas sinais que  indican a dirección e distancia restante para poder facelo con facilidade. Dende Cee, Muxía, pasando por Vimianzo e como non na Ponte do Porto, sí contan con estas sinais urbanas orientativas.