Páginas

miércoles, 6 de abril de 2011

O groso da flota do cerco abandonará o paro a partires deste próximo luns

Pincha na foto para ampliar
Este vindeiro luns día 11 de Abril, está previsto que os barcos de cerco do porto camariñán se vaian incorporando á súa faena. Practicamente o groso da flota a excepción de tres barcos levaban algo máis dun  mes no paro. O Argentino, o redeiro que antigamente se chamaba Manuel de Lin estaba hoxe afinando os preparativos para que o luns estea todo arranxado. O Lago dous e o Siro segundo están para sair do carro e teñen prevista a chegada a porto esta fin de semana. O Muro de Fontán seguirá no asteleiro e o 4º Cabo Naval irá este xoves, desta maneira agás estes dous últimos redeiros, a flota ao completo estará lista para comezar a traballar. Manuel e Carlos de Lin, patróns do Río Bao un e Lago dous respectivamente, quizáis tarden uns poucos días máis. !! Que haxa boa campaña compañeiros !!

Será a partires do luns cando poidamos ver de novo o noso peirao en plena marcha. O primeiro en sair (aparte dos que están) sen dúbidas será o barco do Argentino, apoiado polo seu irmán Luis, persoas xóvenes pero no caso deste último, con veteranía e bos maestros. Despois irán sucesivamente incorporándose todos os demáis, faltarán o Gaviota, vendido para Portosín e o Corroso, en venta e de momento en dique seco. Outra parte da frota pesqueira, os barcos que faenan con nasas de polbo, maiormente irán ao paro biolóxico (data aínda por determinar) e outros cambiarán de arte de pesca nos vindeiros días, especialmente será o palangre a próxima forma de buscarse a vida no medio do charco atlántico.
O argentino é o armador máis xoven dos redeiros camariñáns


          



Salvador, mariñeiro do Argentino






     
Normalmente cando se producen estes paróns na flota pesqueira de Camariñas, os seus armadores fan un mantemento nos barcos que son custosos pero imprescindibles para a vida da madeira especialmente. Calqueira persoa que merodee os diferentes portos da Costa da Morte, poderá comprobar que os barcos de Camariñas están a todo detalle. Non hai máis que ver ó Argentino, por poñer un exemplo.                                                        

2 comentarios:

  1. Buena pesca a todos.

    ResponderEliminar
  2. haber si todos pescan ben que boa falta fai.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo