Páginas

sábado, 28 de mayo de 2011

Partido de balonmán nais contra fillas no pavillón da Ponte do Porto con empate a 11 tantos

Onte ás 19:00 horas, ao mesmo tempo que este redactor asistía á capela, era informado por casualidade que se ían enfrentar nais do noso concello contra fillas no pavillón da Ponte do Porto nun partido de balonmán. Organizado este encontro polo técnico de deportes de Camariñas, Fran Puga e acompañados da gran adestradora nesta especialidade, Mónica, prantábanse na pista deportiva e pasaban unha tarde divertidísima. Con Nerea e Cristina de  colexiadas, facían  a armonía posible para que o resultado final fose un empate 11-11.

viernes, 27 de mayo de 2011

Hoxe os mariñeiros abarrotaron a Capela do Carme na Misión Mariana da Virxe do Monte


Despois do over-booking de visitas producido este pasado luns e  martes neste blog e sen poder publicar nada durante estes días quedando colgado o panel de control, hoxe afortunadamente pódese mencionar a importante Misión Mariana que se está realizando en Camariñas, patroneada pola Virxe do Monte á iniciativa das monxas da nosa parroquia en honor aos homes e mulleres do mar. Máis de vinte armadores e varias donas reuníanse hoxe ás 7 da tarde na Capela do Carme para a súa bendición e mañán a partires das 20:00 horas farase unha pequena procesión ata o amarradeiro dos barcos camariñáns e posterior bendición dos mesmos. Neste día tráxico a raiz do naufraxio do redeiro malpicán Nuevo Luz no cal falecían dous mariñeiros e que sentimos moi profundamente, predicábanse unhas palabras en recordo aos afogados e seus familiares. Resaltar a importante afluencia dos nosos homes de mar nun mundo a verdade sexa dita máis orientado hacia o materialismo que ao espiritual como ben dixo unha das monxas encargadas da Misión e onde  as xeracións vindeiras son pouco practicantes (anque moitos creintes), agradecían no medio da satisfacción a nosa presenza e quedaba claro que a estampa da Virxe está presente en todos os  barcos. Desde aquí agradecer ao alcalde de Camariñas por movilizar en minutos unha vez avisado por nós, unha escaleira que precisaban as monxas para reparar as cordas que fan soar a campana.

lunes, 23 de mayo de 2011

O PSdeG-PSOE de Camariñas gaña as Eleccións Municipais 2011 e desata a euforia de centos de persoas


Onte 22 de Maio de 2011 era o día que lle tocaba falar ao pobo nas urnas e así foi. Cun 80% de participación da cidadanía, Pichurri, actual e futuro alcalde nos próximos 4 anos conseguía 7 dos 13 escanos e volve a darlle ao PSdeG-PSOE a maioría  e van tres décadas (que se din pronto) no Concello de Camariñas. Como é lóxico, ao principio do reconto dos sufraxios mezclábanse emocións, nervios e inquietude por saber que pasaría a partires das 8 da tarde. Segundo avanzaban os minutos, a casa do pobo onde ten a sede o Partido Socialista íase enchendo de persoas de todas as parroquias de Camariñas que querían abrazar a un aclamado alcalde que non quixo dicir nada ata saber realmente as cifras exactas do reconto final. Unha vez a secretaria do partido Encarna Liñeiro emocionada e humildemente entonaba un "Ganamos as eleccións" levantouse a euforia de centos de persoas que se agolpaban dentro e fora da sede socialista ata ben entrada a noite. Sen ningunha incidencia e un respeto educacional en todo momento, Camariñas volveu a empuñar a Rosa e cerrouse un día pletórico de celebracións, abrazos e tensión contidas. Agora ábrese outra etapa, catro anos máis que D.Manuel Valeriano Alonso de León seguirá traballando arreo polo noso concello entre xuventude e veteranía. !!Felicidades!!

sábado, 21 de mayo de 2011

A asociación Lumarea da Vila de Camariñas ten á venda as súas camisetas para recadar fondos

 
A asociación Lumarea da Vila ven de anunciar que xa teñen á venda unhas camisetas puramente camariñanas a un precio de 5 euros a unidade. Unha asociación de xente xóven que fan posible que o día de San Xoán nos poidamos congregar centos de camariñáns e non camariñáns ao carón da praia da Area da Vila ante as lumareas máis grandes do noso concello e disfrutar das famosas laparadas que fan espantar ás meigas, piden a colaboración imprescindible de todos nós para recadar os máis que necesarios fondos vendendo unhas fermosas camisetas en tres cores, branco, azul e negro. Se queres adquirir unha podes pasarte por Cadena Cien. O eslogan "Eu amo Camariñas comarea" ten que lucirse nos peitos de homes e mulleres que valoren o esforzo dunha asociación loitadora que non queren deixar pasar un día tan importante como é o o 24 de Xuño xuntándonos a todos na calor das fogueiras. Non te quedes sin ela, aparte de peculiar é barata.

miércoles, 18 de mayo de 2011

A voceira socialista de pesca Marisol Soneira apoiou aos profesionais do mar nunha importante asemblea organizada por ASOAR-ARMEGA

Foto e fonte; Quepasanacosta
Hai veces que un edita entradas e unha vez plasmadas pensa que quizáis estaba equivocado opinar en temas tan delicados como é o mundo do Mar, despois, segundo vas vendo en importantes diarios informativos como neste caso Quepasanacosta que publica que o día 14 deste mes era convocada unha  asemblea de armadores e pescadores de artes menores de Galicia co fin de plantexar solucións ás difíciles medidas que atravesa a pesca artesanal e les afortunadamente de persoas importantísimas nas altas esferas do sector como son, a secretaria do mar Alicia Villariz, o presidente e secretario de ASOAR e a deputada camariñana no Parlamento de Galicia, Marisol Soneira  que comparten as mesmas inquietudes que un simple editor reflexou nun blog (non equiparar os topes e medidas industriais cas artesáns), parece que descargas a ira de impotencia e cargas de aire de novo o peito. Marisol Soneira, coñecedora como poucos (por tradición familiar mariñeira e porque vive o mundo do mar) dos modos de vida dos mariñeiros locais, estibo da man da Asociación de Artes Menores (ASOAR) con sede en Corcubión nesa importante asemblea que polo de pronto, próximamente poderase volver a pescar merluza ainda que sexan unhas módicas 40 toneladas adiantadas do próximo trismestre. Está claro que a unión e a voz no sector pesqueiro artesanal son imprescindibles.

martes, 17 de mayo de 2011

O sector turístico da Costa da Morte está perdendo o tren de investimentos por non contar cun interlocutor único


A Asociación Profesional do Séctor Turístico da Costa da Morte (APTCM) constataba a semana pasada que se están perdendo investimentos da Secretaría de Turismo por non contar cun ente de consorcio activo e único, mancomunidade ou interlocutor que vele pola unidade do conxunto da Costa da Morte. A subdirectora xeral de turismo, María Antón, facía fincapé en lugares como Arousa ou Ribeira Sacra que sí contan cun ente en forma e unido. Pois é unha mágoa ver tanto e bo traballo elaborado polos diferentes concellos da costa máis ou menos cada un ao seu rumbo. Por poñer un exemplo, non podería ser doutra maneira, ollando unha central de reservas turísticas especializada en hoteis, balnearios, apartamentos e viaxes con destinos por España, Portugal, Andorra, Francia e Italia, "agalicia.com" amosa unha ampla información do noso concello. Este vídeo elaborado por Diego Alonso, poñe o seu broche de ouro nunha das centrais de reservas turísticas máis importantes do noso país. Oxalá un día a Costa da Morte sexan varios destinos xuntos e unidos polos principais puntos turísticos que a Natureza nos brinda.

sábado, 14 de mayo de 2011

Tan só o BNG está sendo respetuoso e limpo coa pegada de carteis electorais propagandísticos

Antes de nada sinalar que a pegada de carteis electorais este ano está sendo bastante respetuosa en comparación doutros anos, con todo iso, seguen aparecendo papeis encolados en propiedades privadas, letreiros da Deputación e Obras públicas, paredóns particulares, portais de garaxes, paredes de casas, invasións de containers de basura en Xaviña, marquesinas, etc. De todas formas, o que máis chama a atención é un cartel do PP de Camariñas nun letreiro da Deputación no linde con Vimianzo, outro do PP da señora Borbujo nun portal pertencente ao Concello de Camariñas ou os dous representantes do PSOE xuntos (un de Vimianzo e outro de Camariñas) noutro  portal tamén na Pte do Porto (quén se presenta por cada concello?). Curiosamente nun pequeno percorrido dende a capital do encaixe ata a vila porteña, dou de si este pequeno escenario fotográfico onde tan só o BNG leva un pleno Aprobado...

viernes, 13 de mayo de 2011

Un erro humano na centralita de Blogger deixou inoperativos a miles de usuarios de blogs en Google

Antes de nada pedir disculpas polas molestias que poidera ocasionar o fallo que na centralita se producíu durante estas horas, nin deixaba comentar nin deixou publicar nada durante máis dun día. Aparte, como poidéstedes comprobar, as últimas entradas publicadas desapareceron sin deixar rastro e nestos momentos estase traballando para volver aplicar estas e outras novas. Esta redacción era comunicada cada 2 horas e mediante textos en inglés (o cal se agradece) que este blog entre os cales se atopaban tamén un número importante de usuarios da parte Leste e Oeste de Estados Unidos no mesmo intre, tiña problemas internos por un erro humano que se producira na centralita, nestos momentos parece que están resoltos. Google, onde se aloxa Camariñas Directo, non caben dúbidas de que é do melloriño que se pode atopar nestes formatos Blogger pola rede adiante pero un xa sopesou a que se debería dito corte temporal e tratando cun experto na materia existen varias posiblidades e solucións futuras...

jueves, 12 de mayo de 2011

O Concello de Camariñas convoca axudas para minusválidos que teñan que desprazarse a Centros de Atención

Fonte: Concello de Camariñas
Ata o vindeiro día 20 de Maio, o Concello de Camariñas convoca axudas a  veciños cunha minusvalía igual ou superior a ó 33% que teñan que desprazarse a diario a un Centro de Atención Ocupacional. Se este é o teu caso ou de calquer familiar empadroado no noso concello, podes tramitar a axuda para os viaxes no Departamento de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde situado na Casa de Pedra. Antes debes pedir cita en persoa ou ben no teléfono 981 73 70 04. Deberás levar o D.N.I, Certificado de Minusvalía, Certificación Bancaria co Nº de conta do solicitante e a Certificación do Centro que acredite dende cando están inscritos e que se desprazaron diariamente ao longo deste ano.

miércoles, 11 de mayo de 2011

Segundo a última enquisa de Camariñas Directo o PSdeG PSOE gañará as vindeiras eleccións municipais



Pichurri no último Mitin en Arou- Juan Carlos
Esta enquisa é unha simple conxetura en referencia aos votos que os lectores pincharon unha soa vez durante estes 15 días que durou, en ningún caso dou opcións a votar máis dunha vez por pc. Agora tan só o día das eleccións saberemos si se aproximaba en algo á realidade. Como hipotético resultado haberá unha participación de entre o 60 e 70 %, ou sexa, que sobre un 30 % non irá votar (abstención). Supoñamos que dos 6000 e pico de habitantes irán votar sobre 4500, 100 en blanco e nulos, quedarían 4400 a repartir cun 50 e 45 %, para PSOE e PP respectivamente e o BNG o 5 % restante. Dos 13 escanos a repartir, entre 6 e 7  para o Partido Socialista, 5 a 6  para o Partido Popular e o BNG posiblemente acade 1. Sexa como sexa, unha vez finalizado o reconto o 22 de Maio, saberase o que había de certo nesta enquisa. Como o prometido é deuda, indagamos un pouco máis unha vez rematada.

Día das Letras Galegas no Concello de Camariñas

O Concello de Camariñas ten preparado para o Día das Letras Galegas (este ano homenaxeado ao escritor e poeta de Monforte de Lemos, Lois Pereiro (1958-1996), un interesante programa que se baseará especialmente en Teatro e Contacontos. Se queres pasar en compañía dos máis pequenos tres días cheos de Cultura, esto é o que está programado:


domingo, 8 de mayo de 2011

Un Camariñas Conservas Boya de Primeira División aplasta ao Ciudad de Salamanca e proclámanse Campións



Fotos: Camariñas Directo
Tres días de infarto os vividos esta fin de semana en Camariñas, un deporte chamado Balonmán absorvía á mesmísima liga de Fútbol Nacional cun enorme Club Balonmán Camariñas Conservas Boya que non deixaba conquistar á Costa da Morte nin sequera aos favoritos Panelais Ciudad de Salamanca nunha final de fase de ascenso apoteótica. Rendidos e aplastados deportivamente foron os salmantinos ante un equipo e unha aficción de Primeira División. Todo un soño, HISTORIA en maiúsculas a que bordaron hoxe os camariñáns nun Areal totalmente abarrotado que dende o primeiro segundo do encontro sairon moi motivados e un Felipazo por toda a escadra avisaba do vendabal de forza, coraxe, calidade e goles que se lle viña enriba  ao rival. De 4 tantos de diferencia en 7 minutos e chegando por momentos a doblegar o marcador, o imparable Camariñas Conservas Boya proclamábase xusto CAMPIÓN despois de vencer por 32-27 e ascendía directamente á 1ª División Nacional Masculina por primeira vez en Camariñas e na Historia da Costa da Morte  facendo vibrar  a toda unha vila pesqueira. !! Noraboa e Felicidades  Fenómenos !!

sábado, 7 de mayo de 2011

Un enorme Camariñas Conservas Boya non defraudou a un pavillón outra vez totalmente abarrotado

Segundo día da fase de ascenso, de emocións,  paixón e intensa calidade  ante un pavillón novamente abarrotado. Comezaba ás 5 da tarde o encontro que disputaban o Panelais Ciudad de Salamanca ante o Universidad La Laguna sendo moi igualado e resolvéndose a un minuto do final con resultado de 26-24 a favor dos salmantinos. Outra vez o porteiro tinerfeño Fito (Adolfo) evitaba que o seu equipo fose collendo desventaxe coas súas grandes actuacións baixo os paos. Media grada presenciaba o 1º partido e unha vez o pitido final, comezou a chegar xente en masa para arroupar o que sería de novo un auténtico espectáculo. Un grande Camariñas Conservas Boya que recuperaba ao seu porteiro Lalá, foi por diante do marcador sempre e o Plasencia que o intentou ata o final, non foi quen de parar á furia deportiva camariñana que facía xustiza cun marcador favorable de 34-30. Outra tarde pletórica que nin a choiva pudo frear e o Boya que segue invicto enfrontarase mañán ás 12:30 ante o líder momentáneo do grupo, o Panelais Ciudad de Salamanca (antes, ás 9:30 o encontro Universidad La Laguna ante o BM Plasencia) e onde sairá o Campión de grupo co selo de equipo de 1ª División Española. Chegaba como favorito o Panelais e todo pode pasar a un só partido pero coidado que o Camariñas non llo vai poñer fácil, estimados navegantes, aquí temos un nivel que non ten nada que envidiar a ninguén. Mañán non podes perdelo, o Camariñas C. Boya fará vibrar ó Areal e pode proclamarse Campión. 

Dende Camariñas Directo un dobre agradecemento a dous diarios importantísimos da Costa da Morte


Cando Camariñas Directo apenas levaba colgada na rede semanas escasas, este redactor era informado que Ubaldo Cerqueiro, veciño de Corcubión e Redactor xefe de QPC (Qué pasa na Costa), o diario dixital Nº 1 en contidos de actualidade e interese no referente a todos os concellos da Costa da Morte, anunciaba na súa web que un blog creado humildemente  en Camariñas comezaba a andar e recomendaba estar atentos aos contidos que aquí se foran publicando. Desta vez, a páxina Nº 1 do Deportivo e do fútbol en galego que pasan dende 1ª división, 2ª, 3ª, Xuvenís ata Escolas Municipais de toda a Bisbarra e que levan a cabo os nosos veciños de Muxía, facían o mesmo e creaban un enlace directo hacia Camariñas co eslogan de que unha ventá feita de corazón e interesante chamada Camariñas Directo era recomendable visitala. O compañeiro e amigo deste redactor, o noso veciño natural de Muxía, fotógrafo e realizador de contidos, Xosé Búa, tiña tamén este grande detalle na web Piratas de Muxía. Estimados compañeiros, que sepades que aquí, na vila dos Encaixes, tamén podedes contar conmigo para o que precisedes e MOITAS GRAZAS polo voso detalle.

viernes, 6 de mayo de 2011

Derroche de calidade co balonmán ofrecido hoxe no pavillón municipal o Areal ante case medio millar de persoas



Andrés Cerdeiras e Dioni atentos ante unha decisión arbitral
Como se viña anunciando estes días, hoxe comezaban os cruces de catro equipazos de balonmán que loitan por intentar subir á 1ª División Estatal no pavillón de Camariñas. Enfrontábanse de inicio un dos favoritos, o Panelais Ciudad de Salamanca ante o B.M Plasencia con un resultado aplastante de 44 a 27 a favor dos primeiros. A continuación o encontro estelar da vila dos encaixes que disputaban o Camariñas Conservas Boya e o Universidad La Laguna, era arroupado ante medio millar de gorxas que animaron cunha paixón incondicional e cun resultado final de empate a 22. Dende o comezo do encontro e ata o final, a diferencia no marcador nunca era máis de 1 tanto e todo gracias ao gran porteiro que ten nas súas filas o Universidad La Laguna. Foi na segunda metade do encontro  cando o Camariñas se poñía por diante e a falta dun minuto, o Universidad  facía táboas no marcador nun encontro que o Boya mereceu a victoria. Dous colexiados prantados na pista e un deles máis que discutido en varias xogadas clave expulsaba aos camariñáns  Perón que estaba sentado no banco e  a Monchiño. Con todo iso, o Balonmán Camariñas C.Boya, non se achicou e foi crecendo ante a forza dun público que acompañaba ao seu particular grupo ultra Boya que fixeron vibrar todo o Areal a golpe de bombo.

jueves, 5 de mayo de 2011

O Balonmán Camariñas C. Boya fará de novo historia mañán e durante 3 días organizando no Areal a fase de ascenso á 1ª División Estatal


O nome de Galicia e principalmente da Costa da Morte,  saltaban en todos os medios informativos nacionais o pasado mes de Abril gracias a un equipo de Camariñas que por primeira vez na historia da costa no mundo deportivo, nunha pequena vila conseguían proclamarse Campións da 1ª División Autonómica. O balonmán que durante anos e de intenso traballo  foi elaborando o Clube Camariñas C. Boya, foi merecidamente recompensado e volverá a partires de mañán a facer historia organizando nada máis e nada menos que a Fase de Ascenso á 1ª División Estatal. Desta vez, o Balonmán Camariñas enfrontarase a equipos da talla do BM Plasencia, Universidad La Laguna e Panelais Ciudad de Salamanca  ascendendo directamente o 1º de grupo e un 2º terá outra nova oportunidade entre os segundos dos sectores que se celebrarán a finais deste mes en Catarroja, Gijón, Vitoria, Banyoles, Motcada e Reixach. Que nadie quede sen ir ao Pavillón Municipal da vila dos encaixes, sen lugar a dúbidas será un auténtico espectáculo deportivo entre equipos de moitísimo nivel  que visitarán Camariñas durante estes días 6, 7 e 8. Unha aficción que de seguro non fallará como o ven demostrando durante todo este tempo, arroupará mañán a un equipo dirixido por Dioni que intentará con toda a humildade posible, esforzo, calidade e sorte, conseguir unha heroica primeira praza que lle daría un pase directo para competir na 1ª División Nacional.

miércoles, 4 de mayo de 2011

A veda do polbo comezará o día 27 de Maio e rematará o 4 de Xullo



Exemplar de polbo capturado na nasa
Segundo nos acaban de comunicar ao sector pesqueiro que se dedica á captura de polbo con nasas e libre de contratempos que poideran surxir de última hora, a veda do cefalópodo (sen cobrar) comezará a finais deste mes e rematará un mes e unha semana despois do parón obrigatorio. Chegan datas onde o polbo desova e como é evidente a veda é necesaria e fundamental para que as crías vaian reproducíndose e collendo peso (1 kilo é o mínimo reglamentario). Seguramente é pouco tempo de prohibición, a calquera home de mar que se lle pregunte dirache que o ideal sería un mínimo de  dous ou tres meses pero un sector que de por sí está pasando por moi mal momento, incremento sen control  do prezo do combustible, aplicacións desorbitadas de normas e leis que nunca comentan cos mariñeiros antes de aplicalas, reducción nas capturas e un largo etc que encherían catro entradas, os apenas 40 días que non se poderá capturar polbo son máis que suficientes si pensamos que non se pode pescar entre outros, Lumbrigante, Langosta, Santiaguiños, Centola, Nécora, Xarda e moi próximamente Merluza senón xa veredes, móllome a dicir que en escasos  meses tamén o prohibirán a pesares da  cantidade de xarda e merluza que hai nestes momentos nos caladoiros, pero mellor amarrar barcos e tumbarse panza ao sol, a fin e ao cabo é o que máis se leva de moda nesta última década no noso querido país. Aquí non se lle poñe a culpa a nadie, nin á Xunta, nin ao Goberno Central nin tan sequera a UE, en todo caso a culpa é dos mariñeiros por haber escollido dita profesión. 


lunes, 2 de mayo de 2011

Unha marea humana de máis de 5000 almas demostraron en Baio que a Costa da Morte está moi viva

Pincha na foto se queres ampliar
Ese pasado Sábado, máis de 5000 persoas de toda a Costa da Morte aclamaron en Baio que se pare de desprezar á Costa da Morte. Fai dous anos eran concedidas as licenzas para instalar varias ITV en Galicia entre elas a do Concello de Zas e sendo esta última (curiosamente da Costa da Morte) a única que non sairía adiante. Politiqueos baratos, localismos e intereses partidistas, deixaron aparte e por primeira vez na historia democrática deste curruncho galego, as posibles diferenzas e uníronse todos cunha soa voz. No manifesto que interviron Xan García e Jorge Mira, agradeceron profundamente o apoio e presenza de grandes políticos da talla de Méndez Romeu, Marisol Soneira e Carlos Aymerich (nestes casos é onde se ve quen da a cara) entre os alcaldes de Muxía, Camariñas, Corcubión, Cee, Dumbría, Laxe, Malpica, Zas, Sta Comba e Carballo. Case toda a Costa da Morte estivo alí presente agás os Populares e a TVG, tan só fixo presenza  popular Carmen Borbujo (Vimianzo) que a honra con este detalle. Botouse en falta unha televisión pública e pagada por todos os galegos (incluídos os da nosa costa), considérase e pensaron nesta concentración miles de persoas (non é para menos), que a TVG está para servir según lle conveña, ao partido que estea no poder. Parece mentira que non amosaran a toda Galicia e ao mundo enteiro o malestar de miles de cidadáns que como ben se demostrou, están cansos de que sexamos a ovella negra da Xunta de Galicia e de desprezos trás desprezos (os contos non enchen) e con un ¿Por Qué? na mente. Unha Plataforma que traballou a destaxo para poder congregar Asociacións, Empresarios, Políticos de boa fe e cidadáns con un único fin e que agradecía a presenza de miles de almas. Que nadie se engane, aínda que a Televisión nos ninguneara, arrieros somos, en el camino nos encontraremos e para iso existen periódicos realistas que sí están a altura dos acontecementos e como non, Internet que move masas. Poderán ignorarnos, poderán desprezarnos (mentres llo permitamos) pero nunca conseguirán calarnos. A Costa da Morte ten que coller vida XA e aos que non se interesen por darlla, alo menos que non lla quiten e que deixen progresar dunha vez por todas á nosa Bisbarra.