Páginas

sábado, 28 de mayo de 2011

Partido de balonmán nais contra fillas no pavillón da Ponte do Porto con empate a 11 tantos

Onte ás 19:00 horas, ao mesmo tempo que este redactor asistía á capela, era informado por casualidade que se ían enfrentar nais do noso concello contra fillas no pavillón da Ponte do Porto nun partido de balonmán. Organizado este encontro polo técnico de deportes de Camariñas, Fran Puga e acompañados da gran adestradora nesta especialidade, Mónica, prantábanse na pista deportiva e pasaban unha tarde divertidísima. Con Nerea e Cristina de  colexiadas, facían  a armonía posible para que o resultado final fose un empate 11-11.

Un encontro destas características pouco común nos últimos tempos e que oxalá se siga repetindo ainda que sexa noutras especialidades era unha mágoa non poder remarcalo. Como este que redacta non podía partirse en dous (a virxe mariñeira é sagrada) engadido que o traballo (non as ganancias) se multiplica por dous nestas datas, nada mellor que mandar de fotógrafo e redactor a Joseba, con 11 anos e un simple móvil, deixa para todos nós estas impecables instantáneas do gran momento que viviron onte nais e fillas do noso pobo. Un encontro familiar onde o resultado era o de menos que acabou con empate a 11 goles, todos contentos e ao mesmo tempo  gañando en saúde. Si señor.
























2 comentarios:

  1. Que ben o pasastedes,saludiños.

    ResponderEliminar
  2. mui ben si señor non hai nada como o deporte.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo