Páginas

lunes, 27 de junio de 2011

Despois de máis de tres meses por fin hai alumbrado polo paseo marítimo na zona do Campo

Fai máis de tres meses publicábase  aquí que unha fase do paseo marítimo quedara practicamente apagada. Que bonito é o vran en todos os aspectos, seguramente a chegada de  turistas  que como ven sendo habitual deciden acercarse a Camariñas a pasar uns días de vacacións  por estas datas, son os alicientes para poder   ver de novo o resplandor de toda a  fachada marítima, incluída a ponte oriental acristalada  cunha placa de vidrio do pasamáns destartalada. Como de momento nadie se ven abaixo tampouco é que importe demasiado. Satisfactoria polo tanto, a decisión de volver a darlle ao machete en ON e poder dar os mesmos paseos que cando se inaugurou esta fase do  noso peculiar paseo marítimo.  Benvidos e gracias, turistas.

viernes, 24 de junio de 2011

Camariñas quentou as portas do solsticio con unha grandísima afluencia de xente na noite de San Xoán

Hoxe o Sol saíu con  forza e todo gracias á tradición pagana e milenaria que se ven practicando dende que existe a humanidade. San Xoán Bautista, primo de Xesús, o único Santo ao que  se lle rende homenaxe á data do seu nacemento, seis meses despois de nacer Xesucristo, o mesmo que na noite de onte bendecía todos os campos para facelos máis productivos, o baño na auga especialmente das féminas para conseguir plena fecundidade, a noite onde se queiman os malos presaxios e se pide espantar as meigas, a noite máis máxica do ano era onte un auténtico espectáculo na Area da Vila. Foron varios centos de persoas, quizás miles as que se congregaron e poideron contemplar o espectacular encendido da máis grande Lumarea de Camariñas. Ás 00:00 horas comezaba unha traca de fogos artificiais que deixou sorprendidos aos alí congregados no momento que prantaban a mecha e o lume corría á velocidade da luz rodeando por completo ao combustible máis amigo das lapas que levaba uns días depositado nun enclave único. A tarde que era fresca foi derretida ca calor das laparadas e das almas que se xuntaron a desfrutar do gran grupo Samba que como non podía ser doutra maneira animou entonando cantigas mariñeiras ao compás do público, unha noite auténticamente máxica a vivida onte neste recuncho galego, un máis dos miles espallados por España e polo mundo enteiro que non queren deixar de lado a gran noite de San Xoán e practican este ritual que en Camariñas agora sí que podemos dicir foi a máis ano trás ano e convertíndose xa nunha cita indispensable.

miércoles, 22 de junio de 2011

Xa está todo preparado para vivir un San Xoán máxico na vila de Camariñas

Faltan pouco máis de 24 horas para o encendido da espectacular lumarea que outro ano máis poderemos disfrutar todos aqueles que nos acerquemos ao marco incomparable da Area da Vila gracias ao gran  traballo que un grupo de xóvenes camariñáns organizan dende a Asociación Lumarea da Vila. Segundo a nota que nos brindan para publicar, a crisis non conseguíu frear o gran cartel de actividades previstas para mañán Xoves 23. Haberá hinchables para os máis pequenos a partires das 5 da tarde, o grupo laxense o Tren da Unha (que presentará o seu segundo disco) e o grupo Samba. Todo iso acompañado das tradicionais sardiñas, broa  e cachelos das 8 en diante, que por certo, este ano case imposibles de conseguir, hai escasez e moita demanda, o prezo do máis típico peixe destas datas subastouse a máis de  100 euros a caixa en lonxa, serviranse TOTALMENTE DE BALDE. Ás 12 da noite prenderase a gran fogueira 2011. Dende a asociación invítanche a que te acerques por Camariñas a pasar o día grande de San Xoán...¿Alguien da más?... lo dudo. Noraboa polo voso traballo compañeiros e gracias por facer que o día de mañán sexa unha noite auténtica para arder os malos presaxios e espantar ás meigas. Ven  a vivir o afiche da noite máis máxica do ano.

viernes, 17 de junio de 2011

A xuventude máis curtida en salitre aposta pola pesca e aumenta a flota en Camariñas

Xa se decía fai unhas semanas aquí que temos unhas leis antigas para unha flota moderna. A pesares de que a pesca de baixura está pasando por uns momentos delicados, son varios os xóvenes camariñáns que están apostando forte por unha profesión cada día máis extinguida na xuventude actual, lóxico e comprensible. Pero ¿qué facemos? ¿collemos todos as maletas e deixamos ó pueblo sin alma?. De momento son varios os homes curtidos en salitre, a maioría menores  de 40 anos os que van intentar subsistir no medio do charco oceánico e contestar non a ditas preguntas. Ata 5 barcos de golpe son os que veñen para o noso porto, un dos máis importantes da Costa da Morte. Son varias as familias mariñeiras que poderán traballar abordo destes buques e disminuir a lista do paro. Barrijas, Bernaldo, Pta da Buitra, Apóstol, Naxeiro  (en algún caso cambiarase o nome) e algunha que outra pequena embarcación tipo planeadora son as novedades  que se están incorporando ao censo da flota de Camariñas. Xóvenes armadores que libre contratempos e leis sen fundamento farán ao noso porto máis importante si cabe. Un gran redeiro e catro barcos máis de artes menores, son xa de Camariñas. Sorte compañeiros, esto chámase progreso.

domingo, 5 de junio de 2011

Copa da Costa: O Camariñas non pudo co Nantón a pesares de gañar 2-1 e volve a caer no tempo de desconto

Hoxe disputábase o partido de volta de cruces de cuartos que tiñan pendente o Camariñas F.C e o Nantón C.D. Ante unha boa entrada de público no Hermanas Patiño, os homes de Manolín tiñan que remontar o 3-1 adverso que traían da ida. Nunha primeira parte onde non hubo un só tiro a portería e onde ás veces parecía que xogaban o 6 local (Moriño) contra o 9 visitante (Luís) chegaban en tablas ao descanso 0-0. Xa na segunda metade e con dominio do Camariñas sin claras ocasións en ningún momento, no minuto 59 era expulsado o camariñán (de Muxía) Maikel por dobre amarilla e non sería ata o minuto 72 cando marcaría Josiño poñendo o 1-0. No 84 aumentaba a renda Juan Vello de falta directa poñendo o 2-0 necesario para eliminar aos homes de Luís pero outra vez no desconto os camariñáns levaban outro mazazo recibindo o 2-1 por medio de Carlos Vidal no 90+4 e sin tempo a máis nada, o Camariñas F.C quedaba eliminado da competición copeira.

sábado, 4 de junio de 2011

David Bisbal estará o Sábado 11 no Aquapark de Cerceda poñendo o broche final á inauguración da temporada 2011

Xa está anunciado a bombo e platillo pero si aínda por algún motivo non te enterastes,  un dos cantantes máis famosos da canteira de Operación Triunfo estará o próximo sábado día 11 no Aquapark de Cerceda. É moi frecuente ver xente das nosas parroquias por Cerceda pasando cando o tempo o permite, unhas apacibles xornadas en familia e amigos e seguramente este día Bisbal contará cos seus incondicionais fans da costa, tan preto de nós, é moi difícil ver tan estelares actuacións. O prezo da entrada para o concerto custa 10 euros si a compras anticipada (Taquilla Caixa Galicia) e 15 si o fas no recinto. David Bisbal ten previsto actuar sobre as 24:00 horas acompañado da gran orquestra Aché que comezará tamén a súa actuación a partires das 22:00 horas. Sin lugar a dúbidas para os que sexan seguidores deste artista, quedaralles un recordo  inolvidable. Se queres saber o programa completo da vindeira Inauguración da Tempada do Aquapark que arranca o vindeiro Venres día 10  co día Infantil e que remata o Sábado 11 co broche de ouro do andaluz, pincha no enlace que ten á disposición dos interesados o Concello de Cerceda...

viernes, 3 de junio de 2011

Xuño 2011: II Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte

http://www.puertoarnela.es/
Ata 28 restaurantes de 11 muncipios comprendidos entre Muros e Malpica participan no segundo ano de Xornadas Gastronómicas da Costa da Morte que organiza Neria. Unha vez presentada esta interesante xornada en Fitur (Madrid), os diferentes menús elaborados especialmente con productos do noso mar e da nosa terra por mans profesionais, poderán degustarse durante todo este mes de Xuño en tres restaurantes de Camariñas, Villa de Oro, O Meu Lar e no Hotel Rústico Restaurante  Puerto Arnela (garantía de calidade). Cunha preparación con especial fincapé nos mariscos, os prezos oscilan polos 35 euros, bodega aparte. Tamén se pode reservar unha habitación dobre con desaiuno por 50 euros. O resto de locais participantes segundo a fonte que Neria ten na súa web son os seguintes: Casa Velay, O Semáforo, Tira do Cordel, O Centolo e O Fragón (no municipio de Fisterra), Casa do Arco e Zúrich (Laxe), Efe-Eme (A Picota), Insua e O Recreo da Costa da Morte (Cee), A Lareira (Baio), A Morosa (Carnota), Casa Pego (Antes, en Mazaricos), Casa Sabina  O Castillo (Vimianzo). Ademáis, están A Cunca (Buño-Malpica), As Garzas (Barizo-Malpica), Casa da Crega (Caldebarcos-Carnota), Lestón e Cabanel (Sardiñeiro), El Hórreo (Corcubión), O Coral (Muxía), O Castelo  Lusco e Fusco (Muros) e Mar de Ardora (Cabana).

O naufraxio do Nuevo Luz provocou que a Xunta de Galicia cargue máis na liña de flotación dos mariñeiros

O Nueva Flor de España é o segundo barco
propiedade de Marcos Alfeirán.Camariñas directo
Marcos Alfeirán, coñecido por moitos dos que vivimos no mundo do mar, non imaxinaba o que se lle viña por diante cando despois de falar na lonxa malpicana con este redactor largo e tendido sobre o primeiro barco que adquirira en propiedade (Nueva Flor de España) e antes do fatal naufraxio do Nuevo Luz do que se fixo en propiedade fai meses, o xóven armador ía ver a morte moi preto a plena luz da alba, conseguindo sobrevivir ao igual que tres mariñeiros máis, lamentablemente dous deles afogaban por hipotermia, os seus corpos estiberon máis tempo do que normalmente se resiste nas frías augas. A 8 millas Oeste da Torre de Hércules, a 3 millas  Noroeste, faltando coordenadas nun principio (disque). Un patrón dos rescatados, un supervivinte e o mesmo Marcos confirman que estaban a escasas dúas millas da Pta Langosteira, exactamente no Mar do Monte. Todos os demáis armadores sabíamos o que se nos viña enriba, sempre culpa nosa e de nada serve ter o seguro de suscripción obrigatoria con danos a terceiros. As indemnizacións para os familiares de accidentados no mar e os estudos para supostos orfos, agora teremos que cubrilas nós, os mariñeiros. Un seguro colectivo non obrigatorio que á Xunta de Galicia lle custaba 1 millón de Euros e que ata o ano pasado  o actual presidente Feijoo en concordancia ca Consellería do Mar, decidían abolir, pasará a ser obrigatorio nas vindeiras horas afogando máis se cabe aos que viven na mesma liña de flotación.

jueves, 2 de junio de 2011

Costa da Morte:Tan só Laxe contará cunha bandeira azul nas súas praias


Atlántico.net
Galicia, o fermoso país das mil praias de areas finas, pedruscas, chás, acantiladas, protexidas, virxes e salvaxes contará este ano con 130 bandeiras azuis entre areais e portos deportivos situándose no número 1 das comunidades españolas. A Costa da Morte, un dos enclaves únicos do litoral atlántico onde queremos e quizáis pensábamos que tiñamos algo, non temos nada. Tampouco é que teñamos un clima para tirar cohetes pero pobos onde a pesca, construcción e industrias viven en decadencia, o turismo podería ser un pequeno incentivo nos meses de vran. A bandeira azul e a Q de calidade que outorgan a Asociación de Educación Ambiental del Consumidor e o Instituto para la Calidad, respectivamente, non poderá certificarlle ás diferentes axencias de viaxes e turismo nacionais e mundiais, ningunha praia en Camariñas, Muxía, Fisterra, etc. Tan só Laxe poderá presumir de praia. Para conseguir dita distinción, entre outras priman as prioridades de areais limpos, papeleiras, un nº importante de aros salvavidas ou vixiancia socorrista, duchas, aseos, auga potable, non permitir cámping nin coches sin un lugar adecentado, acceso controlado de mascotas, arrecifes controlados e sinalizados, plans de emerxencia en caso de contaminación e outros perigos, etc...Última hora: