Páginas

sábado, 30 de julio de 2011

A alma artística de Galicia e dos emigrantes galegos díxonos adeus para sempre

De esquerda a dereita Xosé Luis Blanco, Manuel Muñiz e Sito
Mariño. Foto:Xosé Luís Blanco Campaña
No día de hoxe chegaba a esta redacción unha lamentable nova que Xosé Luís Blanco Campaña, xornalista camariñán e ilustre da nosa vila  comunicaba conmocionado e con mágoa  a perda dun amigo e compañeiro dos que fan camiño por onde pisan, unha persoa que lanzou ao éxito a Ana Kiro compoñendo "Galicia terra meiga", que  compuxo para outros tantos artistas como Sito Mariño, Sabela, Pili Pampín, Los dos españoles, Mª Jesús y su acordeón, etc. Compositor de himnos como o do S.D Compostela, Deportivo da Coruña, D. Español de Buenos Aires, etc. Veterán músico e compositor da Orquestra Compostela a cal dirixíu durante medio século cando ninguén apostaba pola língua galega na rúa e moito menos no mundo do espectáculo. Profesor da Banda Municipal de música de Santiago, voz e socio de honor en multitude de sociedades galegas no exterior, compositor de El Emigrante. Medalla de Galicia, fillo predilecto da súa terra natal e un sinfín de méritos acadados por este home, alma galega dentro e fora da nosa terra que nos dixo adeus para sempre este 29 de Xullo ao carón da sua inseparable dona Mari Carme Mallo no seu domicilio en Santiago de Compostela na rúa  Xeneral Pardiñas aos 81 anos de idade. Vanse raíces vivas da terra galega pero que perdurarán eternamente nas nosas orixes. Hoxe e gracias a Xosé Luís poidemos homenaxear a un galego ilustre e onde aproveitamos para dende Camariñas mandar as nosas máis humildes e profundas condolencias á súa dona, demáis familiares e amigos do pobo galego e da emigración. Que teña un descanso eterno D. Manuel Muñiz.

jueves, 28 de julio de 2011

A Copa do Mundo que levantou a selección española estará o 3 de Agosto en Camariñas

Andaba hoxe Juanillo, xogador do Cerceda e concellal na área de deportes e cultura do concello de Camariñas repartindo polos establecementos o cartel que anuncia unha histórica visita e reposo durante un día enteiro da Copa do Mundial levantada heroicamente pola nosa selección española de fútbol en Sudáfrica. Despois de finas negociacións ca federación nacional do deporte rei en estreita colaboración co alcalde da nosa vila conseguiron programar para este próximo mércores día 3 de Agosto que a copa máis importante da historia de España, esa que tanto fixo vibrar aos que se sinten españois de verdade estea exposta na Casa da Pedra custodiada e durante unhas 10 horas para quen queira ir vela e sacar unhas fotos inéditas e nada fáciles de conseguir se non se dera este caso. Juán Cabrejo que se desvive polo deporte e que ten programadas unha serie de actividades ao longo de todo o concello está a traballar arreo na súa especialidade, na súa materia. Noraboa e gracias por este xesto " Maestro".

Dous xubilados de Corme afundiron onte ca súa lancha preto do Cabo Roncudo falecendo un deles

Como o viñan facendo sempre que o tempo llo permitía, dous veciños de Corme de 65 e 74 anos respectivamente partían onte do seu porto  cunha lancha de fibra de 5 metros de eslora a pescar polas inmediacións do Cabo Roncudo (Malpica). Sairon sobre as 5 da madrugada e na Pta da Golfeira pasadas as 10 da mañán foron sorprendidos por un golpe de mar producido pola forza do vento de Nornordés facendo que volcara a lancha chamada  O Carreiro, sen máis tempo a nada, os pescadores poñíanse a salvo enriba da quilla. A forza do vento e as correntes da pleamar axudaron á pequena embarcación que se achegara ata preto da costa. Un deles ante o intento de coller terra a nado era golpeado por unha ola contra as rochas e iso engadido á forte hipotermia fixeron que falecera, o seu compañeiro era rescatado polo Helimer 210 (antes chamado Helimer Galicia) e ingresado no CHUAC da Coruña. Os dous tripulantes estiberon máis de 4 horas á deriva e con severa hipotermia. Tanto os veciños como os medios de Salvamento desplegados foron alertados preto das 4 da tarde cando os seus familiares se decataron que algo andaba mal ante a súa tardanza. Unha traxedia máis que engrosa a lista do temeroso nome da Costa da Morte.


lunes, 25 de julio de 2011

Un video foto montaxe de Currodetrás en honor ás nosas Festas e a todos os lectores

Este ano no cal a Jema non fixo a procesión por mar, un dos romeiros máis auténticos e dos máis fieis ás Festas do Carme (entre outras), o noso querido veciño Currodetrás, segundo Patrón da citada embarcación  anteriormente, enrolábase este ano no Nuevo Panchita para vivir o día grande das nosas festas, evidentemente e como o leva facendo fai tempo, Manolo que sempre vai cargado de todo cando embarca (aínda que houbera que fondear varios días no medio da Ría  de fame nin de sede non morrería ningún tripulante), enfocou o seu obxetivo no medio da regular nieblina e plasmou mediante un video montaxe de fotos os momentos vividos este pasado día 16, como telón de fondo unha impresionante Salve co espellismo de El Cristo de los Gitanos hacia a nosa Virxe do Carme e Señora do Mar. Queda para tod@s nós unha parte do gran traballo feito por el e que nos fixo chegar a esta redacción para deleite de todos os camariñáns con especial dedicación aos que están fora da terra que os víu nacer pero que levan dentro das súas entrañas á Camariñas da súa alma. Gracias Curro por esta obra de arte.


viernes, 22 de julio de 2011

O Gallego José foi aumentado 3 metros de eslora e pronto será a súa rebotadura

O Gallego José nos Asteleiros da Ría de Avilés
Era no vran  pasado e despois dunha dura loita burocrática da apreciada familia Caamaño  con Capitanía Marítima por culpa da polémica estabilidade sobre todo a partires do afundimento no ano 2004 nas inmediacións das Illas Sisargas do seu xemelgo O Bahía (cos 10 tripulantes afogados), cando o Gallego José abandonaba ó noso porto e tomaba   rumbo a Norte. Recordado con cariño polos mariñeiros como  o Jallejiño, botado no ano 1999 e nun principio sen problemas para navegar, cinco anos despois e cansados de batallar, era vendido para Asturias e agora está case a punto de ser a súa rebotadura. Foi necesario aumentar a súa eslora (largo) en 3 metros e rebaixouse tamén o castillo pola parte de estribor  acurtando o espazo que ocupaba antes sacando do medio a chiminea. Este barco de cerco que problablemente pasará a chamarse doutra maneira, pasou de ter 18 a 21 metros de eslora e como se pode apreciar nas imaxes que Manuel nos volve a mandar, quedou como dicimos por aquí, feito unha pareja. Seguramente veranse as amuras co Corroso navegando e pescando polas augas máis norteñas da península. Bos ventos e ata sempre ex Gallego José.

Este vindeiro luns día 25 sardiñada e festa nun enclave único e paradisíaco en Xaviña

Que  ben se vive na Costa da Morte, churrascos gratis, sardiñas, brona e ata pode ser que viño para reirse un pouco con un dúo que fai do humor o seu medio de vida. As Cantareiras de Ardebullo, coa actuación de Nucha e Mucha que tranquilamente poderían chamarse Pucho e Pucha estarán formando o broche de ouro este vindeiro luns día 25 na praia do Ariño. Todos os que asistan a este paradisíaco enclave do concello de Camariñas poderán degustar unhas sabrosas e frescas sardiñas asadas e amenizadas polas actuacións da charanga "O Recobio", a banda de gaitas "Abrindo Rejo", actuación da "Escola Municipal de Baile de Camariñas"e posterior actuación do dúo humorístico que tanta audiencia obtivo grazas a Luar, na TVG. Sen dúbidas un gran día para pasar en familia cos nenos que poderán disfrutar cos xogos infantís programados. Todo isto en Xaviña.

jueves, 21 de julio de 2011

Timadores de Butano andan facendo falsas revisións pola Costa da Morte

España, un dos poucos países do mundo onde se pode vivir sen traballar, non fai falta mirar moi lonxe para velo, non caben dúbidas que está superestudiada por humanos irracionales que se dedican a fastidiar aos que sí traballan. O peor de todo é que moitos deles están amparados por empresas constituídas legalmente e polo tanto non se poden considerar timadores. Falamos neste caso de falsos traballadores de empresas suministradoras de butano que andan timbrando en portas principalmente de persoas maiores para facerlle unha revisión innecesaria e a precios elevados. Pois ben, estos elementos andan xa facendo das súas pola Costa da Morte e deixaron o seu selo de presenza en Cee, hai que estar atentos porque é de supoñer que en calquera momento asomaranse por pobos lindantes á vila da Xunqueira. Si alguén dubida destas revisións o mellor é poñerse en contacto ca empresa que nos suministra, debemos desconfiar ata da sombra.

Un saúdo Navegante dende Camariñas para o Mundo

 

En verde os países que visitan Camariñas Directo

Fai varias semanas un asíduo lector deste buque chamado Camariñas Directo comentábame que quixera opinar e non sabía exactamente como tiña que facelo, que mandara unha opinión pero que non aparecera publicada. No día de onte, outro estimado lector comentoume en Bolboreta que lle pasaba o mesmo, que non sempre lle saían os seus comentarios. Hoxe, mediante o correo electrónico unha persoa mencionoume as mesmas circunstancias e polo tanto queda aquí máis ou menos a forma máis sinxela para que poidas opinar sen problemas técnicos. Aproveito para agradecer a vosa asídua fidelidade dende varios países do mundo, supoño que hai camariñáns por todos estes lugares, algúns xa recoñecidos privada e confidencialmente (aínda que non opinen en público) e outros que non deixan de sorprendernos dende países como Rusia e Xapón. Non falamos de miles de visitas diarias, pero un humilde blog que abarque centos de visitas diarias é todo un mérito para esta redacción, unha ventá que foi feita con humildade e que nin sequera está expandida por outros puntos de amarre na rede como Facebook, etc agás centos de entradas provintes de coñecidos e grandes amigos que sí o fan deixando nos seus muros enlaces directos con esta web. Moitísimas gracias  a tod@s por estáredes ahí e pola paciencia amosada cando por razóns de traballo non se actualiza o que un desexara. Sodes tripulación de primeira categoría...

 

miércoles, 20 de julio de 2011

O barco de cerco camariñán o "Corroso" puxo rumbo a Norte e agora navega polo Cantábrico

Interesantes, impecables e contrastadas por un grande  compañeiro e querido amigo deste redactor, residente na actualidade coa súa estimada familia en Gijón, as novas e fotos que Manuel do Caracol nos trae como colaboración de luxo para os lectores de Camariñas Directo. Este xóven camariñán, casado con Raquel, con sangue e venas mariñeiras, deixou por un momento as palancas da maquinaria pesada para acercarse a Lastres. Alí concretamente, en San Martín del Sella como nome ficticio da serie televisiba Doctor Mateo, está amarrado o que ata fai escasos meses era un barco de cerco camariñán. Na actualidade e adicándose á mesma arte de pesca, o Corroso que entrara en servizo no noso porto alá polo ano 1985 en compañía dos irmáns Juán e Chas, agora surca o Mar Cantábrico e o seu novo dono asturiano non o está facendo nada mal coa captura de Bocarte, "fai majas" como diríamos por aquí. Este barco de madeira construído no asteleiro da Ponte do Porto, ten pouco máis de 14 metros de eslora e salvo escasos retoques de cor na pintura, puxo Rumbo a Lastres (Asturias) definitivamente con moitos recordos dentro e fora dos seus catres, salitre camariñana e historia mariñeira durante máis de 30 anos que estibo de servizo no noso porto. Que teñas bos ventos e ata sempre Corroso.


martes, 19 de julio de 2011

Miles de almas quedaron abraiadas co enorme éxito das Festas do Carme en Camariñas

Increible o que pode facer unha comisión de festas en pouco máis dun mes de organización, non queremos imaxinar como será para o vindeiro ano con máis marxe de traballo porque aseguradas xa están as mellores orquestras de Galicia.  Agás algunha escasa excepción, os veciños de Camariñas colaboraron ao máximo para que poideramos vivir estes catro días nos cales non se recordaba tanta afluencia de xente principalmente o día gande. Miles de almas quedaban abraiadas cos espectaculares fogos de artificio que brilaron no ceo do porto camariñán, abraiados quedaron tamén veciños e visitantes ca espectacular traca diurna que caracteriza a chegada dos barcos da procesión marítima. Remataron polo tanto unhas festas onde non se víu un só altercado, absolutamente ningún, tan só o orballo pudo empañar se cabe un pouco as nosas festas pero nin eso, máis ben axudou a limpar as rúas de posibles excrementos humanos nas esquinas e callexóns dos arredores do campo da festa. Felicitar polo tanto á Comisión de Camariñas por tan apabullante éxito onde nin Olimpus nin D´Tacón, sobrados e milleiros de romeiros bailaron ó compás de Tambo e Limón.  Que grande é o Carme de Camariñas.

lunes, 18 de julio de 2011

Unha parella de carteristas desalmados timaron a un veciño de Camariñas diante dun coñecido restaurante

A paos ou mellor dito como se di por aquí, a verjallasos había que correr a algún visitante que se acercou a Camariñas durante estas festas do Carme concretamente o día 16. Tomando o clásico café cun chupito, un señor admirado e respetado na nosa vila, comentábame por casualidade que unha vez rematada a misa da procesión e cando se dirixía a súa casa, unha parella que se fixo pasar por unha organización da xuventude camariñana e galega precisaba de firmas, no medio evidentemente o DNI. O apreciado señor unha vez plasmada a súa firma abríu a súa carteira dado que non sabía de memoria o número do NIF  e supón que un bilete de 50 euros que sobresaía case nada da billetera foi extraído en milésimas de segundo por un dos dous  (home e muller) desalmados que estaban diante dun restaurante  coa Policía Local a escasos metros. Eso mesmo foi o que fixo a este noble cidadán confiar nestos elementos. Non se decatou que lle faltaban os 50 euros ata que volvíu abrir a billetera para pagar noutro local. Comentoume que algo raro pasara cando estaba sacando o DNI da carteira, o timador puxo cerca as súas sucias mans para indicarlle que tiña o documento ao lado dun papel branco (a cartilla do médico). Non se sabe si alguén máis pudo sufrir máis roubos pero advertir a pobos lindantes que teñan coidado con este detalle que sucedeu en Camariñas porque é de supoñer que andarán liando a máis xente noutros lugares. O cidadán camariñán non puxo a correspondente denuncia porque non identificou a estes caraduras e cacos profesionais.

viernes, 15 de julio de 2011

Os barcos de Camariñas engalánanse para vivir o día grande das Festas do Carme 2011

Como ven sendo habitual cada 15 de Xullo, os barcos dos portos mariñeiros onde se celebran as grandes Festas do Carme engalánanse con bandeiras, loureiros e algunha que outra artimaña para lucir os seus navíos no día máis grande dos mariñeiros, o 16. Camariñas, que nesta tradición é inmortal e especialista, que prácticamente todos tiveron ou teñen descendencia ou vínculos mariñeiros, mañán paseará pola Ría á Reina dos Mares. Centos de persoas intentarán subir abordo dalgunha alma caritativa que atraque en algunha rampa e teña algunha praza dispoñible. Atrás quedan aqueles anos que se presumía de cargar tropecentas persoas (por si acaso pasa algo), incluso quedan patróns amarrados a porto por diversas causas, pero, a maioría de barcos  e lanchas da nosa vila mariñeira farán mañán a súa particular e plural travesía por unha das máis fermosas rías galegas, a Ría de Camariñas.  Estimados navegantes; Paz e Moi Felices Festas do Carme de Camariñas 2011...


domingo, 10 de julio de 2011

Novo apagón e varios desperfectos no paseo marítimo na zona do Campo

Foto sacada ás 12 da noite de onte
Lamentable ter que poñer este tipo de entradas pero onte á noite e como ven sendo habitual cando un pode, dando un paseo ata o porto do século XXI poidemos observar como varias das caixas que teñen dentro as bombillas que orientan a camiñata polo paseo marítimo da zona do Campo foron brutalmente arrancadas, posiblemente algún ou algunha simpática ensañábase a patadas con elas porque lle molestaba que houbera algo ben conservado na nosa vila, dado que non era suficiente con iso, mesmo á entrada da Ponte, unha caixa con varios cables totalmente ao descuberto está saída do seu sitio co perigo que pode ocasionar si algún menor  intenta manipulalos, a descarga que poida sufrir podería ser peor que apoiarse no cristal destemplado que fai de pasamáns e que segue sin arreglarse. Engadido a isto e como non podía ser doutra maneira, volvemos a quedar sin luz nun lugar neurálxico nestas datas veraniegas para os turistas porque os cidadáns camariñáns xa estamos afeitos a todo. Sorpresa tamén a que este que redacta levou cando se fijou nas barandas da mesma zona que aguantaban de dúas grandes pancartas, unha das nosas festas do Carme (pido permiso para poder dicir que é de todos) e outra dos nosos veciños muxiáns cando en minutos desapareceron sin saber o por qué...


viernes, 8 de julio de 2011

Todo preparado en Corme para vivir a maior festa gastronómica da Costa da Morte

Fonte: QPC
Mañán Corme recibirá como o ven facendo durante os 18 anos anteriores a miles de visitantes a degustar o marisco rei na súa XIX Festa do Percebe do Roncudo. Esta degustación gastronómica con máis tirón da Costa da Morte contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a conselleira do Mar, Rosa Quintana e o alcalde da cidade herculina, Carlos Negreira entre outros e serán recibidos polo alcalde da vila pontecesana José L. Fondo. Como pregoeiro terán unha persoa especial, o tenista cormelán en cadeira de rodas Martín Varela que falará media hora antes da actuación prevista dos protagonistas da serie televisiva "Para mariñeiros nós" e posterior actuación de D´Js e el Parga. O dito, que mañán Corme a eso das 10 da mañán despertará coa charanga Mekánica e xa ás 12 comezarán a servir os percebes que foron apañados por valentes percebeiros e percebeiras da vila cormelana, un auténtico manxar para todo aquel que poida acercarse a degustar o marisco rei e con máis sabor a mar. Habilitaranse aparcamentos á entrada do pobo, na urbanización do Osmo.

domingo, 3 de julio de 2011

Unha peza de ferro duns 10 metros de lonxitude navegaba ao garete a 22 millas do Cabo Vilán

Perigosísima a peza de ferro que onte era remolcada pola Salvamar Altair con base no porto camariñán a eso da unha da madrugada. Este obxecto de ferro duns dez metros de lonxitude navegaba sen rumbo polo dispositivo de tráfico marítimo que pasa a 22 millas Oeste do Cabo Vilán segundo fontes de salvamento. Podería tratarse dunha  peza de  grúa de importantes dimensións que xa leva tempo ao garete polo Océano adiante dada a cría de percebes mexóns que se criaron neste perigosísimo obxecto para a navegación. Perfectamente estanca dada a soldadura na súa base facían que a cantidade de aire que leva dentro flotase e menos mal que non se cruzou con ningún buque principalmente de madeira, podería provocar unha vía de auga en segundos. Posiblemente a non ser de que se tratara de algo accidental, estamos ante outra animalada máis do ser humano ante o medio mariño e a seguridade das persoas, o Mar non quere e acaba vomitando o que non é del. Agora reposa na rampa ao carón do Club Náutico á espera de ser retirada.

viernes, 1 de julio de 2011

Todo a punto para comezar a pesca de polbo e nécora a partires do próximo luns

Agótase a veda do polbo e da nécora e a partires do vindeiro luns a amplia flota que se dedica á captura do mellor cefalópodo do mundo (o galego) comezará ca súa faena habitual. Nasas preparadas e barcos limpos e pintados como a petena volverán a abastecer ós nosos mercados con productos daquí.  Os pulpeiros normalmente teñen que esperar aos meses de Septembro en diante que é cando normalmente é rentable no referente as cantidades pero o gran prezo que volvíu a acadar o noso polbo en lonxa fará que compensen as supostas escasas capturas nos meses de vran. Agora que escasea a xarda (palabras dos mesmos profesionais) tamén se lle da permiso para poder capturala, cun tope por barco de cerco e día de 8000 kilos, os redeiros poderán largar as súas redes na procura dunhas caixas da preciada cabala. Boa pesca e bos ventos para todos.

Os lectores opinan que "Deberían advertir a planeadoras e motos acuáticas que anden con máis coidado"

A verdade sexa dita, esta enquisa debería estar publicada fai un par de días pero o tráxico accidente que sufrían os nosos veciños ca nefasta perda para sempre de Ismael (D.E.P) fixo que un quedara sin ganas de redactar entrada algunha. Como a vida sigue, non queda outra estimado Sergio e familia, hoxe facemos mención ao 81% de votos que os lectores de Camariñas Directo pincharon nesta enquisa relacionada ca Procesión do Carme de Camariñas. De todos é sabido que estiberon no punto de mira e ao borde da prohibición, entre marañas e duros pactos de conciencia por non perder unha costume histórica, unha das esencias das festas do Carme, o único día do ano que a Virxe presume de paseo e travesía pola nosa fermosa ría, Camariñas e a diferencia de outros portos conseguíu que seguiran adiante. Detrás de tan laboriosa organización, son moitos os barcos e almas que disfrutan do día mariñeiro, pero, a audiencia leva razón, "Deberían advertir a planeadoras e motos acuáticas que anden con máis coidado". Un golpe de palanca e acelerador move estas embarcacións en milésimas de segundo, as mans que agarren os mandos deben estar acordes 100% coa cabeza, imaxinade que unha persoa caiga nun despiste de calquer barco, mil vidas teña. Polo demáis, son moi necesarias, varias delas fan servizo de socorrismo si se precisaran, lobos de mar como Manolo de Gelines ou Toñito están a pé de cañón velando pola seguridade. Non ven mal congregar a todos os patróns de Camariñas establecendo unhas normas e conductas que ás veces superan os límites da seguridade e respeto incluso á Reina dos Mares, antigamente non se adiantaba ao barco que leva á virxe na ida e rumbo a Muxía. Si algún día pasa algo, Dios non o queira, podemos estar seguros que as procesións por mar serían eliminadas rotundamente. Estimados lectores, gracias pola vosa participación nesta e demáis enquisas.