Páginas

martes, 9 de agosto de 2011



Unha Pausa e quizás un Stop de Camariñas Directo





Foto: Cooperación y Desarroyo

Fai escasas semanas un gran amigo meu plantexábame a posibilidade de retornar aos orixes dos nosos mares por internet, evidentemente non puden comprometerme a colaborar porque sabía que tarde ou cedo acabaría xirando o rumbo laboral e hoxe, a escasas horas de tal rumbo non me queda outra que ante a fidelidade dos lectores que cada día entrábades en Camariñas Directo,  decirvos que por uns días ou mellor dito semanas, non poderei actualizar acontecemento algún do noso concello por atoparme a unha distancia bastante considerable de Camariñas e de España.


miércoles, 3 de agosto de 2011

A Copa do Mundo e Sanchís xa saben como é por dentro a Casa de Pedra de Camariñas


Protección Civil e a Policía Local custodiando a copa de ouro
Estaba o día anunciado pero podería tocala Sergio Ramos ou calquer outro e nun descuido non chegar intacta pero por fin chegou a Copa do Mundo a Camariñas en perfectas condicións, esa que tanto fixo vibrar ás almas nacionais en todos os currunchos onde había unha pantalla para poder ver a finalísima de Sudáfrica e que por primeira vez España proclamaríase Campiona do Mundo. Ata a casa de pedra acercouse Manolo Sanchís despois de que a cabeza pensante do mundo do deporte no noso concello "Juanillo" o fora buscar antes de partir hacia a Pobra do Caramiñal, o exdefensa do Real Madrid que como o fixo o ano pasado, atracou o seu iate no Club Náutico de Camariñas e foi a degustar un sabrosísimo marisco e arroz ao Restaurante Puerto Arnela. Confeso enamorado de Camariñas e do Arnela confirmáballe a Moncho que o vindeiro ano volverá por terceira vez consecutiva pola nosa vila. Quedan poucas horas para que a dourada bola terrestre que reposa nun fermoso mantel de encaixe abandone a nosa terra, este recuncho galego que che brinda a oportunidade de ir a plasmar un recordo incomparable no mundo do fútbol...


martes, 2 de agosto de 2011

A draga Vidal Cuarto está en Camariñas preparando os fondos do peirao onde se van asentar máis de 140 bloques de formigón

O Vidal Cuarto ten 43 metros de eslora.Foto: Camariñas directo
Chegou a Camariñas a draga que se encargará de preparar a infraestructura na cal se van asentar os máis de 140 bloques de formigón de máis de 30.000 kilos cada un que están depositados agora mesmo encima da pista do peirao a cal soporta actualmente máis de 4 millóns de kilos de peso. Os  traballos  do Vidal Cuarto consistirán en retirar fango e  pedras do fondo mariño e ao mesmo tempo aproveitar o que se drague para acompañar ás máis de 134.000 toneladas de áridos que se levan depositando ao longo da cala que se vai aumentar 135 metros de lonxitude por 35 de ancho.  Esta obra de 3´2 millóns de euros está cofinanciada con Fondos Europeos e a Xunta.

lunes, 1 de agosto de 2011

Este Domingo o porto de Camariñas recibía a visita dos barcos dos nosos veciños de Muxía

Na imaxe o barco Farelo  portando a Virxe do Carme
Como ven sendo habitual entre estes dous pobos amigos e veciños, amigos para satisfacción de todos por ámbalas partes e cada xeración máis, comparten as mesmas augas, as mesmas tempestades, os mesmos anticiclóns de cara o Océano e a mesma forma de honrar á Reina dos Mares. Hoxe Domingo e despois da misa no porto muxián na honra da patrona dos mariñeiros, partían a eso da unha da tarde coa súa procesión marítima que ten o seu punto de retorno na mesma rada do porto de Camariñas ao igual que a procesión camariñana ten o mesmo punto de retorno no porto de Muxía. Unha traca era disparada dende a Pta da Carnicería e as persoas que se decataban ían cara a lonxa vella e ao longo do paseo marítimo para ver a preciosa estampa mariñeira que formaban os reducidos pero de gran porte,  barcos de Muxía. Cerran así este Domingo as súas festas do Carme 2011 e de seguro estarán preparando con moito sacrifizo as vindeiras e admiradas Festas da Barca. Xestos como os de hoxe levan practicándose dende moitísimos anos e a verdade é unha ledicia ver como seguen conservándose estas tradicións.