Páginas

jueves, 26 de enero de 2012

Curiosidades: Varias crias de gaviota reposan nunha laxa do peirao camariñán

O tamaño das crías apena supera o dos ovos
Resulta un tanto curiosa a estampa que estes días se pode apreciar nunha laxa que hai no peirao de Camariñas. Normalmente as crías en cautividade das aves máis sucias e compañeiras dos mariñeiros, de nome científico Láridos-Larus e vulgarmente coñecidas como gaviotas depositan os seus ovos no Vilán de fora e antes de acadar o tamaño dos carraos (como se coñecen as gaviotas pequenas en Camariñas) onde xa poden voar e alimentarse  por sí solas, acostuman a sobrevoar os acantilados do faro Vilán asomándose de cando en vez pola vila. Neste caso e despois de contrastalo con varios mariñeiros, nunca se apreciou unha mada de apenas crías e no mesmo lugar varios días consecutivos. Quen sabe, quizás sexan máis civilizadas que as súas proxenitoras e aprendan máis e mellor a vivir entre a sociedade e oxalá non sexan tan porcas como as actuais, canto máis lles das de comer, máis che cagan onde sexa, moi común tamén ás veces no ser humano...

 

lunes, 23 de enero de 2012

Cae empicado o prezo do polbo cunha baixada de case 2 euros en kilo en menos dun mes

Despois de que o mellor cefalópodo do mundo repuntara en canto a prezos a verdade sexa dita máis elevados do esperado, comenza a súa baixada (non se saben ben as razóns) onde en escasas semanas (anunciado xa por algún comprador) foi reducindo o seu prezo en case 2 euros kilo en todos os exemplares. Normalmente as cotizacións nos productos pesqueiros suben e baixan segundo a cantidade de capturas e o máis óptimo estado das mesmas pero resulta curioso o mercado do cefalópodo nestes momentos en excelentes condicións e ata o mes de Maio onde cunha probabilidade moi alta será o inicio da veda e que se prolongará ata o mes de Xullo.

viernes, 20 de enero de 2012

O cerqueiro camariñán "Pedra do Mar" despídese do noso porto e toma rumbo a Malpica

O Pedra do Mar abandonando hoxe o porto camariñán
Esta mesma tarde o redeiro de Camariñas  Pedra do Mar abandonaba a golpe de bocina o noso porto e tomaba rumbo a Malpica. A mítica familia malpicana dos Rivera son os novos propietarios deste gran barco propiedade dos Siros ata esta semana. O Pedra ten algo máis de 16 metros de eslora e está construído con robusta madeira e un potente motor, pronto cumplirá 37 anos. Resulta curioso o destino nómada que o Pedra do Mar leva pasado dende a súa entrada en servizo, despois de ser botado en Malpica trocou de donos varias veces pasando polos portos de Sada, Cariño e Camariñas e agora retornando de novo ao porto malpicán. Longa  vida a deste gran redeiro que será sustituído "Atentos nos próximos días" por un barco de aceiro de máis de 25 metros de eslora e a punto de cumplir 16 anos de vida. A tamén mítica familia camariñana de Eduardo Campaña e Fina máis coñecidos como os Siros pola súa gran experiencia no mundo do mar, reforzarán máis se cabe a gran flota camariñana con outro impresionante redeiro, o Xurel Uno. Xa se decía aquí non fai moito tempo que a Pesca segue viva no porto da vila dos Encaixes e oxalá perdure por moito tempo. Que teñas sempre bos ventos "Pedra".

viernes, 6 de enero de 2012

A flota de baixura de Camariñas volve a pedir surtidores para abastecerse de combustible

Na imaxe parte da flota de Camariñas
De que corren tempos de crise é evidente, tanto como necesarias son ás veces certas actuacións políticas para non se sabe que fins pero aquí do que se trata é dunha realidade que comeza a esgotar a paciencia (por primeira vez) dos mesmos mariñeiros a pé de porto e co apoio moral dun prestixioso xornal que comprenden perfectamente ás necesidades reais para axudar a loitar contra as adversidades actuais que sofre o sector . Aquí, en Galicia, onde a flota de baixura sobre todo artesanal é importantísima para o desenrolo da Costa da Morte estamos sufrindo un enorme revés co desproporcionado gasto en comparación de outras Confrarías do Norte de Galicia pagando xustamente o doble no precio da gasolina que se necesita para poder traballar no mar. Non se trata de localismos de para onde terían que ir estes servizos indispensables, tan só Camariñas con Camelle, Arou, Sta Mariña e como non Muxía, concentran máis embarcacións que en ningún outro porto pesqueiro . Localismos en todo caso por parte de quen pretenda apoiarse nun cargo para facer as cousas por favoritismo pero lonxe da realidade. Camariñas é un dos poucos (Quizáis o único) portos pesqueiros que crece e faino con xente xóven que aposta por unha profesión cada vez máis extinguida entre a sociedade actual e se non "collan listas de buques e comproben." Inexplicablemente Camariñas non ten surtidores de gasolina para os foraborda e demáis motores auxiliares para a levantada de aparellos desde aqueles que antigamente sí había na era do Franquismo. Pincha na noticia para ver o enlace que hoxe sae publicado no xornal citado e as razóns máis lóxicas para os armadores camariñáns perxudicados que calquera ser humano sin propaganda electoral ve claramente....

jueves, 5 de enero de 2012

Camariñas directo regresa ao seu orixe a partires de mañán día 6 de Xaneiro

Como todos vós sabedes, fai uns meses escasos este que escribe desconectou unhas semanas por motivos laborables e unha vez asentado de novo nas nosas orixes teño que decirvos que a pesares de que non será actualidade como antes, estaremos en contacto cos temas que se vexan interesantes para nós...¿Por qué digo esto?...Pola simple razón de que a pesares de estar este humilde blog un lote de semanas parado, sodes varios os que seguides entrando e iso arrimado a que varios mariñeiros e armadores que conectaban e siguen conectando con Camariñas Directo queren ver algo escrito por aquí, independentemente de todo o que se coce ao noso arredor, pois "vamos allá". Ben estimados lectores , colegas de profesión, navegamos xuntos polo mar e cousas da vida moderna tamén o facemos por estes mares. "Va por ustedes "aínda que sexa máis esporádicamente...Un pouco de tinta con olor a salitre.