Páginas

jueves, 5 de enero de 2012

Camariñas directo regresa ao seu orixe a partires de mañán día 6 de Xaneiro

Como todos vós sabedes, fai uns meses escasos este que escribe desconectou unhas semanas por motivos laborables e unha vez asentado de novo nas nosas orixes teño que decirvos que a pesares de que non será actualidade como antes, estaremos en contacto cos temas que se vexan interesantes para nós...¿Por qué digo esto?...Pola simple razón de que a pesares de estar este humilde blog un lote de semanas parado, sodes varios os que seguides entrando e iso arrimado a que varios mariñeiros e armadores que conectaban e siguen conectando con Camariñas Directo queren ver algo escrito por aquí, independentemente de todo o que se coce ao noso arredor, pois "vamos allá". Ben estimados lectores , colegas de profesión, navegamos xuntos polo mar e cousas da vida moderna tamén o facemos por estes mares. "Va por ustedes "aínda que sexa máis esporádicamente...Un pouco de tinta con olor a salitre.


Xa mo decía un querido amigo e redactor dun diario da Costa da Morte nas gradas do Hermanas Patiño vendo xogar ao seu fillo que Camariñas tiña un toque especial nesto da internet, especial no número de asíduos lectores, páxinas, blogs etc nun concello das nosas dimensións.
 Cando un leva leído e escrito tropecentas mil cousas e ás veces tendo que escoitar cousas non agradables por unha palabra que tiña que ir no medio e non atrás ou diante,ou que se interprete políticamente (deso hai moito), pois quedas así medio en stambay e a pereza unha vez parastes de facer algo vaise prolongando anque realmente neste caso o único factor a poder ou non escribir é a dedidación ao noso traballo, as veces libre de tempo e outras sen apenas tempo libre...despois tamén te vas atopando como é o caso en cuestión, con persoas de boa fe que che preguntan cando vas poñer algo novo, ou xa non poñes nada máis e lles miras a cara  e sorprendentemente lle espetas un "e lojo ti tamén leías por aquí" e un pouco abraiado che espetan un sí..."pero non me justa opinar eh"...e en parte con toda razón do mundo pero aquí estimados compañeir@s mentres sexa con respeto sempre serán ben recibidos os vosos comentarios, a vosa voz, a nosa voz , as nosas inquietudes constructivas e sempre polo ben colectivo de todo un pobo. Sen máis, recibide un saúdo desde o corazón de Camariñas.

2 comentarios:

  1. que rejalo mais bo nos truxo os reis majos.benvido compañeiro.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo