Páginas

domingo, 26 de febrero de 2012

O surtidor de gasolina para embarcacións artesanais cada día está máis preto

O xefe de Repsol na caseta que presta servizo aos barcos
Foi na tarde de onte cando un dos xefes de Repsol estaba medindo o sitio onde se vai ubicar o surtidor de gasolina para as embarcacións de todo o concello de Camariñas e Muxía. Javier, que representa á potente compañía de hidrocarburos na nosa provincia confirmoulle a este que redacta que será cuestión de dias ou escasas semanas cando definitivamente se establezca o tan necesitado surtidor. Estes vindeiros días vaise facer a limpeza do tanque que xa está subterrado e colocar a base ca tubería. Por comodidade e polo prezo (nestos momentos é case inviable encender motores), que agora axustarase á realidade equiparando con igualdade un mariñeiro da nosa zona con un  da capital por poñer un exemplo. Sin dudas será a máis pequena inversión no  noso porto e á vez a máis importante para a potente flota artesanal da que está composta a flota de todo o concello (faltaría ultimar o servizo móbil para Sta Mariña, Camelle e Arou cun simple acordo). Primeiro a Confraría de Pescadores de Camelle e Camariñas e despois o sector a pé de prensa, posiblemente consigamos a tan necesitada mangueira de gasolina, dise posiblemente porque neste caso non se trata de políticos, estos non todos nin sempre cumplen, Repsol previo acordo con Industria, esperamos con ilusión e forzas que sí o fagan. Dito surtidor é imprescindible para as máis de 100 familias que dependen de forabordas no seu medio de vida.

sábado, 25 de febrero de 2012

Os redeiros Lago Dos e Río Bao tamén partiron hoxe rumbo ao País Vasco

Na imaxe Reira, lembrando a súa marinería no Lago Dos
Este mediodía partían do porto de Camariñas rumbo ao País Vasco os redeiros patroneados polos irmáns Carlos e Manuel Campaña Carril, o Lago Dos e Río Bao respectivamente. Prácticamente eran dos poucos barcos que quedaron cando a semana pasada partiran xa oito barcos da flota camariñana. Navegarán con tempo en calma e si todo vai ben o próximo luns atoparanse cos demáis veciños da vila e intentarán largar xa as súas redes. O tope a nivel nacional da xarda que supostamente moi pronto vai rematar, foi unha das razóns máis determinantes para que centos de barcos galegos tiveran que poñer rumbo ao Mar Cantábrico, entre eles os de Camariñas. Nun principio estaba previsto que os caladoiros de Santoña, en Santander, foran o rumbo nómada ou exacto para quedarse pero a xarda estaba algo máis arriba e a flota camariñana desplazouse a Pasajes e limítrofes do País Vasco. A afinidade dos vascos cos mariñeiros galegos tamén son unha zafa a ter en conta para poder así traballar máis cómodos. O Panchita e Apóstol (O Argentino no paro), son dos poucos barcos que este ano decidiron quedarse aquí. A este paso...nin barcos nin xente (provisionalmente claro)...anque bueno, todo sexa por progresar. Sorte a todos os pescadores en especial aos camariñáns e Xarda a la vista!!...

viernes, 24 de febrero de 2012

Billetes falsos de 20 e 10 euros xa circulan pola nosa zona


Na imaxe billetes de curso legal
Fai escasas semanas o rum rum de que billetes falsos de cantidades pequenas estaban  circulando por Camariñas facíase latente nun coñecido supermercado da nosa vila. Anteriormente a práctica máis común dos estafadores era poñer en circulación billetes de 50 euros de curso ilegal. Unha vez descuberta esa práctica, non se sabe si os mesmos, agora apostan por billetes de menor cuantía e así poder introducir algún de 20 e 10 euros. Estano a facer en supermercados pero tamén en locales de ocio sobre todo nocturnos. Que nadie se fíe porque pode aparecer no bolsillo de calquera un destes billetes. A Policía Nacional xa ten coñecemento dos feitos e están a analizar o último billete aparecido en Muxía. 

lunes, 20 de febrero de 2012

Os maniquíes xa triunfan na construcción da autovía da Costa da Morte


O maniquí cumple cas normas de seguridade
Resulta un tanto curiosa a estampa que calquera que viaxe ata Coristanco pode apreciar a ambos lados da carretera AC-552, a única vía de comunicación que existe na Costa da Morte. Un maniquí que a primeira vista parece un obreiro, bandeira en man anda advertindo precaución, perfectamente articulado, equipado con un casco e  unha funda de alta visibilidade, manda ao paro a un home e fai o seu traballo perfectamente sin asalariar e a pé de cañón a altura de Nantón. Parece ser que as obras van a bo ritmo, o bo tempo está axudando a que o trazado da que será unha vía de alta capacidade ata Berdoias poida estar finiquitada no verán do 2013. As empresas do consorcio terán unha concesión de 25 anos para poder recuperar os máis de 700 millóns de euros que custa a tan necesaria obra. As estadísticas din que diariamente circulan máis de 15 mil vehículos e máis da metade usarán a autovía, reduciranse uns 15 minutos desde Vimianzo a Carballo. Os case 42 km enlazarán nun futuro con dúas variantes, unha que enlazará con Sardiñeiro (Fisterra) e outra co porto de Brens (aínda sin trazar). O dito, que si estás vivindo por aquí xa estarás canso de ver aos maniquíes traballando pero si levas un tempo fora xa ves.

sábado, 18 de febrero de 2012

Parte da gran flota de Camariñas tomou rumbo ao cantábrico esta madrugada e pescarán ao verdel

O Playa de Traba facendo víveres antes de partir
Esta noite pasada partían do porto camariñán varios redeiros da gran flota que dispón o porto da vila dos encaixes. O Cupido,4º Cabo Naval e o Muro de Fontán xa van navegando as case 300 millas de distancia que hai ata o punto de pesca. Xa na mañanciña, o Playa de Traba (patroneado polo estimado Juán "O Jordo" e parente desta redacción), o Baldomar Santos e o Gómez Suárez (patroneado polo patrón maior de Camariñas) tamén tomaban o mesmo rumbo pero ca excepción de que estos barcos van a practicar por primeira vez en Camariñas, unha modalidade de pesca innovadora para poder facerse cuns kilos de cabala, máis coñecida como xarda. O Siro segundo e o Xurel uno partirán a mediodía. As razóns principais de que parte da flota deste recuncho da Costa da Morte e tamén doutras confrarías das rías baixas (van máis de 400 barcos de todos os tamaños) tiveran que tomar rumbo a augas santanderinas e vascas a pescar xarda son que ao tratarse dun peixe peláxico e migratorio, é dicir, comeza a aparecer polo norte de España e máis tarde o que se pode safar sin ser pescado aparecería polas augas galegas, ten un cupo e ese cupo xa o esgotan antes de que os galegos poidamos atrapar o preciado peixe e polo tanto aquí sería a velas vir ou prantarse onde estean os bancos de peixe. O cerco de todos é coñecido e practicado moi comunmente pero a modalidade do  verdel, trata de pescar con anzois nunha espiñeira (uns 30 anzois xuntos) e uns carreteles que son accionados por un tripulante e automáticamente a xarda vai desenganchándose por unha canaleta inxeniada para dito fin é novedizo para os mariñeiros daquí. Camariñáns, que teñades moi bos ventos e moita sorte, boa pesca por Santoña e limítrofes e quen sabe, quizáis para o ano se multiplique a flota...

miércoles, 15 de febrero de 2012

A embarcación Piruco afundíu esta mañá e afortunadamente todo quedou nun susto

Lugar e momento do naufraxio. Fotos Camariñas Directo
Esta mañá, exactamente ás 10:30, con ventos moderados de Nordés escoitábamos a Toñito, un dos mellores ranas da Costa da Morte e compañeiro dos compañeiros onde os haxa pedir auxilio polo V.H.F (radio marina). O canal 6 que é por onde nos comunicamos sobre todo os pescadores de Camariñas emitía as desesperadas palabras de Toñito antes de que a súa lancha de 6 metros de eslora se fora a pique. Chamando insistentemente por Jose Manuel, a lancha Mary era a embarcación que máis preto se atopaba, mentres, o experto nadador vía como non podía facer nada para controlar a súa lancha de fibra que nese momento levaba unha cacea de nasas de pulpo para un punto da costa máis abrigado, foi despois cando as embarcacións Nautil, patroneada por outro gran rana, O Rubio, a María Teresa (Pedro o coco), a Jema (patroneada por este redactor) e o barco Vicanso (patroneado por Santiago e Juán)  poñíamos palanca a fondo e prantábamonos alí en 5 minutos,  Jose Manuel e o seu cuñado Jesús tiñan xa a salvo a Toñito abordo, o náufrago aínda tivo que actuar de novo para soltar os cabos das nasas liadas e facer firme outro cabo para que o barco Vicanso remolcara a Piruco ata a rampa que hai no Club Náutico. Desde o punto do naufraxio (exactamente á altura do Cabezo), por fora da liña da Ría de Camariñas a embarcación que se aguantaba semiafundida polas burbullas de aire da proa era recuperada e agora reposa ata poñerse a punto no taller correspondente. Todo quedou nun susto afortunadamente gracias a destreza de Toñito e a rapidez da embarción Mary, unha rapidez e compañerismo sin fin nun charco oceánico onde todos nos vemos as caras e onde non hai crédito a ningunha discrepancia cando se trata de naufraxios ou ter que axudar no que sexa e a quen sexa. Como punto negativo, a rampa do Náutico (a única onde se pode usar o carro) está case sempre ocupada e necesítase dunha zona que estea libre TOTAL para casos de emerxencia...

sábado, 11 de febrero de 2012

O cabo máis occidental de España podería ser invadido polo sector acuícola

Foto e fonte: Quepasanacosta
Lembrades aquela loita de debates de si era mellor conservar virxe e protexer a nosa costa ou pasar algún toxo por alto e crear emprego?...Debates aparte, xa é unha realidade e no punto de mira dos emprendedores do sector acuícula xa está o cabo máis occidental da nosa querida España, Touriñán, pertencente á vila da Barca (non a Fisterra). Pescanova que xa ten adquiridos terreos en plena Rede Natura e nun paraxe dos mellor conservados da Costa da Morte pode instalarse alí cando o vexa oportuno a partires de Outubro e comezar a explotar os máis de 350.000 metros cadrados que tiña previstos. Desde Mar, Rosa Quintana asegura que se respetarán de forma equilibrada ditos proxectos no referente ao impacto medio ambiental nunha zona catalogada con nivel 4 a pesares de que máis da metade dos terreos adquiridos ocuparían terreo altamente protexido, co nivel máximo imposto pola UE. A Universidade de Santiago e Adega entre outros non están a favor deste tipo de proxectos, e ti...Qué opinas?...instalarase alguén na situación actual de crise?...Esperarán por unhas boas axudas estatales ou mellor dito, Europeas?...Félix Porto, alcalde de Muxía pronunciouse en varios medios a favor deste tipo de inversións para intentar frear tanto desemprego e vendo este tipo de iniciativas como favorables e futuristas, os estudos calculan que nun futuro próximo o 40% do peixe consumido no mundo será criado en piscifactorías. Mentres tanto, en Camariñas, por poñer un exemplo, canta axuda terían que ter os emprendedores do mar, un redeiro xenera case un cuarto de traballadores da plantila fixa que poidan xerar empresas deste tipo e con axudas de varios millóns de euros ás súas costas...De todas formas sexan sempre benvidos os traballos por unha costa históricamente abandonada á súa sorte.

viernes, 10 de febrero de 2012

A ola de frío polar e os fortes ventos de nordeste seguirán con nós a semana que ven

Frío, fame e pelo. Este dito que moitas veces se escoita polos mundos mariñeiros cando o inverno está na porta parece ser que está instalado nas entrañas do Río Grande en forma de neveira e que inexplicablemente  non da marchado de onda nós. Remitímonos ás palabras dun gran amigo e colega de profesión, O Rancho onde irónicamente lle espetaba esta tarde a este que escribe que posiblemente os conxeladores de Gallego Pereira ou Ezequiel sexan os culpables (en parte) da atracción desta ola de frío polar procedente de Siberia e Asia Central e que se produce cada sete anos, constatado desde a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Con máis de 200 mortos en Europa esta ola de frío está considerada como a máis severa desde os anos 50. Os 10 grados negativos que se rexistraron nos montes de Ourense produciron a sensación de -20 polo forte vento de nordés. Por aquí, pola costa a temperatura non chegará a 10 grados pero a sensación de frío será moito maior en parte tamén pola forza de vento moderado de nordés que se espera nos próximos días, fin de semana incluída, non imaxina un o frío que habería si ca humidade que reina nos portos de mar, semejantes temperaturas se instalaran entre nós...

sábado, 4 de febrero de 2012

O redeiro Xurel Uno deixa impactados a mariñeiros e demáis visitantes que se asoman ao porto de Camariñas

Espectación máxima esta mañá no peirao de fóra e todo porque na tarde de onte atracaba no porto camariñán o redeiro máis impresionante na historia da pesca na modalidade de cerco na vila dos encaixes. A familia Campaña Lista, coñecidos popularmente como os Siros, unha familia que saca a base do seu sudor e sabiduría neste tipo de arte de pesca dúas empresas flotantes (tres se contamos a Eduardo fillo) nas cales empregan directamente a máis de 20 familias e armadores tamén doutro barco mítico na nosa costa, o Siro Segundo engrosan agora máis a lista da potente flota que nos últimos anos se foi reforzando considerablemente e convertindo ao porto de Camariñas como o máis importante da Costa da Morte (sen sacarlle mérito algún aos demáis portos). O Xurel Uno está equipado con todo tipo de aparellos técnicos de pesca, tan só mirar encima da moderna e sofisticada ponte de mando, a multitude de antenas destapan o que este impresionante buque de pesca leva dentro. Decorado interiormente cunha exquisita madeira, duchas, catres de última xeración, neveras, conxeladores e demáis electrodomésticos dos que consta unha propia casa completan o que necesita un barco para rozar a perfección. Equipado con dúas potentes grúas e un potente motor, o Xurel Uno estase metendo a punto da man do seu patrón, o Siro (fillo)e de seguro moi pronto estará pescando por calquer auga,  posiblemente surque os mares do norte en busca de xarda, con un barco así un pode dar a volta ao mundo. Moita sorte e que corran sempre bos ventos Xurel...
 

viernes, 3 de febrero de 2012

Cales son os nomes e apelidos máis frecuentes no Concello de Camariñas?

Quesignificaelapellido.com
Si che preguntaran a bote pronto cal cres que é o apelido  ou nome máis usado no Concello de Camariñas pensarías que nos primeiros postos están os Mouzo?...pola metade da táboa estarían os Carril e  baixando postos os Campaña, cerran lista os Pose e Antelo. Pola parte dos nomes masculinos nos primeiros postos están os Manuel e Jose...pola metade da lista os Enrique e Carlos e pola parte baixa os Roberto, David e Marcos. As mulleres teñen nos postos darriba as Carmen e María...na metade das estadísticas as Josefa e María Teresa e cerrando a lista pola parte baixa as Sara e Rosa. Se por casualidade queres saber con exactitude o baremo do IGE pincha na noticia e comproba qué lugar atopa o teu. Personalmente sempre creín que os máis utilizados eran outros, ben polo bulto que fan ou polo que se deixan ver anque claro, o concello é todo que hai nas diferentes parroquias...