Páginas

viernes, 30 de marzo de 2012

A primavera fai que aumente a presenza de nutrias no pantalán da fachada marítima

A nutria arrastrando unha xarda
Ata dúas parellas de nutrias foron vistas a media noite de hoxe nos pantaláns que están situados na fachada marítima de Camariñas. Xuntas e devorando as súas presas (xardas) que sempre atrapan cas patas dianteiras, soamente se viron asustadas por uns instantes cando detectaron a presenza de mariñeiros que se dirixían aos seus barcos. Catalogadas en algunha zona do mundo como en peligro de extinción, en Camariñas é moi común velas especialmente durante esta época do ano onde incluso poñen as crías abordo de chalanas en desuso. Cando se deixan ver tan descaradamente solen estár en celo e acaban de parir, normalmente dúas ou tres crías ao ano, cegas e sin dentes, non saen da zona onde naceron ata pasar dous anos que é cando buscan o seu territorio. Estes animais poden estar máis de 5 minutos baixo a auga sen respirar e nadan a velocidades que alcanzan os 15 kilómetros hora. Grandes trepadoras como demostraron na noite de hoxe tirándose ao mar e subindo en segundos e a escasos metros amosando a cabeza para controlar a certo patrón (son inofensivas pero canto máis lonxe mellor) e ansiosas a que marcháramos non deixándose fotografiar ben, non querían luz e tiñan banquete. Outra vez será.

miércoles, 28 de marzo de 2012

O container de basura de Lago xa respira adecuadamente

Fai escasos días recibíase unha foto denuncia que unha vez comprobada in situ resultaba ser unha sucia realidade. Tampouco é que sexa grave pero por si acaso estaba olvidado, o único obxetivo era a tan doada solución, vaciar a basura acumulada no container situado á mesma entrada da praia de Lago. Agora, e unha vez comprobado (por casualidade) é o noso dereito publicar que o sufrido recipente foi vaciado correctamente polos servizos de limpeza do concello de Camariñas. Tampouco é que sexa normal revisalo a diario, hai poucas vivendas de fin de semana alí pero de cando en vez un repaso por todos os lugares onde hai depositados containers é necesario. Camariñas, lamentablemente recicla moi pouco, prácticamente vai todo para a basura. Atrás quedan aqueles tempos onde os restos alimenticios eran aproveitados para a cría de animais, abono de leiras, etc.

Mañán Xoves Folga Xeral da nosa Bisbarra cunha concentración en Cee ás 12


Foto0887.grande
Foto: http://www.anosacosta.com/
Xa estaba cantado de que os únicos responsables da actual crise europea éramos os traballadores comúns, os máis vulnerables á hora de ir sembrando pequenas limosnas (para eles) que se van convertindo en grandes fortunas, as mesmas que certos políticos, avispados empresarios, duques, ministros, alcaldes de grandes urbes, meteduras de pata cos reis do petróleo indo a apoiar guerras absurdas co posterior levantamento de ampollas daninas hacia os españois encarecendo a materia prima de TODO, iva, comparacións pintorescas con países de por sempre moito máis desenvolvidos co noso (como Alemaña) equiparando nun futuro os gastos (non o soldo base) dos autodidactas españois coa potente industria alemana, etc, etc, etc. Subida de luz por aquí, recortes nos servizos públicos máis indispensables para os desfavorecidos por alá, medidas laborais camiñando para atrás (segundo os expertos) e a saber o que ven por diante (de momento oculto), fixo que mañán toda España, neste caso Galicia con concentracións principalmente á mesma hora en  Vigo, Santiago, Coruña e a Costa da Morte (en Cee ás 12,00 h.) salga en masa as rúas para decir BASTA XA. Non sería mellor investigar a desfeita que principalmente fixeron os bancos e inmobiliarias con nós e os responsables devolveran todo canto beneficio levaron a paraisos fiscais?. Todos estos miles de millóns de euros serían os que non teríamos que desembolsar os humildes traballadores, pero bueno, a culpa é toda nosa, dahí a responsabilidade cidadá de ter que pagar. E cando España vaia ben (vamos para rato), repartirán os beneficios con nós?. Pois claro que sí. Este Xoves Manifestación Folga Xeral en Cee ás 12,00 h.

lunes, 26 de marzo de 2012

Miles de persoas claman poder entrar nos faros e ver as súas potentes lentes


A explanada do faro villano na pasada Semana Santa
Todos os anos pasan centos de persoas que se van acumulando co tempo en miles e incriblemente seguimos ca mesma  historia de sempre á hora de respostarlle a todo visitante que se achega aos nosos acantilados o ¿por qué non se pode entrar a ver o Faro Villano?. Este ano e según diversas informacións, o Faro de Touriñán, en Muxía, abrirá as súas portas en Semana Santa. Aparte de esta iniciativa levada a cabo polos nosos veciños co apoio de Neria e cas negociacións pertinentes ca autoridade competente van aparelladas a outras bastante apetecibles para calquer cidadán que queira ver os últimos raios de sol en toda Europa nun enclave único...a Costa da Morte vendendo un valor incanculable como é a morte do Sol neste recuncho galego, impactante posta para todo aquel que o vexa por primeira vez. Todas estas ideas e moitísimas máis que se poderían levar a cabo para que os turistas, os miles de turistas que se asoman á nosa costa vaian cunha axenda máis rica culturalmente, vense abocados pola decepción de non poder entrar no noso faro (entre outros). Poñen como exemplo á Finisterre Bretona onde por 3 euros podes ver as lentes dos faros. Aquí, onde podemos presumir, pola calidade, historia e importancia dos nosos, nada de nada (agás Fisterra). Quedan eses privilexios para amigos e coñecidos de calquera fareiro. Un convenio coa Autoridade Portuaria non inclúe traballo extra para os torreiros, é lóxico, non están para facer de guías turísticos pero persoas que están no paro poderían facer ese papel perfectamente e sería viable. Mentres tanto e a pesares de que a xente está disposta a pagar por entrar nestas xoias marítimas ten que conformarse con velo a tropecentos metros, e menos mal que hoxe hai móbiles senón nin unha postal dispoñible. Eche o que hai

domingo, 25 de marzo de 2012

Armadores de Laxe veñen de unirse para abaratar custes nas revisións de seguridade dos barcos

Na tarde de onte un armador de Malpica mencionábanos que mediante a Confraría de Pescadores viñan de facer un seguro colectivo para a case totalidade da flota malpicana. Cuns descontos que poden acadar un 20% nas súas pólizas en Laxe tamén seguiron as mesmas pautas de unión pero neste caso para as revisións  obrigatorias que os barcos deben pasar en canto a seguridade e salvamento. Como media e dependendo da tonelaxe e número de tripulantes enrolados, un pesqueiro paga  por estas revisións uns 1300 euros anuais. Agora e despois de unificarse unhas dúas ducias de armadores, os descontos alcanzan case un 40%, uns 300 euros menos ao ano cada barco por revisar chalecos e balsa salvavidas. Os mesmos armadores non descartan comprar á mesma empresa todo o equipo necesario que precisa un pesqueiro e os descontos para os novos productos (bengalas, etc) alcanzan o 30%.  Non está nada  mal.

jueves, 22 de marzo de 2012

Comezaron as obras para a instalación do surtidor de gasolina en Camariñas

Vós pensades que van a facer algo? Non vivades de ilusións, incluso se di que poden sacar as subvencións do gas-oil dos barcos de maior porte con esto da crise. Entre todos podemos (eso que unha asociación de armadores de pesca artesanal en Camariñas brilla pola súa ausencia) e polo visto foi favorable dunha vez por todas o tan ansiado surtidor para os motores profesionais que funcionan a gasolina. Cunha bonificación que pode acadar un 50% no prezo do litro de combustible (non pagaríamos impostos de luxo aplicados a turismos) esta é sin dúbida a mellor medida posible para dar osíxeno a un sector cada día máis castigado en Bruselas onde polo visto non están ben orientados da realidade que supón a importancia deste colectivo de armadores galegos nas economías das vilas pesqueiras  nin equiparar as formas de pescar en altura con baixura onde tamén xeneran un importantísimo número de postos de traballo directos e indirectos. Cunha reforma da PCP (política común pesqueira) para os vindeiros anos que castigará duramente as diversas formas de traballar no mar. Cunha consellería de Pesca que tanto a nivel nacional como autonómica está sendo compartida no nome e na mesa con Medio ambiente e Rural e cun futuro bastante incerto ata que se vaian esclarendo as intencións da comisaria de pesca comunitaria. Son moitos os temas pendentes a debatir e probablemente o sector non teña moita voz (ou reunións), quizáis sexamos os que menos pintemos pero aquí estamos. De momento, e ao que íamos, hoxe pola mañán comezaron a facer as zanjas para colocar as mangueiras, revisións dos tanques, desgasificación, reparación dunha fuga e instalación do surtidor que faltaba. Agora, responsabilidade total por parte de todo o sector, xa nos entendemos.

miércoles, 21 de marzo de 2012

Un container de basura destartalado aguanta a desidia na praia de Lago


É case imposible controlar algo que relativamente está fora de man, neste caso fora do núcleo urbano. Unha semana, dúas, tres e así sucesivamente son as que leva un container repleto de basura nos areais de Lago. Cada día máis destartalado, este recipente xa sufríu o vandalismo por parte dalgún cómic@ cando fora queimado pola parte baixa e sendo reparado por unha cadrilla de limpeza veraniega cun parche verde perfectamente adosado. Hai quen nace en gracia e vicebersa e neste caso é a segunda. Que pensaría o pobre container cando fai uns días pasaron por alí uns traballadores a poñer unha sinalización turística perfectamente acorde co medio e despois se esfumaban cerrando a boca e procurando respirar pola nariz o nauseabundo aroma. E o camión que sempre o recollía?, quizáis con esto da crise non pudo ou non pode facer ese escaso kilómetro que o separa das últimas casas da carretera do faro. Mentres tanto, aguanta como malamente pode ás embestidas dos ventos, inclinado e soportando como todo bo loitador o equilibrio.

martes, 20 de marzo de 2012

A crise está favorecendo á cotización dos peixes peláxicos especialmente sardiñas e xurelos

Normalmente sole pasar de que no medio de algo malo hai algo bo e con esto da crise a cotización nos peixes de menor valor comercial foi collendo un repunte considerado e todo a raíz de que con menos diñeiro unha familia leva máis peixe para a súa casa. De esto despréndense as conclusións de varios profesionais do sector redeiro. Nestes meses do que vai de ano a cotización media da sardiña  nos portos galegos aumentou dos 0,70 céntimos (do exercicio anterior) a máis de 1 euro o kilo deste Xaneiro e Febreiro, precios máis habituais do verán que é cando a sardiña ten grasa e está no seu punto. Con unhas capturas inferiores ás do ano pasado a facturación é superior. O porto no que máis sardiña se descargou foi Portosín (300 Tn.) e no porto herculino algo máis de 100 Tn. O patrón maior de Portosín recalca que o peixe peláxico foi notando o repunte trás o Prestige. A xarda e o xurelo tamén están sendo  máis apreciados nuns mercados cada día máis competitivos e cun sistema novo de conxelado que fai que o peixe unha vez desconxelado se conserve case fresco e iso axuda a que o transporte a calquera país non sexa impedimento. No caso da sardiña e nestes intres a especialidade está no fileteado ou enteira e na maioría dos casos conxelada posteriormente. Detrás e indiscutiblemente, a mellor calidade do mar, os productos pesqueiros galegos.

viernes, 16 de marzo de 2012

Un bazar chino abrirá en Camariñas próximamente na Avenida da Coruña

O baixo comercial abrirá ao lado do supermercado Froiz
Chegaron como un boom a Galicia e pouco a pouco foron asentándose nas principais e céntricas vilas da Costa da Morte. A pesares de que Camariñas está un pouco afastada dos demáis concellos, un estudo realizado por unha familia de chinos fixo que próximamente un bazar de productos chiwawas abra  as súas portas no barrio de Corea. Xente emprendedora que foron duramente criticados por outros establecementos galegos por competencia desleal en horarios e custes nos productos. Alegando que había e hai bazares deste tipo que abren as portas máis de 72 horas semanais (en Galicia non é apto para locais de 300 metros cadrados ou máis), varios membros da mesma familia e apenas sen seguridade social para todos os que traballan (dende o punto de vista da competencia), consideran que é imposible competir con eles. A única baza que lles quedou aos galegos foi a de mellor producto o daquí que o dalá anque a xente e agora máis que nunca con esto da crise, o que busca é competencia,  o consumidor sole comprar onde máis barato lle oferten o que necesitan e si o local é grande, mellor que mellor. Queda polo tanto saber si eran  infundados ou se polo contrario son reais os rumores que din que fai unhas semanas varios membros do país asiático xa alugaron o baixo para comezar moi pronto co seu negocio.

miércoles, 14 de marzo de 2012

O Parador de Muxía podería converterse nunha "promesa incumplida" por tres gobernos diferentes

Foto: Quepasanacosta

Xa todos sabemos que corren tempos de crise e máis si se trata de Galicia. Non hai máis que ver a certos persoaxes do mundo da política catalana queixarse aos catro ventos ante o actual presidente do goberno (galego) que para qué quería Galicia un AVE. Como a política vai e ven como o vento, hoxe simplemente mencionamos unha realidade, os demáis son contos e non é outra que en caso de "non cumplirse" o proxecto que nacera para dinamizar á Costa da Morte naquel Plan Galicia en compensación pola bofetada que nos dera o Prestige, serían tres os gobernos que deixan nun rumbo perdido ao Parador de Muxía. Unha iniciativa que nacera do expresidente e falecido D.Manuel Fraga, posiblemente o único ao que lle interesaba? e que se anunciaría a bombo e platillo no ano 2003 na famosa zona cero (patatero) e Lourido sendo por aquel entón Mariano Rajoy, vicepresidente do goberno de Aznar e Feijoo ministro de Fraga. Ano 2004 e sigue ata o cambio de goberno. Zapatero visitaría tamén Lorido, en Muxía, e na mesma zona onde se iba a construir dixo que si pero por unhas causas ou por outras (probablemente por ser gobernos autonómicos e central de diferentes siglas) seguía no caixón (incluídos tempos de bonanza económica). Chega o Bipartito formado en Galicia da man de Touriño e tamén dixo que si á continuidade deste proxecto e sigue. En vista de que tampouco saía adiante (ás obras refírome) o actual presidente da Xunta (por aquel entón na oposición) acusou aos mandamáis de entorpecer a execución que o PP tiña pendente coa Costa da Morte e sigue. Cousas da vida política, agora o Ministro de Industria, Enerxía e Turismo, J. M. Soria, anunciou que nestes momentos de crise e cun déficit de 100 millóns de euros por parte de Paradores del Estado, ningún parador vai ver luz verde. Agora son dende a oposición os que lle esixen ao goberno da Xunta que cumpra con esta obra pola que tanto loitaba cando estaba na oposición, fundam,entan que non é igual tratar o Parador de Muxía con outros paradores dado que o concello muxían xa adquiríu os terreos (a deceas de propietarios)e co proxecto  xa redactado, en fase avanzada e aprobado nun consello de ministros, deberían primar os intereses da comarca e non os partidistas e que debería a Xunta esixir ao Estado loitar por esa promesa. Coa palabra dada de Feijoo (actual presidente da Xunta) ao alcalde Félix Porto (na imaxe colocando a primeira pedra fai máis de 7 anos) de que a promesa se fará realidade, estamos chegando ao ano 2014, o mesmo que debería estar rematado o parador. E sigue... morto ao igual que o nome da costa.

lunes, 12 de marzo de 2012

A campaña da Anchoa no Golfo de Vizcaia será o rumbo que tomen parte da flota camariñana o vindeiro mes

O redeiro Cuarto Cabo Naval - Camariñas
Aínda que a pesca de anchoa está autorizada dende o 1º deste mes para máis de medio cento de redeiros con base nos portos de Camariñas, Malpica, Sada, Ares, Pontedeume, Burela, Celeiro,  Foz, Aguiño, Arousa, Portonovo, Cangas, Vigo e Redondela, aínda son moitos os barcos que non decidiron adentrarse no golfo de Vizcaia porque normalmente ata mediados de Abril en diante non é ata cando este peixe fai maior presenza. Cabe salientar que este ano o cupo establecido para a flota de cerco aumentou prácticamente o dobre pasando das máis de 15000 toneladas do ano pasado (entre España e Francia) ás case 30000 deste ano e con mellor reparto para os barcos españois que no exercicio anterior (6000 Tn. Francia e 24000 Tn. España). Parece ser que esta campaña pode ser boa dada a gran recuperación que a Anchoa tivo despois dunha veda de 5 anos. Co cupo de xarda finiquitado nestes intres, e cun novo cupo por barco de cerco de 10000 kilos/día (poderá ser modificado segundo evolucione a actividade) desta especie é o enfoque máis positivo que poden ter os redeiros reducindo así a presión doutras especies como a sardiña e o xurelo. As queixas que os do Cantábrico teñen cuns dispositivos de separado de peixe dos que están dotados varios buques galegos son a polémica deste ano.

viernes, 9 de marzo de 2012

Inditex evitou que Iñaki Urdangarín sacara taxada da catástrofe do Prestige

Cando en Galicia apretábamos os dentes sen saber o que pasaría co chapapoteiro que escupía todo aquel veneno fronte as nosas costas,  miles e miles de almas provintes de todos os puntos de España e incluso de Europa deron unha auténtica lección de solidariedade axudando a limpar miles de toneladas de chapapote neste recuncho galego. Moitos deles nin sabían que existían estes pobos máis alá da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Entre o espíritu solidario das persoas de boa fe quixeron colarse (e outros que colaron) Iñaki Urdangarín da man do seu socio Torres e mediante o instituto Nóos contactaron con Inditex e diseñaron un plan para rexenerar as costas (rochas que nunca viron) e para mellorar os ecosistemas afectados pola marea negra do Prestige favorecendo á pesca responsable (como responsables son Nóos). A multinacional creada por Amancio Ortega dixo NON (gracias señor Amancio) e fuise ao traste nada máis e nada menos que a Reserva Pesqueira que tiñan previsto levar a cabo en Galicia. Evidentemente vindo de quen viñan esas  intencións, non nos queda outra que agradecer ao galego (dos de verdade) Amancio Ortega por rechazar a elementos destos pola nosa costa. Iñaki Urdangarín quería implicar a confrarías de pescadores e a entidades ecoloxistas. De que unha nos libraron, xa non haberá abondos chourizos aquí...

jueves, 8 de marzo de 2012

Un fraude forestal a grande escala salpica a 300 persoas entre eles funcionarios e banqueiros

Non era habitual ver grandes fraudes e outras actividades ilícitas por esta zona chamada Costa da Morte entre políticos, funcionarios, banqueiros ou calquer administración das que supostamente deberían velar polo ben común dos cidadáns pero resulta que pouco a pouco vanse destapando formas sucias de actuar por parte de xente arribista que aproveita o seu sillón, neste caso silla de madeira e posiblemente fabricada con algunha das actuacións ilegais que unha empresa de Vimianzo, Maceiras & Esmorís tiña "supostamente", en complot con 300 persoas, entre elas banqueiros e funcionarios, que se embolsaban grandes cantidades de diñeiro falsificando firmas de propietarios e particulares  aproveitando da administración autonómica importantes subvencións para realizar traballos de reforestación que en moitos casos nin se facían e levaban igual o OK polos servizos prestados. A Federación Rural Galega (FRUGA), organizou os 14 expedientes (que poderían aumentar) de particulares que estaban sendo perxudicados pola falsificación da súa firma e DNI e incluso ser titulares de contas bancarias que nin eles mesmos sabían. Toda esta falsificación documental do modus operandi que esta empresa tiña montado está sendo investigada no xulgado de Corcubión e podería ser a punta do iceberg dun entramado moito máis extenso na Costa da Morte. Desde FRUGA fan un chamamento a calquer cidadán que teña a mínima sospeita de estar nunha situación similar. Subvencións que eran ocultadas e que varios propietarios cobraban sen sabelo e o máis chocante para a Federación é que a Administración Autonómica estaba ao corrente destas irregularidades e nun silencio absoluto, de momento non deron resposta.  Demasiado chourizo neste país para tan pouco pan.

miércoles, 7 de marzo de 2012

A fosa de resíduos nucleares que hai fronte as nosas costas chega ao Congreso

O Xurelo,actualmente desguazado foi o heroe
Fai case un ano, publicábase aquí un tema tabú para case todo o mundo (arquivado en Artigos interesantes). Miles de toneladas de basura radiactiva que era arroxada nas nosas costas ata finais dos 80 (mínimo) en bidóns de aceiro recubertos de formigón. O barco Xurelo con tripulación formada por ecoloxistas, políticos e periodistas adentrábase 300 millas náuticas mar adentro para frear semejante burla. Hoxe, a Voz de Galicia fai mención no que o grupo mixto e da man do BNG intenta saber algo do estado actual do cementerio nuclear principalmente canta radiación existe e puntualizan  que o risco cero non existe. Rechazada de momento esta proposición non de lei porque debe ser estudiada por outra comisión que non sexa medio ambiente, entenden dende as filas populares que debe ser Industria quen reconsidere o tema, gravísimo a pesares de que lanzaron un "NON ASUSTEDES A XENTE". Dentro da noticia hai un enlace sobre este tema tabú no cal varios paises arroxaron basura enriba de nós e absolutamente ninguén destiña nada para analizar a situación actual. O mar, todo o que non é natural del, acábao escupindo, tempo ao tempo...

viernes, 2 de marzo de 2012

Meses pares ou impares determinan onde se debe aparcar na rúa Castelo

Xa fai tempo que varios veciños que viven na rúa castelo, calle do castillo para os camariñáns, a que vai cara as ruínas do Soberano, levan queixándose que ás veces non se respetan portales, garaxes e incluso entradas ás súas vivendas. Como en Camariñas, ao igual que os demáis concellos que non teñen aquel determinado número de habitantes, non existen Vados (prohibición de aparcar frente os garaxes), provocaba malestar cando algún que outro veciño se dispoñía a facer uso do seu garaxe e non podía facelo por ter aparcados vehículos de todo tipo enfrente. Para evitar o "eu aparco onde me da a jana porque non me caes ben", "a min tamén me aparcan diante da casa e teño que fastidiarme", "si foras unha autoridade facíache caso (jeje)" e outras palabras que nun día tenso poderían acabar en disputas veciñais, un grupo considerado de afectados (maioría) presentou fai meses a súa correspondente queixa nas dependencias municipais e unha vez entrado este 2012 decidíuse aparcar os meses pares a unha banda e os impares a outra...respetaranse as entradas dos lados onde toque aparcar?, en caso de que non sexa así, según o mes no que estemos, sairán uns perxudicados ou outros...e aguantará o barranco pola zona que están as terras cedidas? (probablemente técnicos entendidos na materia evaluarían este risco). Que nadie esqueza a qué día estamos de mes para aparcar sen cometer infraccións e ter que pagar co bolsillo.

Camariñas Directo colaborará mutuamente con información dixital da Costa da Morte

Abrente na Ría de Camariñas
No día de hoxe pódese dicir que este espacio, esta humilde ventana creada así a bote pronto fai un ano, sigue en pé e con uns resultados impecables. Todo esto é fruto da vosa asiduidade, da fidelidade de persoas que visitan Camariñas Directo a diario e a pesares que hai días que non se actualizan contidos, unhas veces por razóns laborais e outras veces porque é mellor non poñer nada e obligar as retinas de persoas de boa fe a ler auténticas barbaries (ás veces). Despois de tres meses de parón por ausencia deste que redacta, outra vez os picos de visitas voltaron a ser o que eran e incluso hai días que superan aquelas 470 visitas  que unha noticia acadou en menos de 24 horas e provocando que o servidor fallara. Calquer administrador dunha web que teña miles de visitas diarias pareceríanlle cifras ridículas pero para Camariñas Directo e por poñer un exemplo, 200 persoas (e de varios países) que pinchen exclusivamente para saber o que se coce neste blog con olor a salitre é digno de agradecer. No día de onte e despois de ter unha expresa armonía cunha persoa con ampla  experiencia no mundo da radio e do periodismo informático, moi apreciado para min, Camariñas Directo complácelle o gusto de colaborar e recíprocamente, divulgando no que se poida, certos contidos referentes a Camariñas e casualmente da Costa da Morte. Por suposto que será unha pequena axuda mútua sobre todo pola parte que nos toca podendo actualizar máis a miúdo contidos interesantes e realistas, nalgún caso con confidencias (algunhas políticas) que saen cravadas ao día seguinte en medios informáticos de talla nacional. Persoas destas que se moven pola rede e saben tratar na medida do posible con todas as ideoloxías, mastican e manexan noticias máis que interesantes cunha amplísima e contrastada cobertura. Estimados lectores, grazas pola vosa fidelidade !!

jueves, 1 de marzo de 2012

A flota camariñana do verdel xa está facendo a ruta de volta por esgotarse o cupo da xarda

De azul, o Neno, un dos mariñeiros máis veteráns do Lago
Xa se sabía antes de partir hacia o País Vasco que o cupo que tiña asignado a Unión Europea para España era ridículo. Dada a gran cantidade de barcos que compoñen o censo da flota operativa sobre todo os galegos, vascos e santanderinos (noutras comunidades máis ao sur apostan mellor polas sombrillas nas praias e terrazas), en menos de dúas semanas e o preciado peixe, por certo, en abundancia, xa non se pode pescar. O 90% de kilos de xarda xa están vendidos e quedan para un pouco máis adiante a módica cifra do 10% restante. A xarda que de sempre comenza polo Norte de España e ven acercándose á costa galega posteriormente, fixo que máis de 400 barcos galegos partiran rumbo a Norte, sabedores os pescadores que era cuestión de días, ou eso ou non ver unha xarda no barco en todo o ano, decidiron partir igual. Probablemente algún barco de cerco volva a regresar  para pescar na próxima apertura da campaña da anchoa e outros   pesquen en augas coruñesas pero antes toca carro de varado como é habitual todos os anos nos barcos de Camariñas. Os demáis pesqueiros que xa arrancaron de regreso ao seu porto base chegarán a altas horas desta noite e só quedan os que pescan con liña. O que sí é realidade é que non corren moi bos tempos para os traballadores do mar se temos en conta que España necesita de xente que traballe e pague impostos pero está claro que nin fú nin fá, aquí quen manda é Europa e por desgracia non sempre van acordes as leis impostas. Políticos que fan que o mundo vaia ben ou fatal, nós, mentres tanto a seguir recibindo ordes, onde hai patrón, non manda mariñeiro. Boa travesía de volta compañeiros.