Páginas

viernes, 30 de marzo de 2012

A primavera fai que aumente a presenza de nutrias no pantalán da fachada marítima

A nutria arrastrando unha xarda
Ata dúas parellas de nutrias foron vistas a media noite de hoxe nos pantaláns que están situados na fachada marítima de Camariñas. Xuntas e devorando as súas presas (xardas) que sempre atrapan cas patas dianteiras, soamente se viron asustadas por uns instantes cando detectaron a presenza de mariñeiros que se dirixían aos seus barcos. Catalogadas en algunha zona do mundo como en peligro de extinción, en Camariñas é moi común velas especialmente durante esta época do ano onde incluso poñen as crías abordo de chalanas en desuso. Cando se deixan ver tan descaradamente solen estár en celo e acaban de parir, normalmente dúas ou tres crías ao ano, cegas e sin dentes, non saen da zona onde naceron ata pasar dous anos que é cando buscan o seu territorio. Estes animais poden estar máis de 5 minutos baixo a auga sen respirar e nadan a velocidades que alcanzan os 15 kilómetros hora. Grandes trepadoras como demostraron na noite de hoxe tirándose ao mar e subindo en segundos e a escasos metros amosando a cabeza para controlar a certo patrón (son inofensivas pero canto máis lonxe mellor) e ansiosas a que marcháramos non deixándose fotografiar ben, non querían luz e tiñan banquete. Outra vez será.

2 comentarios:

  1. hai ben de tempo que non as vexo.

    ResponderEliminar
  2. Cada vez haiche menos lontras...

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo