Páginas

domingo, 29 de abril de 2012

Un veciño de Camariñas sufre un infarto e movilizáronse o 061, Protección Civil de Camariñas e o Helicóptero



Fai escasos 10 minutos que o helicóptero do 112 acaba de aterrizar no peirao de fora do porto camariñán. Unha ambulancia do 061 recolleu aos técnicos sanitarios e desprazáronse a atender a Adelino, o marido de Marisa os cales rexentan unha panadería na rúa do prado (a carón do centro médico de Camariñas). Un infarto é a causa do desvanecemento do xóven empresario e a espera do que determinen os médicos, o helicóptero agarda por si fora preciso un rápido desprazamento ao hospital correspondente. Varios veciños foron alertados cando ás 14:30h o helicóptero aterrizaba na área restrinxida que hai na explanada e non é para menos. Camariñas leva sufridas durante estas dúas semanas, perdas de veciños e de todas as maneiras. Desexamos unha pronta e favorable recuperación  a Adelino, golpeado, máis se cabe, pola mala sorte en máis membros da familia con respecto á saúde.!!ÚLTIMA HORA!!. Faleceu Adelino Ángel Sar Barrientos (45 anos). Era natural do concello de Muxía e estaba casado en Camariñas. Deixa muller e un fillo. As nosas condolencias á familia...D.E.P

viernes, 27 de abril de 2012

A veda do polbo será a partires do día 1 de Maio e durará dous meses


A falta de 4 días para chegar o día 1 do mes de maio, xa é oficial a orde da parada obrigatoria que terán que respetar os barcos pulpeiros. A veda do mellor polbo do mundo (o galego), durará os meses de maio e xuño. Ata o día 1 de xullo todo exemplar fresco que se poidera atopar en algún mercado, non é legal ou é producto foráneo. Quedan polo tanto dous meses nos cales o armador non ten dereito a paro e aproveitarase o tepo para poñer os barcos a punto. Por otra parte, o sector redeiro case ao completo comezará a faenar e o porto seguirá con movemento, habitual e moi loitado por parte das xentes do mar. Non somos expertos en recortes pero no mar, estes nunca son productivos. Sería impensable reducir gastos de mantemento nos buques, en aparellos ou en comida no bolso á hora de sair do porto. A larga perderías máis do que gañarías. Dito vello " Ao mar non se engaña ".

O Marino y José voltará a cambiar o seu rumbo ao porto de Camariñas


Cantas voltas da unha hélice na vida dun motor e cantas voltas pode dar o destino dun barco. Xa era sabido aquí en Camariñas Directo que o que fora o Gallego José voltaría ao porto da súa orixe. O carismático redeiro actualmente asentado en Asturias regresará proximamente a mans dun armador da vila dos encaixes. Noso ben querido corresponsal en Asturias, Manuel, indagou a fondo despois de que circulara un rumor e nada mellor que in-situ e co actual propietario. Hoxe pola mañán o Marino José descargaba case 300 caixas de xurelo e boga no porto da Ría de Avilés e cando rematen os trámites burocráticos e cun 99,9% de posibilidades, Fran  será o novo armador dun barco que despois da súa transformación parece ser como dicimos aquí, quedou como unha pareja.

jueves, 26 de abril de 2012

Aparece o corpo do pescador desaparecido onte a 300 metros do lugar da traxedia






Fai menos de media hora que o corpo sen vida do pescador do Concello de Camariñas arrastrado onte pola forza do mar no Porto do Trigo acaba de aparecer a uns 300 metros do lugar do suceso nunha praia  da ensenada de Trece, preto de Monte Branco. Unha bandeira vermella era izada por unha persona despois de localizar a Ovidio ás 13:40h e nestes momentos o alcalde da vila e membros de Protección Civil estanse desprazando ao lugar dos feitos. Minutos antes da súa aparcición, os buzos da garda civil, a lancha de Salvamento e moito antes o helicóptero abandonaban momentáneamente a zona do suceso para ir xantar collendo por sorpresa a nova aos poucos veciños que aguantaron polas inmediacións. A falta de que o xuíz faga o levantamento do cadáver, o corpo do noso veciño poderá ser velado e descansar en paz. Unha paz que de novo as nosas costas arrebataron a outra noble familia.


miércoles, 25 de abril de 2012

Desaparece un pescador do Concello de Camariñas nas inmediacións do Cementerio dos Ingleses

                        
Lugar do suceso no Porto do Trigo- Fotos Camariñas Directo                     
Esta tarde de mércores sobre as 15:30 h sucedía unha lamentable traxedia nas inmediacións do Porto do Trigo, nunha punta que se atopa entre o Cementerio dos Ingleses e Trece. D. Ovidio  Lema estaba practicando a pesca deportiva de sargos con cana dende a costa acompañado do seu cuñado Manolo cando un posible golpe de mar e posterior  resbalón  precipitábaos ao embravecido mar no cal o seu cuñado nun intento de rescatalo sen éxito  sufría arañazos e unha importante lesión na súa perna conseguindo de mala maneira atrapar terra. Aos poucos minutos Ovidio, de 50 anos de idade sumerxíase nas tenebrosas augas mentres o seu cuñado  ferido, alertaba a unha persoa que estaba cerca e foi cando se daba a voz de alarma ao 112. Un amplo dispositivo composto polo helicóptero Helimer 204, a lancha de salvamento Salvamar Altair, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e numerosos veciños conmocionados co suceso rastreaban sen éxito ata  a última hora desta tarde o lugar da traxedia e proximidades. Mañán a primeira hora do día reanudaranse as tarefas de búsqueda,  complicadas ao tratarse de mar aberto pero indispensables estes primeiros 8 días. Desgraciadamente os desaparecidos no mar acaban no peor dos presaxios e agora o único que cabe esperar é atopar o corpo sen vida do coñecido Ovidio para darlle o seu eterno descanso. Natural de Dumbría, estaba casado con Maricarmen, vivia en Dor (Camariñas) e rexentaban  o Bar Descanso, estaba retirado e a súa máxima paxión era a pesca deportiva. Deixa dúas fillas e un neto. Dende Camariñas Directo lamentamos este fatal desenlace e mandamos ánimos e moita forza á familia nestes momentos tan duros...

Petra fai que a flota pesqueira siga amarrada a porto ata venres


Momento dun chubasco e fortes rachas de vento dentro do peirao

Tocoulle desta vez o turno a borrasaca Petra. Curiosamente sempre nomes femininos, o fenómeno adverso deixou durante esta pasada noite, rachas de vento de máis de 120 km/h e olas de 6 metros. Non será ata mañán cando empece a remitir e a semana que ven promete ser calmada. Será unha semana decisiva para que as embarcacións de artes menores poidan ir recoller as súas nasas do mar despois de dúas semanas sen saber delas. Incógnita de momento o día da suposta veda do polbo porque non se sabe nada oficialmente. Debería cerrar tamén o día 1 do mes vindeiro, o mesmo día que cerran as puntas nas cales se pode faenar, é dicir, a partires dese día, unha lancha ainda que teña 4 metros de eslora está obrigada a faenar por fora da Virxe do Monte e Virxe da Barca nunha línea imaxinaria. Semana importante e de moita faena onde os muelles estarán ataigados de aparellos. Son moitas as redes e nasas, os barcos e mariñeiros e moi poucas as voces que representan á baixura na próxima e temible PPC (política pesqueira comunitaria) na cal é indispensable coller o toro polos cornos e plantar unha viablididade certera e realista. Mentres tanto, os mariñeiros estarán estos días preparando as diferentes artes que empregarán ata Xullo, outros (bastantes) irán a engrosar as listas do paro unhas cuantas semanas, lei de vida.

domingo, 22 de abril de 2012

Falece Sra Marta Barcia Gerpe aos 83 anos de idade

Hoxe pola mañán cedo Camariñas recibía a triste noticia de que Sra Marta falecía no hospital despois de loitar cunha longa enfermidade. Unha muller coraxe, unha nai coraxe e unha persoa moi querida no mundo do mar porque pasou moitos anos rodeada de patróns, mariñeiros e compradores de peixe do noso concello. Percebeira, compradora de carnadas, vendedora de sardiñas, asalariada de Cerdeiras e moito máis que tivo que tirar do seu carro para sacar adiante os 12 fillos que quedaron ao seu cargo despois de que o seu querido e insistituíble Manolo sufrira a poucos anos de casarse unha cegueira que o retiraría da súa profesión de mariñeiro para sempre. Moi xóven comezou a súa hazaña, digna de admirar por calquer muller do planeta. Miles de kilos de peixe pasaron polas súas mans en tempos que apenas había alumeado público e con menos de mil pesetas de xubilación do seu falecido home.Sempre quedará no noso recordo, a lección de honorabilidade, honestidade, humildade e respeto entre os que tivemos o pracer de cruzarnos con ela durante as nosas vidas. Camariñas Directo quere mandar o noso máis profundo pesar aos seus fillos, netos, bisnetos e demáis seres queridos. Un abrazo moi forte ao seu único fillo varón, Jose de Marta co que sempre reinou entre nós unha profunda, sincera e intachable amistade. Señora Marta, que Dios a teña na Gloria. Descanse en Paz...(Está sendo velada na súa casa no emblemático barrio de Corea e o seu enterro será mañán a partires das 17:45)



sábado, 21 de abril de 2012

Os pecios da nosa costa, fonte dunha gran riqueza heredada de xeración en xeración

Cada naufraxio é unha lamentable desgracia e a historia que marca cada buque, avión ou calquer outra nave que acaba nas profundidades do mar non desaparece unha vez forme parte do cementerio mariño. Son uns cuantos os localizados na costa camariñana e bastantes os pecios que a saber donde reposan nas entrañas do océano. Estos pecios favorecen á reprocción e cría dos maiores exemplares de peixes e crustáceos sobre todo nos amplos e monótonos fondos areais. Non son moitos os profesionais que coñecen os antigos cascos de barcos aceirados, restos de avións, submarinos e incluso tanques de guerra e containers. Aos poucos meses de que a nai natureza limpe os resíduos de aceites e outros contaminantes comenza a poblarse de fitoplancton, pequenas algas e incluso corais. Xa co paso dos anos, un arrecife deste tipo queda perfectamente moldeado co medio mariño porque as diferentes formas de vida submarina déixano totalmente mimitizado. En Camariñas son sabidos grandes patróns como Lalo, Carballo e Choniño (actual patrón maior) os que sacaron cas súas artes de pesca os mellores exemplares de langosta, lumbrigante, congros, meros, etc. Evidentemente como opinión personal, non serían rentables a poucos metros de profundidade (Ría) polo fácil acceso dos ranas nin tampouco pegados á costa (pola braveza do mar) pero sí en zonas protexidas e reservas mariñas. Hoxe en día é fácil localizalos cos sistemas GPS pero os que se saben de antes e non todos localizados na cartografía, son patrimonio de riqueza, cultura e histotia que se hereda de pais a fillos...

miércoles, 18 de abril de 2012

Normalidade total no temporal previsto e posiblemente a chuvia faga unha trégua durante as Festas de San Xurxo

Na imaxe barcos de Malpica e Muxía. Camariñas directo
Afortunadamente as rachas fortes de vento de Oeste previstas para o día de hoxe non afectaron tanto de cheo na nosa costa e sí máis no norte da nosa comunidade. Olas de 7 metros de altura (facendo cálculos mariñeiros, referencia baixos e profundidade) non caeron pero pouco menos. O mar de fondo tremendamente perigoso fixo que toda a flota siga amarrada a porto e mañán espérase máis do mesmo a pesares de que a forza de Madeleine remite nas últimas horas deste xoves. O venres comenza o que parece unha pequena trégua que pode durar  ata o vindeiro martes sobre todo en canto a chuvia se refire. Sería un milagre de San Xurxo para que se poida disfrutar das grandes festas previstas pola comisión de festas de Buría dado que o ceo promete estar encapotado e vai ser moi difícil escapar dalgún chubasco, non corren tempos recoñecidos e os ventos de travesía non queren afastarse de todo. Xa se sabe que veñen tarde as aguas doces pero que nadie dude dunha posible sequía na Costa da Morte porque aquí nunca se pode cantar victoria. Xa din os ditos vellos (é raro que fallen), xa non tocará a lotería pero o inverno..."aljo aljo siempre toca"....

martes, 17 de abril de 2012

O mirador do Alto da Vela, o auténtico balcón que desafía ao Océano

Un, dous, tres, dez, vinte, cincuenta e así sucesivamente son os mariñeiros (e non tan mariñeiros) que a diario visitan este punto situado no Monte da Vela,  a 3 km apróximadamente do porto camariñán pola carretera que nos leva ao Faro Villano. Desafiando os ventos máis fortes que azoutan a nosa costa, este fermoso e sosegado mirador é o punto de vista por excelencia dos pescadores que se acercan a diario  contemplar a forza do mar golpeando nos baixos. Á dereita, Coenda, Home morto, a piscifactoría e o Vilán...á esquerda a Capela da Virxe do Monte, a Virxe da Barca, o punto máis occidental de España (Touriñán) e case a totalidade da nosa Ría...de frente, as fotoxénicas postas de sol e os peores fenómenos adversos que se producen no inmenso océano... por atrás o Parque eólico. Mañán, o amplo aparcadoiro malamente conservado en barro será o escenario da "vaja de mar" que se espera porque si hai lugares indispensables para os camariñáns, un deles é o "Alto da Vela" .

domingo, 15 de abril de 2012

Alerta de temporal na Costa da Morte o próximo mércores con ondas de máis de 7 metros



Non é que sexamos especialistas en meteoroloxía pero como todos sabemos as novas tecnoloxías están a pé de cañón tamén no mundo do mar e dende fai unha semana estase a vixiar unha forte borrasca que cun porcentaxe altísimo de acerto, este vindeiro mércores mandará dende o sur das illas británicas ondas que van alcanzar máis de 7 metros de altura e fortes ventos de Oeste con rachas de 80 Km/h na Costa da Morte, unha auténtiva "vaja de mar". Esta entrada mándase como aviso de precaución para todos nós pero sobre todo a posibles pescadores que teñan pensado acercarse aos nosos acantilados. Disfrazada de falsa alarma, o luns estará calma chicha e o mar moi bo e non será ata o martes cando as primeiras chuvias alerten do que se nos ven encima, un corto pero forte temporal que acrecentará a súa virulencia a partires das 9 da mañá do mércores (coa marea baixa) con fortes ventos, mar de fondo e chuvia, irá perdendo forza nas últimas horas do xoves.

martes, 10 de abril de 2012

O ex "Gallego José" con 2 metros máis de eslora...!!Quién te ha visto y quién te ve!!

  
Fai algo máis de 3 meses que o que fora redeiro da carismática familia dos Caamaño (Xaviña) xa navega polo Cantábrico. Barco salpicado pola polémica estabilidade, aprobada a construcción destes moldes por unha capitanía de Pontevedra con revisións de todos coñecidas moi laxantes en comparación da coruñesa, a mesma  que rechazaba as probas técnicas 4 anos despois da súa botadura, empuxada á raíz do naufraxio nas Sisargas do seu xemelgo O Bahía e cargando no eslabón máis débil da cadea, no armador. Que máis quixeran os Jallegos que poder dar eses dous metros que lles esixiron anos despois e non ser bailados burocráticamente para rematar vendendo un barco pola módica cifra de 150000 euros,  tentado na actualidade  por outro armador de Camariñas...O Gallego José  que tanto desgastou á noble familia tanto moral como económicamente falando de perdas. Marino Díaz, natural da localidade asturiana de San Juan de la Arena trocoulle o nome a medias, "Marino y José" e co mesmo folio, engrosa agora o censo asturiano de cerco que está composto por pouco máis de media ducia de barcos. Neste vídeo, grabado in situ na mesma ría na cal fixeron a súa reforma, no Asteleiro Ría de Avilés foi grabado para ser exposto nesta galería por un gran amigo camariñán ata médula, Manuel volve  deleitar ás ducias de armadores que se interesaron dende o primeiro día polo "Jallejo", porque, estea onde queira, sempre será o "Jallejo"...

A foto máis emblemática da emigración galega ten raíces camariñanas

Si miramos no inconsciente de calquer galego unha imaxe que represente a emigración en Galicia, a todos nos ven aquel home co rostro crispado pola pena acurrucando a un neno que tamén chora ao veren partir algún ser querido cara as américas. Esta foto sacada no 1957 na estación marítima da Coruña foi máis que un "pulitzer" para o fotógrafo Manuel Ferrol, nacido nas entrañas do Faro Vilán cando seu pai exercía de torreiro. Antes de falecer no 2003 na cidade herculina, onde residía, o fotógrafo queixábase amargamente que a foto que máis se amosou en todo o mundo non sempre figuraba co seu nome de autor e incluso o escritor Blanco Amor asinaba como súa en Buenos Aires non fai moito dita instantánea. Na súa web oficial, Manuel Ferrol confesa sentirse atraído polo mundo da fotografía cando unha vez deixaba o fermoso Faro Vilán vía nas cunetas centos de homes acribillados durante a Guerra Civil, dahí o temor a confesarse autor de varios recordos plasmados por medo a represalias da época. Sen lugar a dúbidas estamos a falar doutro galego ilustre con raíces camariñanas..."si a vida é un pañuelo". D. Manuel Ferrol, toda a vida formará parte da nosa  Historia... D.E.P..

sábado, 7 de abril de 2012

O deseñador e director de Galicia Fashion Week "Jose Matteos" estará hoxe na Mostra do Encaixe



Foto Facebook J.Matteos

Hoxe pola tarde acercarase a Camariñas un dos deseñadores máis internacionais no panorama da moda e formará parte do xurado na Capital do Encaixe. O xoven experto xa espuxo nas pasarelas de New York, Tokio e Milán entre outras o seu estilismo máis moderno con encaixe de Camariñas. Dende o día da inauguración da mostra dentro do espazo destinado a firmas recoñecidas, poidéronse ver estilismos das súas últimas coleccións presentadas en Mercedes Benz Madrid Fashion Week . Matteos fai fincapé á importancia da internacionalización da feira camariñana e recalca que cantos máis países se acerquen a este recuncho da Costa da Morte mellor. Este prestixioso galego que sempre apostou polo traballo das palilleiras tamén presentou en colaboración co concello unha exposición no Parador dos Reis Católicos. "Extreme", o seu último video dirixido ás redes sociais , enfoca a visión artística do encaixe mesturada ca audiovisual. Un ton de fondo que acompaña constantemente á modelo internacional, a china Jiaojiao Yao é a exposición particular que Jose Matteos lanzou nun proxecto futurista integrado por arte, fotografía e performance co aliciente principal, Encaixe de Camariñas. Está claro que hai quen nace con arte e Camariñas é unha privilexiada poder contar con almas artísticas tan relevantes no panorama mundial da Moda como neste caso.  Dende neno sentíuse atraido pola arte e creatividade en cualquera das facetas: moda, belas artes, fotografía... este galego polifacético e dinámico comezou  estudios de moda ós 14 años na Coruña, no centro Mestre Nicolás do Rio onde se graduou como técnico superior de deseño e moda.

martes, 3 de abril de 2012

A Mostra do Encaixe de Camariñas e o Cristo de Fisterra volverán a ser o reclamo de miles de persoas por Semana Santa

Como ven sucedendo durante todos estes anos, a artesanía volverá a ser un dos centros de atención máis importantes para os miles de visitantes que se acheguen a Galicia. Este ano, con serios recortes por parte de administracións e dada a situación actual de crise local, a vixésimo segunda Mostra de Encaixe de Camariñas contará cun programa diverso e perfectamente acoplado ás raíces camariñanas. Exporanse ideas que nunca antes se fixeron como a Marea Branca do voluntariado do Prestige e unha exposición fotográfica para lembrar os días negros que especialmente a Costa da Morte vivíu por culpa do chapapoteiro. A partires do día 4 e ata o día 8. Rematarán os festexos o Luns día 9 ca festividade da Virxe do Monte. Pola parte relixiosa, o punto máis importante a visitar é Fisterra. Unha enorme devoción fai tamén que miles de almas se congreguen e vivan o día da paixón, desencrave e resurrección do Cristo. Outros concellos como Muxía ca festa do congro e Vimianzo ca atesanía no castelo completan a rica e diversa Semana Santa na Costa da Morte.