Fai escasos 10 minutos que o helicóptero do 112 acaba de aterrizar no peirao de fora do porto camariñán. Unha ambulancia do 061 recolleu aos técnicos sanitarios e desprazáronse a atender a Adelino, o marido de Marisa os cales rexentan unha panadería na rúa do prado (a carón do centro médico de Camariñas). Un infarto é a causa do desvanecemento do xóven empresario e a espera do que determinen os médicos, o helicóptero agarda por si fora preciso un rápido desprazamento ao hospital correspondente. Varios veciños foron alertados cando ás 14:30h o helicóptero aterrizaba na área restrinxida que hai na explanada e non é para menos. Camariñas leva sufridas durante estas dúas semanas, perdas de veciños e de todas as maneiras. Desexamos unha pronta e favorable recuperación a Adelino, golpeado, máis se cabe, pola mala sorte en máis membros da familia con respecto á saúde.!!ÚLTIMA HORA!!. Faleceu Adelino Ángel Sar Barrientos (45 anos). Era natural do concello de Muxía e estaba casado en Camariñas. Deixa muller e un fillo. As nosas condolencias á familia...D.E.P
dios o colla na glorias
ResponderEliminar