Lugar do suceso no Porto do Trigo- Fotos Camariñas Directo
|
Esta tarde de mércores sobre as 15:30 h sucedía unha lamentable traxedia nas inmediacións do Porto do Trigo, nunha punta que se atopa entre o Cementerio dos Ingleses e Trece. D. Ovidio Lema estaba practicando a pesca deportiva de sargos con cana dende a costa acompañado do seu cuñado Manolo cando un posible golpe de mar e posterior resbalón precipitábaos ao embravecido mar no cal o seu cuñado nun intento de rescatalo sen éxito sufría arañazos e unha importante lesión na súa perna conseguindo de mala maneira atrapar terra. Aos poucos minutos Ovidio, de 50 anos de idade sumerxíase nas tenebrosas augas mentres o seu cuñado ferido, alertaba a unha persoa que estaba cerca e foi cando se daba a voz de alarma ao 112. Un amplo dispositivo composto polo helicóptero Helimer 204, a lancha de salvamento Salvamar Altair, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e numerosos veciños conmocionados co suceso rastreaban sen éxito ata a última hora desta tarde o lugar da traxedia e proximidades. Mañán a primeira hora do día reanudaranse as tarefas de búsqueda, complicadas ao tratarse de mar aberto pero indispensables estes primeiros 8 días. Desgraciadamente os desaparecidos no mar acaban no peor dos presaxios e agora o único que cabe esperar é atopar o corpo sen vida do coñecido Ovidio para darlle o seu eterno descanso. Natural de Dumbría, estaba casado con Maricarmen, vivia en Dor (Camariñas) e rexentaban o Bar Descanso, estaba retirado e a súa máxima paxión era a pesca deportiva. Deixa dúas fillas e un neto. Dende Camariñas Directo lamentamos este fatal desenlace e mandamos ánimos e moita forza á familia nestes momentos tan duros...
Fotos: Camariñas Directo
Fonte: Datos de Protección Civil e próximas a familia
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo