Páginas

sábado, 30 de junio de 2012

Varias táboas do paseo marítimo están ocasionando problemas aos viandantes

Todo comenza cun simple tornillo que despois de soportar miles de pisadas vai afloxando. Cada táboa leva seis tornillos e de par en par, unha vez soltos, a madeira encorna e produce contratempos (as veces serios) aos viandantes que pasean pola fachada principal de Camariñas sobre todo de noite que é cando non sempre se detectan os desniveis do piso. Non deberían afroxar si estivesen ben atornillados pola parte baixa e as cabezas redondas das tuercas pola parte onde se pisa (como na maioría de táboas). Os leves problemas faltos dun mínimo mantemento están aumentando o número de taboeiros deteriorados e cada vez é máis incómodo camiñar polo frecuentado paseo marítimo evitando levar unha desagradable sorpresa.

viernes, 29 de junio de 2012

Un pasaxeiro do gran cruceiro "Independence of the Seas" foi evacuado de urxencia no porto de Camariñas

Pouco antes das 12 desta noite, a lancha Salvamar Altair con base en Camariñas atracaba no muelle do curbeiro para evacuar a un pasaxeiro do espectacular cruceiro "Independence of the seas" que nestes intres navega a unhas 22 millas do Villano (no corredor marítimo). Henry Gibson,de 63 anos de idade comezou a sentir fortes dores de peito e unha vez atendido abordo polos servizos médicos do mesmo buque acababan chamando ao 061 sobre as 22:00h movilizando a unha enfermeira do Independence que acompañaría a Henry na lancha de salvamento ata o noso porto. Unha vez en terra, unha ambulancia asistencial do 061 e outra de coidados avanzados de Coruña a cal tiveron que agardar bastante tempo atenderon ao afectado tendo que ser trasladado ao hospital.

martes, 26 de junio de 2012

Os amantes da bicicleta pedalean cada día máis "hastalospedales"

www.hastalospedales.blogspot.co
Todo aquel amante da bicicleta que quere tirar perfectamente dos seus pedais, debe recurrir a profesionais para ter a punto o cambio, os freos e como non, un dos complementos máis importantes, os neumáticos. Evidentemente o ciclista ten que facerse co tempo manitas e poder arranxar a súa maneira o que poida pero ¿qué pasa cando non temos o autoabastecemento e información necesaria?. Dani Cabrejo, o carismático fisio asentado na súa querida península da Costa da Morte, Muxía, colabora nun blog volcado cas dúas rodas digno de pedalear. Todo son boas referencias cando contactan e se sirven destes fenómenos do manillar. Dentro desta nova, tedes un exemplo de como se transforma a estética dunhas rodas que acaban de soportar unha ruta por todo tipo de terreos, empregando un líquido patentado para beber só ou ben acompañado. www.hastalospedales.blogspot.com tira a todo meter a base dunha cadea ben engrasada e cunha ampla información de rutas programadas. Si a iso lle engadimos consellos para pedalear como Dios manda, aparte de radios e zapatas en condicións, seguimos tendo asesoramento dun profesional na materia física. Apto para principiantes e profesionais do mountainbike

domingo, 24 de junio de 2012

Miles de persoas vibraron nas portas do solsticio ata altas horas da madrugada

Campaña servindo copas españolizadas
Qué pensará o único santo ao que se lle rende homenaxe o día do seu nacemento cando ao abrir as portas do solsticio divisa a Area da Vila. Nin a fresca noite (derretida pola calor da enorme fogueira), nin os altos precios da sardiña, nin as máis sedentas bocas ensalitradas pola pel do peixe por excelencia foron quen de inmutar aos centos de persoas que según entraba a noite se ían multiplicando e unha vez contabilizadas "mil" houbo que parar e así dar tempo a desfrutar dos pasodobles e cumbias que de fondo sonaban en forma de Galilea. Pequenos, medianos e altos esperando a entrada en acción das e dos gogós da Fáctory disco móbil...por todos os costados deste enclave convertido na noite de onte nun Orzán vibraron numerosos veciños e demáis visitantes chegados de diferentes lugares. Primeiro con España (que amosen os galos agora os guiñoles) e despois cos fogos artificiais que acenden a maior laparada da Costa da Morte a xente desfrutou e vivíu a noite máis máxica do ano ata altas horas da madrugada. Cada ano máis, o primo de Xesucristo (San Xoán) ten en Camariñas o seu ritual para espantar as meigas terra e mar adentro. Tan só nos queda agradecer o enorme traballo dos "Campaña and Company" e colaboradores.


jueves, 21 de junio de 2012

Camariñas vivirá a noite de San Xoán máis espectacular que se recorda

A Asociación Lumarea (que este ano cumple o seu V aniversario), tras un grande esforzo, veñen de maquinar un  impecable programa para poder vivir unha das noites de San Xoán máis espectaculares que se recordan na nosa bisbarra. Cada ano que pasa superan o prácticamente insuperable e a verdade sexa dita, sen apenas ruído, o que antes eran fogatas a pé dos emblemáticos barrios de Corea e do Campo nas cales centos de persoas observaban ata convertirse en cenizas e ás veces peligrosas, foron maxistralmente concentradas nunha soa, nun enclave paradisíaco como é a praia da Area da Vila. Centos de veciños foron convertíndose en miles e as máquinas humanas que compoñen esta asociación dedicáronse a traballar desinteresadamente a destajo para que todos os que nos acerquemos alí poidamos vivir a noite máis máxica do ano comenzando pola tardiña cunhas fresquísimas sardiñas, pan de brona e viño...os máis pequenos entretidos e controlados cos xogos e hinchables. Máis entrada a noite e co bandullo cheo co peixe máis buscado por estas datas, para facer unha boa dixestión nada mellor que bailar ao son dunha orquestra ou da discoteca móvil. España!!, quen se pode perder ese partido de Eurocopa, non falta detalle, "unha pantalla xigante" emitirá en directo para poder disfrutar dos Iniesta, Casillas e compañía. Canto custaría todo iso e ao mesmo tempo espallar as meigas e malos presaxios presenciando a grandísima fogueira que se prende ás 12 da noite, fogos artificiais incluídos?...Aquí non custa nada, totalmente de balde. Nunha nota remitida pola asociación Lumarea que agradecemos especialmente por ser das poucas asociacións e institucións que remiten algo a Camariñas Directo, queda en puño e letra o enorme (grande é o que conta cos humildes), serios e impresionantes preparativos (agradecendo especialmente ás empresas colaboradoras) "invitándoche" a visitar Camariñas para que vivas unha noite inesquencible. Eu asegúroche que  !!Non te arrepentirás!!

viernes, 15 de junio de 2012

A bombona de butano subirá case 1 euro no mes de xullo

Esta entrada non vai relacionada exclusivamente con Camariñas nin sequera ca Costa da Morte (do sol) senón que afecta a toda España. A pesada en trasporte, e lixeira en contido, bombona de butano vai subir case 1 euro o vindeiro mes de xullo. A materia prima, os fletes (transportes) e a diferenza no cambio entre euro-dólar son os causantes da suba. De esencial consumo para case 10 millóns de habitantes, os 12'5 kg de media que contén este anticuado e pouco sofisticado cacharro de butano pasará a costar 16'43 euros. No mes de xullo do pasado ano custaba case 2 euros menos. Evidentemente ca luz tamén en subida constante, non é nada favorable para o consumo. Un consumo que con mellores prácticas se pode reducir pero cando chegas ao básico pode acarrear "xarros de auga fría" sobre todo aos máis desfavorecidos. De todas as formas que todo sexa para ben e entre todos levantar a moral da nosa patria, tan baixa económica e políticamente nos últimos tempos e cando estea (oxalá) ben encamiñada alomenos modernicen o envase porque parece que pesa 30 Kg e menos mal que chegou algo de competencia para que cha suban ata porta.

martes, 12 de junio de 2012

Asoar-Armega concentra e convence a mariñeiros, ecoloxistas e políticos para a defensa da Pesca Artesanal

Foto:GP-Quepasanacosta-Fonte:Pescagalicia
Este pasado luns, a organización ecoloxista Greempeace mandou un comunicado á Xunta de Galicia e ao Goberno Central en  apoio sen fesuras á pesca artesanal pola importancia que supón no panorama pesqueiro galego en canto a número de traballos directos que supón, unhas 30000 persoas repartidas en máis de 4000 embarcacións e convencidos que é este sector o que máis vela polos ecosistemas mariños no cal os descartes son mínimos cas técnicas empleadas para pescar. Todo isto despois de que un traballo sempre a pé de canón co noso sector realizado pola Asociación de Armadores de Artes Menores, ubicada en Corcubión acadaba concentrando  na vila, ao director estatal de Greempeace, Mario Gómez e catro representantes máis do sector mariño, aos deputados do PP Joaquín García e do PSOE Marisol Soneira e Carmen Gallego. Partiron nunha embarcación adecuada para estes casos e comprobaron como os pescadores artesanais da zona practicaban a pesca profesional e incluso viron como era o traballo dos mergulladores da navalla rematando a porto cunha degustación final dos nosos productos. Teñen claro por unaminidade que a Pesca Artesanal, que a partires do vindeiro ano deberá adaptarse a nova PPC (Política Pesquera Común) debe ter o total apoio tanto a nivel galego como estatal en todos os foros de pesca. Resaltan a importancia de elevar o 20% das subvencións a unha flota que representa case o 90% e destiñalas á recuperación dos hábitats e  a pesca sostible anivelando as recomendacións científicas cas coherencias nas cuotas por todo o que representa este sector tanto no económico como no social e ambiental. Unha comunidade autónoma tan importante no sector pesqueiro como é a galega precisa de ideas, colaboración dos traballadores do mar e medidas políticas que sexan realistas para conseguir un bo Plan de Dinamización Productivo, Económico e de Mellora de Creación de Emprego no Marisqueiro, Pesca Artesanal e Acuicultura. Unha Pesca con Futuro.

lunes, 11 de junio de 2012

Enquisa: Qué moneda tiña máis valor para ti?

Como ven sendo habitual sempre que se remata unha enquisa das que saen aquí publicadas procédese a indagar no seu resultado. Agradecendo de novo a vosa participación (só se admite un voto por pc), un 83% dos lectores de Camariñas Directo decantárose pola "peseta" como a moneda que máis valor tiña. Quen non recorda tomar un café fai algo máis de 10 anos que é cando se implantaba o euro por 80 pesetas, é dicir, co redondeo terían que ser 50 céntimos/euro pero máis ben convertíronse en 80 céntimos (50 pts máis). Ou aqueles billetes de 5000 pts que enchían un carro da compra, hoxe en día redondeadas a 30 euros dan para pouco máis dunha caixa de leite...aqueles billetes barbudos que daban para consumir toda unha noite, hoxe en día para pouco máis dun perrito caliente e unhas consumicións. Que suba a vida é lóxico, malo que non o fixera pero, ten erros esa proporción en todos os países membros?, varios economistas certifican que si. Desde a OCU advertiron fai meses que a cesta da compra encareceuse case un 50% en grandes superficies (que eran as que mellor ofertaban) e os salarios apenas un 14%. Por esa regla, un pensionista que antes cobraba 60000 pts debería cobrar co redondeo 600 euros  e non é así. Moitos analistas e políticos coinciden que a entrada do euro favoreceu ao mercado comunitario, ás exportacións, etc, etc pero tamén coinciden que España está saíndo perxudicada 10 anos atrás para aquí entre outras cousas porque os países con máis deuda pública (exemplo Alemaña cun 80%) saíulles redondo en plena burbulla inmobiliaria baixar (co apoio de Francia) o prezo do diñeiro e así o baixo interés provocar o endeudamento das familias, empresas e bancos privados empleando laxantes requisitos á hora de conceder créditos, factores que  xeran desconfianza na prima de risco ao baixar o consumo e producción nun país. Aquí reina a hostalería e alá as exportacións, nós das familias máis endeudadas do mundo e eles co libre comercio cada vez son máis poderosos. Canta máis deuda no Banco Central Europeo, menos poder de decisión nos intereses dos nosos bancos e incluso de devaluar os teus productos baixando o prezo do diñeiro (favorecería o consumo local e exterior) porque desgraciadamente España exporta pouco e a deuda pública 20 puntos menor que a alemaña disparouse case o doble por culpa da deuda privada. Alá mandan eles, aquí mandan eles. En definitiva, que cada cuál ten a súa opinión pero nesta enquisa a "peseta" reinou mellor na economía da maioría dos votantes. Gracias pola túa participación!!

Camariñeando pola rede

Rexurdía Galicia a partires daquel 1863 cando Rosalía removía conciencias con Cantares Gallegos cansada do desprezo e caciquil humillación que sufría o pobo galego e a súa lingua. Curros Enríquez ca mesma estela compoñía poemas burlescos anticleristas caendo un por un os sete pecados que no seu tren atopou ata Roma. Así ata ir chegando ao Parlamento galego en plena Democracia para votar por unaminidade que o Galego era lingua cooficial co Castelán. Camariñas Directo desde o seu día optou pola súa sencillez e o falar camariñán e poucas son as palabras que se van colando no medio, consideradas galego falantes (as que se poñen é para familiarizarse con elas). Totalmente a favor de que case a totalidade dos medios informativos usen o galego oficial para comunicar (deberían dar exemplo tamén certas autoridades relevantes do panorama político galego) nós por aquí seguiremos respetando o "camariñán". Xa se sabe que "ahí" debemos recortarlle o "h"...que non é "mar salado" senón "mar salgado"(non o dos conxelados)...que "Enrique" procede de "enriquecer" e sonaría mellor "Henrique"...incluso o imprescindible (imprescindíbel) cando fai frío "Termo" correspóndese máis con "Término". En fín, camariñeando comarea co fácil que sería introducir o texto nun traductor pero non se fai porque os nosos toponimios (ás veces mofados) son moi famosos, mellor dito "Afamados" que é como reza na Real Academia Galega e a parte diso, son moitos os bailes que se fan ca lingua oficial, tanto podes ver "Colle-la" cando "la" non é un artigo como podes pasar de ver "Todo-los" a "Todos os" dependendo de onde veña o vento. Dise isto por unha notificación recibida a esta redacción (posiblemente recortándolle unha "c") na cal nos propoñía pasar os textos escritos aquí ao castelán e como compensación ao seu márketing de publicidade duns productos determinados bonificar con algúns en concreto a Camariñas Directo. Es que yo copio y pego al traductor y no sale correcto..."normal" é que en Camariñas mesturamos galego, castelán e celta ao mesmo tempo, sinal de identidade diferente en cada recuncho galego, incluindo o acento. Acaso non se distingue un fisterrán dun camariñán na fala? ou sen ir máis lonxe un de Xaviña?. Mentres tanto seguiremos "camariñeando" na medida do posible (posíbel). Forma parte da nosa identidade. Simplemente "vitaminas" ao camariñán.

domingo, 10 de junio de 2012

Varios concellos da Costa da Morte negocian mancomunar o servizo de recollida de basura

Foto: Sogama.es - Fonte: La Voz de Galicia
Cara, mellor dito carísima sae a basura que xeramos os consumidores nos seus respectivos concellos. Si por unha parte Camariñas é dos lugares onde máis lixo se acumula, entre outras razóns son as de escasez de gandería e agricultura, é dicir, si nadie cría animais de consumo propio e nadie pranta nas hortas como o viñan facendo os nosos antepasados, o que sobra vai todo á bolsa de basura. Si esa bolsa de lixo vai sen separar e a un mesmo container, máis caro aínda reciclalo en Sogama. Entre 7000 e 42000 euros ao mes é o diñeiral que gastan os concellos da Costa da Morte por desfacerse dos resíduos. Mancomunar dito servizo podería ser rentable para as nosas arcas e á falta de espera do informe da Xunta de Galicia presentado por Camariñas, Vimianzo, Zas e Muxía, todo parece indicar que serán unhas solucións imprescindibles para reducir o  déficit que acumulan a maioría de concellos onde os recibos dos cidadáns non cubren á metade do custe que supón transportar a basura á planta de Cerceda. Noutro grupo irían Corcubión, Cee e Fisterra (Muxía comprometeuse anteriormente cos primeiros), Malpica, Ponteceso, Cabana e Laxe formarían outro colectivo. Sorprende unha vez máis o concello de Dumbría que segue ca súa impecable política de Pequeño de beneficios Grandes aos seus cidadáns en comparación cos demáis habitantes da nosa bisbarra e seguirá en solitario. Os dumbrieses gastan en tratar os resíduos anualmente 140000 euros e non se cobra nada aos seus veciños. Teñen a mellor escola deportiva de toda a Costa da Morte e limítrofes, é o concello onde máis baixou o paro incorporando a unhas 40 persoas nunha recente escola taller, etc etc. Posiblemente as empresas importantes afincadas no seu enclave como é o caso de Ferroatlántica sexan unha gran fonte de sustento pero o saber invertilo é tan importante ou máis que recibilo.Agora sí, como Dumbría é un caso aparte e único, todos os demáis habitantes debemos saber que os servizos de recollida e reciclaxe de basura saen carísímos e unirse podría ser unha boa solución para reducir gastos.

jueves, 7 de junio de 2012

A Bandeira Azul ondeará por primeira vez no Porto Deportivo de Camariñas

Foto montaxe Club Náutico Camariñas
Impresionante o traballo que levan realizado na directiva do Club Náutico de Camariñas presidida por Alberto Artaza para conseguir o distintivo que indica calidade nos servizos de limpeza, accesos adecuados, educación e protección ambiental, auga potable, etc, que entregan en forma de Bandeira Azul a Fundación Europea de Educación Ambiental, previa e severa inspección de ADEAC e varios xurados da Unión Europea ás mellores praias e portos deportivos. Entre os menos de 100 portos en España e 17 en Galicia estará o Club Náutico de Camariñas. Nunca antes na nosa historia, unha bandeira azul que non fose en épocas electorais se víu por asomo, dahí a dificultade para poder plasmar unha imaxe auténtica que fale por sí soa entre as mellores axencias turísticas. Sen lugar a dúbidas esta é unha gran noticia para a Costa da Morte dado que centos de iates de todo tipo se adentran nas nosas augas ano tras ano. Alberto Artaza agradece na Voz de Galicia ás entidades e persoas que axudaron a conseguir este distintivo comezando polo concello e valorando de forma moi especial a Portos de Galicia. Felicitamos ao Club Náutico de Camariñas polo conseguido porque é un orgullo para calquer camariñán de ben e oxalá se poida seguir conservando polo prestixio que sempre caracterizou ao porto deportivo máis importante da auténtica Costa da Morte. No referente ás praias, tan só Laxe e Dumbría, a primeira tamén ca "Q" de calidade consiguen conservala e si estiramos máis a nosa costa ata Carballo e Laracha son 9 en total. Galicia con 126 é a comunidade con máis bandeiras azuis nos seus areais de toda España. Pola parte negativa sorprende que Estorde, Quenxe e Langosteira non poidan ondear o azulado trapo a pesares do seu enclave no Fin do Camiño de Santiago. Noraboa a todos os que traballaron, traballan e fan posible que o porto náutico camariñán abra máis as súas portas ao mundo enteiro.

miércoles, 6 de junio de 2012

A revista da Real Liga Naval Española homenaxea de novo á Costa da Morte

Foto cortesía  La Voz de Galicia
Poucas persoas no mundo enteiro quedarían sen ver a imaxe de Manfred Gnadinger, máis coñecido como o "alemán de Camelle" morrendo de pena, desbordado e impotente ao levantarse unha mañá e ver o seu traballo artístico embadurnado de  chapapote. Actual e burocráticamente en estado de abandono, aínda hai talentos que seguen lembrando que o legado de Manfred é digno dunha solución antes que sexa tarde. Según fontes do noso estimado veciño José Manuel Lema, director do diario dixital www.anosacosta.es, un traballo fotográfico sobre Man elaborado polo delegado en Galicia da Real Liga Naval Española, o laxense José Manuel Pato, foi premiado entre centos de fotos enviadas desde toda España e de novo a revista Proa al Mar, órgano da RLNE rende tributo á Costa da Morte poñendo en portada unha imaxe  do museo do falecido anacoreta na súa última edición. Pato xa tocou con anterioridade as fibras da prestixiosa revista da Real Liga Naval, fundada en 1900. Unha placa  foi posta no Cementerio dos Ingleses ao considerar o delegado galego que a Punta do Boi é o corazón dunha costa salpicada por máis de 450 naufraxios e 3500 afogados, especial fincapé ao desastre da Armada de Padilla en Fisterra no ano 1596 onde faleceron máis de 1700 persoas. Son moitas as críticas que chegan de artistas, escritores e visitantes do mundo enteiro polo estado pésimo de conservación do Museo de Man. Consideran que tanto as obras gardadas pola administración local como a súa vivenda e o entorno artístico a carón do dique de abrigo de Camelle corren serio risco de desaparecer.

domingo, 3 de junio de 2012

A veda da centola sumouse este mes ás da nécora e polbo

Si hai productos nas nosas rías que destacan pola súa excelencia, a nécora, centola e polbo ocupan os primeiros postos da lista culinaria galega. Polo que respecta á nécora e o cefalópodo, non será ata principios de xullo cando se poidan puxar nas diferentes lonxas e mercados. En canto á centola acaba de entrar en veda desde o pasado 1 do presente mes e durará ata novembro nas provincia da Coruña e Pontevedra e ata decembro en Lugo (personalmente penso que é mellor decisión a dos lugueses pola baixa calidade que este marisco ofrece no mes de novembro). Falando un pouco de estadísticas, na lonxa da cidade herculina foron subastadas máis de 12 toneladas cun prezo medio de 12 euros/kilo. No cómputo global de Galicia reportaron case un millón de euros. Agás que sexan conxeladas ou foráneas, as centolas de mellor calidade (as galegas) que se poidan atopar nos principais mercados terán que agardar a apertura das fundamentais e imprescindibles vedas correspondentes. Escalonadamente poderase extraer (profesionalmente) no mes de xullo "polbo e nécora" para completar os banquetes familiares das nosas Festas do Carme, é dicir, pulpo e lavañeiras á camariñana, unha das especialidades e principais fontes de vida deste redactor.

sábado, 2 de junio de 2012

40 anos de antigüedade non son suficientes para abater a un 600

Este mediodía chegaban a Camariñas dous conservadísimos Seat 600 (rodas tuneadas inclusive) que unha vez aparcados en pleno paseo marítimo deslucían a varios poderosos BMW e Mercedes. Fabricados baixo licenza Seat durante os anos 1957 e 1973 e cun prezo de saída de 65000 pesetas foron o medio de transporte máis emblemático da clase media traballadora española. Pouco a pouco, o mítico Seat con portas de abertura suicida iría en decadencia cas novas incorporacións do Renault 5. Que pensarán as novas xeracións dos pouco máis de 600 c.c e 21 c.v cunha velocidade de escasos 100 Km/h. O seu único carburador tragaba unha media de 7 litros de gasolina cada 100 Km. Poucos coches teñen un monumento "histórico" como é o caso do 600 (Fuengirola) e prácticamente ningún dos modernos e avanzados carros de hoxe en día se van ver despois de 40 anos desde a súa matriculación como sucede con esta parella verde azulada. Agúns deles descapotables e comerciais xa por aquela época (o ser humano avanzou pero pouco evolucionou), fabricáronse case 800 mil unidades das que se conservan menos de 10 mil no noso país.

Chin lú...chin agua e chin ná

Que mal estamos estimados lectores, non pode un escoitar nin ver as noticias en ningún canal, todos falan do mesmo. Bankia por aquí, prima de risco e Merkel por alá, reformas e recortes ata nos billetes de 5 euros e non digamos máis porque farían falta miles de horas para debatir en sanidade, educación e o que nos faltaba, seguridade. Políticas aparte, parece ser que andan reboltos varios asuntos que un non entende como poden ser rentables para empresas privadas e non para públicas prestando os mesmos servicios. Unha empresa que o nome non quero lembrar vai prestar servizo nos accidentes que se produzcan na nosa costa cos helicópteros que adquiríu Manuel Fraga sendo conselleiro de pesca López Veiga...vah, que iso da igual, o importante é ter servizo, pero; poden sustituir ao cabo duns anos eses helicópteros por cacharros importados da segunda guerra mundial?, poderían, a saber...pero, cando haxa fenómenos adversos a culpa e custes poderían recaer sobre os armadores?, parece ser que "sí" a non ser que se trate de catástrofes e calamidades públicas (imaxinades que se cobrara tamén por salvarnos dun tsunami?). Si a este paso ata para morrer desgraciado vai facer falta enchufe...para qué?, para saber valorar (as leis conteñen vacíos coma lagunas) cando hai imprudenzas e cobrarlle a viúda ou fillos o recate (salvar é difícil...antes de actuar hai que comprobar estatus social ou si dispón de aseguradora e nesos cruciais minutos, mil vidas teñas). Non é igual navegar a 1 milla que a 20, nun barco de 6 metros que noutro de 40, estar nas Rías Baixas ou na Costa da Morte, etc. E non sería mellor que cada un fixera un seguro onde lle saira máis rentable sen estar obrigados a facelo ca administración pública?. Tivemos un seguro colectivo que cubría minimamente os días de temporal e gracias a el moitos barcos non saían a pescar con fenómenos adversos. Nunca un mariñeiro o fai pensando que vai suceder unha traxedia. Non se debería facer negocio cas desgracias, ou acaso por poñer un exemplo "un conductor dun coche oficial (pagados por nós) que se dirixa a San Caetano chovendo e comete unha imprudencia batendo contra outro coche ocasionando graves desperfectos en ambos vehículos e acompañantes ¿pagará do seu peto?". Que mal andan as cousas, mellor non escoitar os informativos. Chin lú, chin agua e chin ná.