Páginas

sábado, 31 de agosto de 2013

O conserxe do CEIP "O Areal" fai un chamamento humanitario para recadar tapóns de plástico en solidariedade con Lola

Tedín na porta do colexio esta mesma mañá



Esta é unha pequena historia que a pesares de que importantes medios informativos deixaron constancia, quizáis non todos estemos enterados, incluso eu mesmo non sabía de que trataba exáctamente eso do "taponeo". A petición do conserxe do colexio público de primaria en Camariñas para expoñelo aos lectores de Camariñas Directo, facemos fincapé á enorme vontade do colexio de recadar tapóns de plástico (incluso móbiles inservibles) para axudar a unha rapaza de tan só 3 anos que vive na Coruña cunha parálise cerebral. Os altos custes do tratamento e operacións son as razóns humanitarias desta iniciativa. Pouco ou mellor dito nada acarrea xuntar tapóns de botellas nunha bolsa e acercalos ao noso colexio. Unha vez alí, o conserxe José Manuel, máis coñecido polo seu apelido Tedín encárgarase como o leva facendo todo este tempo, de recollelos incluso durante o mes de xullo que según nos confirmou o mesmo traballador, estará frecuentando por vontade propia o seu despacho co curso pechado. A verdade sexa dita, hai moitas iniciativas solidarias que se aproveitan de quen sexa e do que sexa pero un labor humanitario desta envergadura que veña do noso recoñecido colexio e da man dos seus prestixiosos profesionais, non nos deixa lugar a dúbidas para que entre todos poidamos enfocar unha pequena luz de esperanza na vida de Lola. Non custa nada recoller os tapóns de plástico e cando teñamos unha bolsa acercala ao Areal. De todo corazón lle desexamos sorte a esta rapaza que gracias a xente como Tedín, acostumado a tratar cos pequenos, teñan e "poñan" en circulamento a vena máis solidaria.

2 comentarios:

  1. Moi ben feito,todo que sexa por unha tan noble causa e digno de eloxio.Bravo por todos que colaboran por LOLA

    ResponderEliminar
  2. Desde. luego que si pero los que vivimos fuera que podemos hacer, para ayudar, a una niña de tan solo 3-años, xd. no tienen ninguna cuenta na nova caixa de galicia. gracias.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo