Páginas

viernes, 29 de junio de 2012

Un pasaxeiro do gran cruceiro "Independence of the Seas" foi evacuado de urxencia no porto de Camariñas

Pouco antes das 12 desta noite, a lancha Salvamar Altair con base en Camariñas atracaba no muelle do curbeiro para evacuar a un pasaxeiro do espectacular cruceiro "Independence of the seas" que nestes intres navega a unhas 22 millas do Villano (no corredor marítimo). Henry Gibson,de 63 anos de idade comezou a sentir fortes dores de peito e unha vez atendido abordo polos servizos médicos do mesmo buque acababan chamando ao 061 sobre as 22:00h movilizando a unha enfermeira do Independence que acompañaría a Henry na lancha de salvamento ata o noso porto. Unha vez en terra, unha ambulancia asistencial do 061 e outra de coidados avanzados de Coruña a cal tiveron que agardar bastante tempo atenderon ao afectado tendo que ser trasladado ao hospital.



O "Independence of the Seas" foi o cruceiro máis grande do mundo (xunto co "Liberty of the Seas") ata que se construíu o MS Oasis of the Seas. Ten de eslora 330 metros e unha tripulación de máis de 1700 persoas para atender aos máis de 4300 pasaxeiros que pode albergar. Conta con todo tipo de luxos abordo e alcanza unha velocidade de cruceiro de case de 22 nudos. Pertence á compañía Royal Caribbean International.

Fonte: Salvamento Marítimo- Técnicos 061
Fotos: Camariñas Directo-Cruceros.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo