Páginas

sábado, 30 de junio de 2012

Varias táboas do paseo marítimo están ocasionando problemas aos viandantes

Todo comenza cun simple tornillo que despois de soportar miles de pisadas vai afloxando. Cada táboa leva seis tornillos e de par en par, unha vez soltos, a madeira encorna e produce contratempos (as veces serios) aos viandantes que pasean pola fachada principal de Camariñas sobre todo de noite que é cando non sempre se detectan os desniveis do piso. Non deberían afroxar si estivesen ben atornillados pola parte baixa e as cabezas redondas das tuercas pola parte onde se pisa (como na maioría de táboas). Os leves problemas faltos dun mínimo mantemento están aumentando o número de taboeiros deteriorados e cada vez é máis incómodo camiñar polo frecuentado paseo marítimo evitando levar unha desagradable sorpresa.


Non parece lóxico que un paseo marítimo feito fai pouco tempo teña xa serios problemas na calidade das táboas. A madeira adecuada e ben tratada debería soportar máis e mellor as inclemencias do clima. Co tempo, TODA madeira necesita mantemento. A maioría de materiais empregados na construcción do paseo marítimo da nosa fachada son aptos (falan por si sós) e agora é o momento de correxir erros para así evitar chocar ca mesma pedra e contrarrestar os elevados custes de mantemento que teñen as obras anque neste caso e de momento, uns simples tornillos poderáin desacelerar os leves contratempos. Varias táboas están case inaprobeitables e outras tantas levan o mesmo camiño. Anormal tamén que afroxen os tornillos, así a madeira baila e provoca o afloxamento das demáis tuercas e nalgúns dos casos a rotura da mesma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo