Páginas

martes, 31 de julio de 2012

Videomontaxe de Currodetrás en honor á Virxe do Carmen 2012


Hoxe, que o escaso tempo libre nos permite saltar da embarcación de pesca a esta embarcación virtual procedemos a publicar algo máis de 9 minutos que agrupan fotos e curtos videos montaxe realizados polo romeiro por excelencia da procesión marítima coa colaboración tamén de Lucía Pasantes. A Salve, este ano interpretada a capela, sempre está presente en homexaxe a todos os mariñeiros especialmente aos que nos deixaron no camiño desta vida. Queda cerrada desta maneira a cobertura feita durante a procesión máis importante da Costa da Morte agradecendo imperiosamente o traballo dos nosos veciños para que fose posible amosar aos lectores que están fora (e a nós mesmos) estes recordos enmarcados para a historia (a non ser que dean quiebra) en youtube. Non te perdas nos vindeiros días algunha que outra programada entrevista e a participación de "Si non o leo non o creo" que unha vez á semana vai entreter maxistralmente aos lectores expandidos por Camariñas Directo con extravagantes, irónicas e moi peculiares noticias a nivel nacional e mundial.

miércoles, 25 de julio de 2012

A pesca de arrastre está no punto de mira da Comisión Europea

Posiblemente este sexa un dos temas máis delicados a tratar por calquer profesional que viva do mar pero é a pura realidade. Si por estribor andamos a voltas con serios cambios de rumbo na vindeira PPC (Política Pesqueira Común), por babor Bruselas xa lanzou un misil á Consellería de Pesca advertindo da "prohibición" da pesca do arrastre. O noso secretario de pesca, Carlos Domínguez rechaza a taxante proposta que lle chegou a semana pasada desde o seno da Comisión Europea alegando que non hai datos (?????) científicos que demostren que esta forma de pescar arrasa con todo que colle pola proa. Xavier López, científico cualificado de Oceana, defensora dos mares levalle a contraria ao secretario de pesca e aclara que non pode ser considerada pesca artesanal nin recibir subvencións da Unión Europea a pesca de arrastre, que para nada  cumplen os criterios de sostibilidade que esixe unha regulada pesca sostible na futura PPC. Greenpeace que "SI" está dacordo ca pesca artesanal auténtica (a forma de pescar dos pequenos buques) levan tamén anos loitando en contra desta forma de pescar, advirten que pescar arrastrando as redes polos fondos, aparte de atrapar toda especie que exista, provocan un enorme dano ao ecosistema mariño ao seren removidos os sedimentos que quedan en suspensión e que afectan ás numerosas especies. Andan as augas revoltas no arrastre e vai ser difícil convencer ao seno da Comisión Europea de Pesca que o arrastre é marabilloso. Os perxudicados, evidentemente os propios afectados, os beneficiados, moitos outros profesionais do mar... no medio, cuestionada, a potente e todopoderosa frota, a máis subvencionada ata o día de hoxe pola proa e pola popa. Sopran ventos de prohibición "progresiva" da pesca de arrastre de fondo nas augas profundas do Atlántico Noroeste con España, Portugal e Francia como principais afectados. Non vai ser nada doado pero ca realidade na man e a "nivel local", cantos naseiros poderían dormir tranquilos (non serían arrastrados os seus aparellos legalmente largados) cando algún arrastreiro (non todos) non respetan as líñas e profundidades esixidas para tirar as redes, cantas toneladas de cables aceirados non tería que soportar a Ría de Camariñas (baixen buzos e comproben), cantas bocetas de metros e metros de redes evitarían empacharse nas hélices de medianos e pequenos barcos de baixura co consecuente risco de quedar sen máquina e acabar tirados nas rochas. Que a nadie lle estrane, ca verdade e sempre por diante, torres máis altas caeron.

lunes, 23 de julio de 2012

O patrón do ex-Gallego José reclama á Xunta 850.000 euros

Foto e fonte: La Voz de Galicia
O armador e patrón do que fora o redeiro camariñán "Gallego José" reclama mediante os seus avogados unha compensación á Xunta de Galicia por valor de 850.000 euros como consecuencia das perdas ocasionadas durante o tempo que non pudo pescar á raíz de que a Consellería de Pesca lle retirara a licenza por suposta práctica ilegal de pesca, delito que nunca se pudo comprobar. Ao seu entender o proceso xudicial administrativo non debería prevalecer sobre o penal e nunca se debería haber retirado a licenza ata esclarecer as dilixencias abertas no seu día polo xulgado de Corcubión. Manuel Caamaño fora condenado a tres anos de carcel e unha multa de 150.000 euros e finalmente saíu absolto por non existir probas determinantes e fiables. Pola outra parte o consello consultivo entende que non houbo extralimitación por parte da Xunta e desestima a cuantía esixida polo carismático armador alegando que cando se detectan faltas moi graves en materia de pesca pódese retirar a licenza de explotación a calquer barco mentres non se resolva o proceso. Despois de varios varapaos, o Gallego José foi vendido por un módico precio para Asturias.

jueves, 12 de julio de 2012

O barco "Playa de Traba" será o encargado de levar á Virxe do Carmen na procesión marítima


Como ven sendo habitual todos os 15 de xullo desde que o Carmen é Carmen, en Camariñas os barcos engalánanse para estar relucintes o día 16 que é cando se fai unha peculiar forma de rezar paseando e acompañando á Virxe do Carmen nunha travesía por unha das rías máis fermosas do noso país, a Ría de Camariñas. No medio da limpeza total das cubertas; loureiros, bandeiras, e algunha que outra inxeniosa artimaña particular forman parte da preciosa estampa mariñeira que lucirá a nosa flota o vindeiro luns 16.  Afortunadamente e libre contratempos, "Currodetrás" que xa confirmou a súa presencia, co apoio dos seus, elaborará un novo video da procesión marítima que seguro vai dar que falar como o fixo este mesmo publicado aquí no seu día. Foron moitos os mariñeiros que preguntaron quen era Currodetrás cando o viron por primeira vez e a música de fondo lles puxo a pel de galiña...as maís de 1600 veces que foi pinchado confírmano, é un dos nosos romeiros que máis sinte e vive as festas. Este ano, marcado polos recentes acontecementos familiares e ante a ausencia dun seguro colectivo (si pasa algo abordo dalgún barco, a responsabilidade corre a cargo do patrón) van faltar barcos míticos. Si as prediccións meteorolóxicas non cambian, espéranse ventos moderados de nordés durante a procesión. O Playa de Traba será o encargado de pasear á Reina dos Mares. Precaución, paz e boas festas a tod@s.

miércoles, 11 de julio de 2012

Desaparecido un Yorkshire en Camariñas

Na tarde deste pasado martes desapareceu un yorkshire en Camariñas e a familia propietaria do canciño, trás unha infructuosa búsqueda fai un chamamento a calquera persona que poidera ver algo ao respecto. Con tan só dez meses de vida, "Pupi" non se sabe si se estraviou ou foi ratado por algunha alma de mala fé. No momento da súa desaparición levaba un collar vermello. Si por casualidade alguén sabe algo ou atopa ao can, poden poñerse en contacto con esta redacción ou ben no número de teléfono facilitado pola súa dona, 671 143 620. A súa pista perdeuse pola zona do paseo marítimo e rúas lindantes. A colaboración ciudadá é imprescindible para poder atopalo e si por casualidade te enteras de algo e o desexas, garantízase a confidencia do/a comunicante. Xa pasaron máis de 24 horas do acontecido e oxalá Pupi regrese pronto á súa casa, na cal lle esperan con moita mágoa.

lunes, 9 de julio de 2012

Faleceu Mª del Carmen Lista Carril "Carmiña" aos 52 anos

Todo comezaba un fatídico día, seis anos atrás, cando un cáncer de mama se reproducía no limpo e sano peito que dentro albergaba un enorme corazón. O seu sorriso veuse abaixo pero co ánimo dos seus e a súa forza positiva Carmiña levantouse e sobrelevou como malamente pudo a súa enfermidade. Axudando ao seu querido marido a escoller camarón que despois vendería no mercado de Camariñas, Mª del Carmen non perdía os sorrisos que sempre adornaban a súa faciana cando se cruzaba cos mariñeiros no pantalán onde amarra a súa lancha Verónica, patroneada polo seu esposo Jamela. Xa facía varios meses que Carmiña, fortemente golpeada ca extendida enfermidade non se amosaba polos pantaláns e iso notábase porque se perdía a alegría que desprendía aínda que fose a contrapeito cando nos atopábamos con ela todas as tardes de faena. A consecuencia diso, o seu esposo, o mítico xogador de fútbol de todos os tempos no Camariñas F.C, tiña que amarrar á Verónica para dedicarse aos coidados da súa querida esposa. Día a día e segundo a dolencia consumía a Carmiña, os parentes máis próximos e a súa cuñada Teresa, inseperable dela ata o último segundo, poñían unha man a esta noble familia (a miña) para que non lle faltase ningún tipo de coidados á enferma ata a noite de onte...sobre as dúas da madrugada deste luns, recén cumpridos 52 anos, o seu dilatado corazón paraba de latexar no gran peito onde se ubicaba e a Virxe do Carmen recollía no seu manto para levar á Gloria Eterna, a carón de Deus, a nosa carismática veciña e prima deste redactor. Inxusto que con 46 anos, unha persoa sana en todos os aspectos sufra o golpe máis duro que che poida dar a vida pero inexplicablemente sucede. Faleceu pero o seu imborrable sorriso, SEMPRE será recordado desde o máis profundo dos  nosos corazóns. Deixa esposo, Juan, unha filla, Verónica e dous fillos, Juán e Manuel, aos cales ao igual que o resto da familia; no meu nome, da miña familia ao completo e de todos os lectores, transmitimos o noso máis profundo pesar e forza nestes momentos tan duros... D.E.P "Carmiña"

sábado, 7 de julio de 2012

O goberno negociou e a pesca de xurelo reabrirase o vindeiro martes

Na imaxe os redeiros Apóstol e Xurel Uno. Camariñas Directo
O secretario xeral de pesca do goberno, Carlos Domínguez anunciaba onte en diferentes medios que despois dunha reunión mantida con representantes da flota do Cantábrico Noroeste, a partires do vindeiro martes será posible pescar algo de xurelo. Serán medidas limitadas pero son un balón de osíxeno na liña de flotación dos barcos de cerco. Con un cupo de 4000 kg á semana por barco para facer durar máis a cuota adicional, comprobaranse os datos do diario electrónico en cada cerqueiro todos os días para evitar peches anticipados. A reapertura na zona VIII C, que abarca dende Fisterra ata o Golfo de Viscaia é posible gracias ao intercambio con Portugal. A flexibilidade interanual permite sobrepasar a cuota anual ata case o 5% sen que haxa penalización. En canto a xarda, a Secretaría Xeral de Pesca tamén está intentando que dende Bruselas cedan algunha cantidade aínda que sexa para tratar como pesca accidental e non ter que descartar e tirar toda ao mar.  Hai que lembrar que a pesca con cerco nesta zona da Costa da Morte ten especial relevancia en sardiñas, xurelos e xardas e ca escasez de sardiña e coa prohibición das outras dúas especies é moi difícil soster as centos de familias que dependen desta arte de pesca. 

jueves, 5 de julio de 2012

Un soño feito realidade no corazón da Costa da Morte


Foto: La Voz de Galicia
A partires de hoxe xa é posible pasar a ITV do noso vehículo na planta inaugurada onte no polígono do Allo, sito no concello de Zas (a 1 km de Baio). Acabáronse as desunións por parte dalgún esporádico alcalde que en vez de tirar do mesmo carro empeñábanse con localismos en retrasar máis a tan ansiada e necesaria infraestructura que dará servizo anualmente a uns 35000 vehículos da Costa da Morte. Baio, que na actualidade conta co selo de capital do automóbil tivo que convencer a Xunta de Galicia durante varios anos para que este soño se convertira en realidade. Atrás queda aquela manifestación no ano 2011 na cal miles de persoas reivindicaban esta infraestructura e se demostraba que se queremos sabemos unirnos e manifestarse e como resultado recibíase a promesa de Industria que hoxe está cumprida. Non cabe lugar a dúbidas que se trata dunha das obras máis importantes da historia do noso escaso desenrolo e según protestamos cando vemos a realidade negativa, hoxe hai que agradecer a actitude positiva de todos os que fixeron posible esta necesidade e quen sabe, quizáis algún día non teñamos que ir a solicitar o DNI ou pasaporte á cidade herculina. Por fín temos ITV na Costa da Morte e curiosamente a máis avanzada de Galicia segundo a concesionaria da Xunta, Supervisión y Control (SyC). Podes pedir cita no teléfono 902 309 000, na propia nave ou na páxina web correoweb@sycitv.com.

martes, 3 de julio de 2012

A Faguía de Carnés xa quenta as potas que cocerán os mellores callos do mundo

Foto: La Voz de Galicia
Si por un lado temos a mellor selección de fútbol do mundo, por outra temos un pequeno pobo do concello de Vimianzo que sin esaxerar un gran, elaboran e distribúen aos asistentes os mellores callos do noso país e si alguén lle queda algunha dúbida que se acerque a Carnés o vindeiro 9 de xullo. Declarada Festa de Interés Turístico Nacional dende o 2010, a Faguía podería contar próximamente  cunha placa conmemorativa que se poñerá no lugar onde se leva celebrando este evento durante máis de catro séculos. A Asociación cultural que leva o mesmo nome do recinto, A Cerca é a promotora desta iniciativa. A Faguía de Carnés ten a súa orixe un 1608 con Cofrades da Confraría de San Cristobo e foi adaptándose aos tempos pasando a ser unha comida para pobres e na actualidade esta festa gastronómica con carácter relixioso e cultural é a máis popular de toda a Costa da Morte. O pobo de Carnés, aparte dos seus rituais, ten valiosísimos elementos etnográficos de moita antigüedade, daí o seu recoñecemento polas administracións públicas. Xa están preparadas as potas que cocerán os mellores callos na víspera das grandes Festas de San Cristobo. Si de algo nos podemos equivocar pode ser na predición feita contra todo pronóstico do tempo (non choverá e acompañarán as altas temperaturas o luns) pero da calidade desta cita convertida en tradición, aí non hai marxe de erro.