Páginas

martes, 3 de julio de 2012

A Faguía de Carnés xa quenta as potas que cocerán os mellores callos do mundo

Foto: La Voz de Galicia
Si por un lado temos a mellor selección de fútbol do mundo, por outra temos un pequeno pobo do concello de Vimianzo que sin esaxerar un gran, elaboran e distribúen aos asistentes os mellores callos do noso país e si alguén lle queda algunha dúbida que se acerque a Carnés o vindeiro 9 de xullo. Declarada Festa de Interés Turístico Nacional dende o 2010, a Faguía podería contar próximamente  cunha placa conmemorativa que se poñerá no lugar onde se leva celebrando este evento durante máis de catro séculos. A Asociación cultural que leva o mesmo nome do recinto, A Cerca é a promotora desta iniciativa. A Faguía de Carnés ten a súa orixe un 1608 con Cofrades da Confraría de San Cristobo e foi adaptándose aos tempos pasando a ser unha comida para pobres e na actualidade esta festa gastronómica con carácter relixioso e cultural é a máis popular de toda a Costa da Morte. O pobo de Carnés, aparte dos seus rituais, ten valiosísimos elementos etnográficos de moita antigüedade, daí o seu recoñecemento polas administracións públicas. Xa están preparadas as potas que cocerán os mellores callos na víspera das grandes Festas de San Cristobo. Si de algo nos podemos equivocar pode ser na predición feita contra todo pronóstico do tempo (non choverá e acompañarán as altas temperaturas o luns) pero da calidade desta cita convertida en tradición, aí non hai marxe de erro.

2 comentarios:

  1. En realidade, este comentario meu non se refire, precisamente, a esta noticia, se non a anterior.
    Disculpen o meu erro.
    Antonio

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ok Antonio, xa o trasladei á outra entrada. Saúdos e gracias por estar ahí.

      Eliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo