Páginas

sábado, 7 de julio de 2012

O goberno negociou e a pesca de xurelo reabrirase o vindeiro martes

Na imaxe os redeiros Apóstol e Xurel Uno. Camariñas Directo
O secretario xeral de pesca do goberno, Carlos Domínguez anunciaba onte en diferentes medios que despois dunha reunión mantida con representantes da flota do Cantábrico Noroeste, a partires do vindeiro martes será posible pescar algo de xurelo. Serán medidas limitadas pero son un balón de osíxeno na liña de flotación dos barcos de cerco. Con un cupo de 4000 kg á semana por barco para facer durar máis a cuota adicional, comprobaranse os datos do diario electrónico en cada cerqueiro todos os días para evitar peches anticipados. A reapertura na zona VIII C, que abarca dende Fisterra ata o Golfo de Viscaia é posible gracias ao intercambio con Portugal. A flexibilidade interanual permite sobrepasar a cuota anual ata case o 5% sen que haxa penalización. En canto a xarda, a Secretaría Xeral de Pesca tamén está intentando que dende Bruselas cedan algunha cantidade aínda que sexa para tratar como pesca accidental e non ter que descartar e tirar toda ao mar.  Hai que lembrar que a pesca con cerco nesta zona da Costa da Morte ten especial relevancia en sardiñas, xurelos e xardas e ca escasez de sardiña e coa prohibición das outras dúas especies é moi difícil soster as centos de familias que dependen desta arte de pesca. 


 Con esta noticia a cal esperamos non equivocarnos, rompemos a parada de noticias sobre "MAR", que é onde máis se pretendía enfocar este blog. Todo a raíz dunha noticia que finalmente non coincidimos (polas negociacións fructíferas de última hora) sobre outro peixe que case se prohibe pescar polos malos repartos de cuotas que ten  España con Bruselas (por entrar máis tarde na Unión Europea) e que foi obxecto de "ataques" a este redactor sendo fotocopiadas varias letras e chegadas a tropecentos patróns (gracias pola publicidade feita a esta web) e ao mesmo presidente dunha entidade fundamental no mundo da Pesca. Afortunadamente, despois de ler catro veces o publicado aquí, non deron crédito as formas que se poidan as veces de ver as cousas que, ou non saben ler ou non quen ver máis que cinco patas nunha mesa de catro. Como a maioría de mariñeiros (lectores) seguen animándonos a falar de "Mar" procuramemos de puntillas seguir. Si desta vez tamén nos equivocamos e non deixan pescar de Touriñán para arriba xurelo a partires do martes, Camariñas Directo, sentíndoo moito polos centos de fieis lectores, cerrará definitivamente antes de ser crucificados como o mesmo Xesucristo. A pesca é como a vida mesma, hai que levala con calma, do mal tempo nunca saíu nada bo.

1 comentario:

  1. Si se proibe pescar xarda e xurel non poden cubrir gastos solo con sardiña porque son muitos homes que leba un barco.Miguel en Camariñas nunca pudo aber nada e non fagas caso e sije na tua linea que vas coma un reloj,son muy bonitas as noticias de mar pero si tes que esquivalas faio pero non penses noutra cousa que publicar sea o que sea,nunca te pos con nadie coma outros e vese que defendes o coletivo de todos,sigue asi e grasias polo tempo que dedicas nesto un home que traballa e fai este esfrozo polos que vimos a este barcallan.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo