Páginas

lunes, 13 de agosto de 2012

Un minuto de silencio por D. Enrique Vázquez Méndez no Camariñas & Deportivo da Coruña

Xa fai semanas que Don Enrique faleceu para certas personas de mala fe que viven no Concello de Camariñas porque en plenas Festas do Carmen, posiblemente os mesmos/as de sempre correron a voz como a espuma que o carismático propulsor coa súa cuñada Milagros do mítico restaurante 4 ventos acababa de falecer. Inexplicablemente e sin saber si esa maldade ven por soños entre sábanas ou porque existen cabezas que están como auténticas regadeiras telefoneábamos á súa cuñada para saber si tal calamidade era verdade resultando ser toda unha farsa. Onte, lamentablemente e un mes despois de tales rumores sin pes nin cabeza, paraba de latexar o noble corazón de Don Enrique Vázquez aos 74 anos de idade a causa dunha letal enfermidade. Un minuto longo de silencio apoderábase do encontro amistoso que disputaron o Camariñas F.C e os xuvenís do Deportivo da Coruña no hermanas Patiño na tarde deste Domingo (2-4 a favor dos coruñeses). Merecidísima homenaxe ao pai dunha das personas que máis fixo por este clube (de forma altruista), o seu único fillo Enrique dos 4 ventos. Casado máis de medio século con Dona Pilar, deixa trás de sí un profundo pesar na nosa vila pola súa proximidade e comunicación cos veciños e conveciños de ben. Moi coñecido, sociable, alegre e camiñante a cotío dos máis remotos lugares da súa querida Camariñas, deixa esposa, un fillo e dous netos aos cales ao igual que o resto da familia lles mandamos o noso máis profundo pesar e ánimos nestes momentos tan duros. Vaise outra desas persoas significativas, emprendedoras e loitadoras do noso Concello, insaciable traballador e mestre da cociña. Está sendo velado no tanatorio San Vicente de Vimianzo e o seu féretro sairá a partires das 17:30 con destino á Igrexa de San Xurxo. D.E.P querido Enrique e que Dios che teña na gloria eterna ao seu carón.

domingo, 12 de agosto de 2012

O vento xira o rumbo e o tempo complícase en pleno ecuador de agosto

Despois da calma ven a tormenta e vicebersa e si estos días vivimos a ola de calor que azotou a Costa da Morte (e resto de España) nos vindeiros días os ventos cambian de rumbo e como é de esperar con ventos de sudoeste as chuvias  estarán presentes especialmente os tres primeiros días desta semana que entra podendo ser localmente moi fortes. É unha noticia negativa para os turistas que se achegan ás nosas praias para disfrutar das xélidas augas e positiva para os que buscan aire acondicionado natural e desexen sair dos fornos do interior da península. No mar, a excepción do mércores que as ondas poderían superar os 3 metros de altura está previsto que ronden os 2 metros e polo tanto fai presaxiar que esta semana do ecuador de agosto se complique pero os ventos de nor-nordeste, man a man cos de sudoeste poderáin ir asentándose de novo según vaia rematando a vindeira semana na cal  o bo tempo seguirá o seu curso. Con todo isto, as temperaturas mínimas pouco van baixar e as máximas rondarán os 20º ...a forza do vento moderada con rachas de sudoeste que poden acadar os 27 nudos de velocidade os luns, martes e mércores son a nota máis significativa. Poranlle fronte os visitantes ao destartalado e mellor clima da nosa península? Aquí eche o que hai...

viernes, 10 de agosto de 2012

Pescadores aficcionados aos calamares fixéronse cargo da reparación dunha farola do peirao de fora

Chega o verán e como ven sendo habitual desde que existen luces nos portos moitos turistas asómanse ás zonas dos peiraos relativamente tranquilas para lanzar os seus sedais para distraerse, liberar estrés e como non, para pescar os sabrosísimos calamares. Antes, durante e despois da época estival é asíduo ver a veciños do noso concello e lindantes practicar a pesca deportiva pero este ano temíanse o peor porque unha das principais farolas para os calamareiros levaba un tempo averiada. Unha simple lámpara era a causante do pre-estrés de varios pescadores incondicionais e non tiveron mellor idea que dirixirse as dependencias de Portos a expoñer o seu problema. Lonxe de atopar unha solución rápida decidiron facerse cargo eles mesmos de reparar a deteriorada e potente bombilla e recolectando 4 euros por cabeza a razón de 20 sufragaron os 80 euros (mano de obra incluída) que se necesitaban para chamar a un operario autorizado e así devolverlle ao peirao de fora o seu habitual aspecto. Son moitas as horas que se poñen nas rochas departindo piques (de quen pesca máis), conversas e ata cafés bendicidos en auga bendita e o prezo dun cubata non podía desbaratar aos ilusos pescadores de calamares da ría. Si case todo nesta vida ten solución, habendo voluntade e aínda que arriba digan que non teñen patacón.

miércoles, 8 de agosto de 2012

Villegas, armador do cefalopodero Manuel Nores: "Bruselas non quere aos arrastreiros"

Foi publicar nesta humilde web que a Comisión Europea de Pesca lanzara un "misil" aos arrastreiros galegos e nunhas horas abríase un sano debate a carón da lonxa vella entre algúns dos mariñeiros daquí. Poucos daban crédito que o elevado poder da frota de arrastre recibira un torpedo na liña de flotación pero no medio, algún pescador convenceuse que en Bruselas os "contos non enchen" e iso de que se poida considerar pesca artesanal e cun futuro sostible aos barcos de arrastre non colou e segue sen colar entre as mallas dos aparellos que empregan. No Morrazo, principal porto de barcos cefalopoderos que faenaban en Mauritania viron como foron desfilando e atracando na tarde de onte en Marín, un por un, os máis de 20 barcos que pescaban polbo en territorio marroquí. Expulsados do único caladoiro que lles quedaba despois de ter que abandonar (por outras razóns) os de Gabón e Guinea-Bissau (por falta de seguridade) agora queda a incertidumbre sobre o futuro que lles depara aos mariñeiros que compoñían dita  frota. En Galicia e desde as administracións teñen pleno apoio (e comprensión) polo que o propio sector perxudicado culpa desta falta de acordo da Unión Europea á grega María Damanaki. O armador de varios cefalopoderos, entre eles o buque Manuel Nores, o señor Villegas recalcou aos medios informativos que "en Bruselas non queren aos arrastreiros e van a conseguilo" e o seu colega de profesión, Manuel Gago, patrón do buque Varalonga pensa o mesmo e doulle un voto de confianza aos nosos políticos asegurando que "eles si que saben de pesca e non na Comisión Europea". Os tripulantes (especialmente os mariñeiros de abordo) con cara de desolación e preocupación por ter que regresar ao seu porto de orixe e os propios armadores non descartan movilizacións si non hai acordos para pescar polbo ca modalidade de arrastre aínda que sexa noutros mares. Futuro negro o que se divisa para os mariñeiros...para os armadores quizás se aveciñen unhas suculentas cifras para levar ao cementerio á "todopoderosa frota de arrastre", progresivamente, claro está.

lunes, 6 de agosto de 2012

A selección da Costa prantoulle cara ao filial do Deportivo da Coruña

Imaxinades que o ser humano, sobre todo os españois, olláramos atrás e víramos de onde vimos... Que pensarían as persoas que loitaron e tiveron o valor de sacarnos da case miseria e viran os excesos producidos na época actual ata sumerxernos rumbo outra vez á "case miseria". Imaxinemos que de novo as persoas cun determinado valor ocuparan o sitio que lle corresponde sen mirar só de quen é fillo/a ou amigo/a e non sufriran os inxustos ocos ocupados por incompetentes e pelotilleros especialistas do bon saber vivir. Seguramente algún día comezaríamos a divisar unha luz no oscuro túnel e ata os políticos si foran valorados (independentemente do partido que fose) pola súa valía, outro galo cantaría. Na tarde de onte, nun lugar da Costa da Morte e da man da Asociación de Clubes da Costa, un xóven camariñán con máis de 13 anos de experiencia nos banquillos dos campos de fútbol da Costa, o camariñán Berto Suárez (agrupando xogadores da parte Norte da Costa da Morte) e Manu Roque (con xogadores da parte Sur) prantábanse no campo San Paio de Refoxos en Cee para enfrontarse ao filial do Deportivo da Coruña no torneo benéfico Manolo Martín resultando gañador da final o equipo herculino por 2-1. O precioso trofeo formado principalmente por unha cuncha e unha barca de prata quixo quedarse aquí despois do primeiro tanto marcado por Toni pero a intensidade que o filial do Dépor tivo que empregar para remontar o partido tamén fixo que saltase o talento do zacense Javi Suárez, o camellán Felipe e o camariñán Moriño. Miles de ollos incluídos os deportivistas divisaron a un auténtico Valerón camariñán (nunca levantou unha mínima polémica) levando a batuta no centro do campo e algunha mente experta no mundo do fútbol recordou o valor dos que superon sacarnos da "case miseria" española naquelas épocas e pensou e dixo a esta redacción -Pero este Moriño, mariñeiro e canso de traballar toda a semana, que case podería ser pai dalgún rival ninguén o vío antes?...Non todos teñen a mesma sorte, o mesmo enchufe, as mesmas oportunidades (ou unha oportunidade). Non sempre se mira a valía das personas polo que son e así vamos, pero, os nosos ollos nunca poderán cerralos nin os dos visitantes e quero negarme a pensar que outra das razóns polas que non se valoran como deberían aos nosos veciños (teñan a profesión que teñan, este é un mero exemplo) sexa por "vivir en Camariñas". O que sí non caben dudas é da calidade ofrecida onte polos xogadores da nosa Costa con Manu e Berto, este último un dos mellores adestradores da Liga da Costa.