Páginas

lunes, 6 de agosto de 2012

A selección da Costa prantoulle cara ao filial do Deportivo da Coruña

Imaxinades que o ser humano, sobre todo os españois, olláramos atrás e víramos de onde vimos... Que pensarían as persoas que loitaron e tiveron o valor de sacarnos da case miseria e viran os excesos producidos na época actual ata sumerxernos rumbo outra vez á "case miseria". Imaxinemos que de novo as persoas cun determinado valor ocuparan o sitio que lle corresponde sen mirar só de quen é fillo/a ou amigo/a e non sufriran os inxustos ocos ocupados por incompetentes e pelotilleros especialistas do bon saber vivir. Seguramente algún día comezaríamos a divisar unha luz no oscuro túnel e ata os políticos si foran valorados (independentemente do partido que fose) pola súa valía, outro galo cantaría. Na tarde de onte, nun lugar da Costa da Morte e da man da Asociación de Clubes da Costa, un xóven camariñán con máis de 13 anos de experiencia nos banquillos dos campos de fútbol da Costa, o camariñán Berto Suárez (agrupando xogadores da parte Norte da Costa da Morte) e Manu Roque (con xogadores da parte Sur) prantábanse no campo San Paio de Refoxos en Cee para enfrontarse ao filial do Deportivo da Coruña no torneo benéfico Manolo Martín resultando gañador da final o equipo herculino por 2-1. O precioso trofeo formado principalmente por unha cuncha e unha barca de prata quixo quedarse aquí despois do primeiro tanto marcado por Toni pero a intensidade que o filial do Dépor tivo que empregar para remontar o partido tamén fixo que saltase o talento do zacense Javi Suárez, o camellán Felipe e o camariñán Moriño. Miles de ollos incluídos os deportivistas divisaron a un auténtico Valerón camariñán (nunca levantou unha mínima polémica) levando a batuta no centro do campo e algunha mente experta no mundo do fútbol recordou o valor dos que superon sacarnos da "case miseria" española naquelas épocas e pensou e dixo a esta redacción -Pero este Moriño, mariñeiro e canso de traballar toda a semana, que case podería ser pai dalgún rival ninguén o vío antes?...Non todos teñen a mesma sorte, o mesmo enchufe, as mesmas oportunidades (ou unha oportunidade). Non sempre se mira a valía das personas polo que son e así vamos, pero, os nosos ollos nunca poderán cerralos nin os dos visitantes e quero negarme a pensar que outra das razóns polas que non se valoran como deberían aos nosos veciños (teñan a profesión que teñan, este é un mero exemplo) sexa por "vivir en Camariñas". O que sí non caben dudas é da calidade ofrecida onte polos xogadores da nosa Costa con Manu e Berto, este último un dos mellores adestradores da Liga da Costa.


 Pola Liga da Costa estiberon: Ángel Luis (Muxía) y Miguel Anxo (Lira). Defensas: Brais (Porteño), Pandi (Corme), Álex (Club do Mar), Iván Rey (Sofán), Maikel (Soneira), Chema (Monte Louro), Chúa (Outes), Aarón (Dumbría) y Simón (Esteirana). Centrocampistas: Barreiro (Camelle), Moriño (Camariñas), Pío (Alcaián), Carlos (San Lorenzo), Brais (Mazaricos), Nico (Fisterra) y Mayor (Soneira). Delanteros: Alberto (Ponteceso), Alexandre (Bergantiños), Kike (Soneira), Javi Suárez (Baio) y Toni (Dumbría B).

Polo Filial do Dépor:  David; Tomás, Alberto, Cardelle, Escóns; Teles, Denís, Bicho, Pérez, Julio e Ismael. Entraron en descanso Pereira, Juampa, Chiño y Andrés.

Goles: 1-0, min. 11: Toni; 1-1, min. 21: Bicho e 2-1, min. 31: Tomás
Árbitro: Raúl García de Loza.
Incidencias: Boa entrada no San Paio de Refoxos. 2000 euros de entradas e rifas.

...................................................................................

Fonte: Berto Suárez e La Voz de Galicia.
Fotos: La Voz e fotomontaxe Camariñas Directo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo