Páginas

miércoles, 26 de septiembre de 2012

O camariñán Arturo Pasantes Vidal "campión" do 1º campionato Ferroatlántica de pesca submariña

Foto e fonte: La Voz de Galicia
Este pasado sábado reuníanse na zona da Arliña (Muxía) máis de medio cento de pescadores submarinistas provintes da nosa zona e de outros puntos de fora de Galicia para participar no 1º campionato de pesca Ferroatlántica organizado polo clube Costa da Morte Sub. A competición rexida pola normativa da Federación Galega de Actividades Subacuáticas non permitía capturas de peixes planos, nin cefalópodos nin ningún tipo de mariscos. A zona da competición, limitada na costa muxiana desde a Punta da Buitra ata a Punta da Barca rendíase ante as aletas e o arpón do noso veciño de Camariñas, casado e residente exercendo de bombeiro en Cee, Arturo Pasantes Vidal, máis coñecido como o fillo do carismático expatrón de pesca da vila das palilleiras "Chulú". Este lobo dos fondos do mar, que de cando en vez aínda coincidimos despois de 20 anos que foi cando varios veciños de Camariñas tomábamos rumbo a Cee-Sardiñeiro-Fisterra por motivos amorosos ata quedar fondeados cas nosas parellas alzouse co título de "campión" co clube organizador e do que forma parte. Capturou 18 peixes, especialmente sargos, dos que 9 contabilizaron para alzarse co premio. Máis de 300 kilos de peixes foron pesados no pavillón de Cee e donados a Cáritas da misma vila. Tan só nos queda darlle a noraboa a un gran amigo e veciño que para nada nos colleu de sorpresa. Noutras ocasións que coincidimos con el subindo pola praia da vila da Xunqueira despois de practicar submarinismo brindábanos as posibilidades que este todo terreo é capaz de acadar e os resultados confirmárono. Felicidades Chulú (miiiiiiiiiii) e que corran bos ventos por esas terras compañeiro.

lunes, 24 de septiembre de 2012

Os cadetes do Porteño e Muxía xogaron un amigable na Arliña desafiando aos fortes ventos e choivas

Cinco da tarde no campo de fútbol da Arliña, en Muxía e no medio da forte borrasca que azotou á Costa da Morte durante esta fin de semana, dous equipos de cadetes que tiveron que refuxiarse por uns intres nos vestiarios debido ao forte chaparrón que caía cumpriron co seu compromiso amigable que tiñan pendente no medio dunha increible escampada que a Virxe da Barca lles concedeu. Un céspede cun piso bastante irregular e dos poucos de herba natural que ainda se conservan congregaba a preto de vinte cadetes do Porteño F.C que maxistralmente son preparados físicamente baixo as ordes de Castro, mariscador camariñán, exporteiro da vila e de formas educadas e impecables a base de corazón e boa fé que varios días da semana rouba do seu tempo horas que adica aos seus pupilos. Acompañando na parte técnica, o adestrador Ordóñez, que prácticamente el só coordina todo canto se move arredor deste exemplar equipo, traballo que unha directiva precisaría de varias persoas, e que, cousas do destino unha vez tendo o pracer de haber podido cruzarme con el e ver de preto a legalidade que emprega con respecto ás fichas, bocatas e augas para os xogadores, trato exquisito con todos, etc, etc, etc que tan só se ve apoiado por pais que poñen o seu coche para facilitar o transporte (pendente de negociar un pouco co concello) destes cadetes e dando claro exemplo antipolémico en todas as facetas de modo tan altruista, convertido no único home que foi quen de xuntar un equipo de cadetes no noso concello, expresámoslle hoxe desde Camariñas Directo o noso agradecemento e que a sorte, deportividade e bo facer reinen por moito tempo. O resultado do partido, que as veces non é o que importa, foi favorable ao porteño por 1-3 e con este son tres de tres os partidos que venceron os Ordóñez-Castro neste inicio de pretempada. Preparadores e rapaces chamados a ser ser homes con ilusión e que pasan por alto que teñan os vestiarios onde adestran todos os días pechados, quen sabe, posibles vinganzas de palabras saídas de tono por algún directivo senior totalmente axenos a eles e con consecuencias que despois pagan os inocentes, os sempre inocentes "rapaces".

domingo, 23 de septiembre de 2012

A primeira borrasca de Outono obrigou a toda a flota de baixura a resguardarse nos abrigos dos portos

Comezou o Outono e xa o primeiro día trouxo consigo unha forte borrasca que está azotando a varias provicias españolas pero con especial incidencia na costa noroeste. Prácticamente toda a flota de baixura está amarrada coas súas apropiadas medida de seguridade como é habitual sempre que algún fenómeno adverso se arrima á nosa costa. Transcurrindo de momento sen incidencias (en Camariñas), as previsións de ventos de sur-sudoeste entre 80 e 100 Km/h foron superados na vila de Lira onde as rachas acadaron os 107 Km/h. Trombas de auga incluídas, está previsto que a partires deste domingo o mal tempo vaia remitindo pola tarde que é cando se espera un forte chubasco e os ventos saltan máis a Oeste anque a melloría verase a escalas moi lentas. Anda a nosa páxina favorita de prediccións meteorolóxicas variando levemente pero todo parece ser que non será ata mediados-finais de semana ata que os ventos vaian xirando o seu rumbo de sudoeste a noroeste-norte e finalmente o nordés colla posesión de venres en diante. No mar as ondas acadarán os case 4 metros de altura especialmente o vindeiro mércores. As orellas do inverno xa se ven, lei de vida para os que vivimos nestes recunchos.

viernes, 21 de septiembre de 2012

Este vindeiro sábado crearase a nova Asociación de Armadores de Cerco

Cambian os tempos, as formas, as leis e o amoldamento da flota pesqueira debe ir aparexado e ben encamiñado con elas. A iniciativa nacida por cerqueiros de Malpica con especial fincapé do Escacho reunirá este sábado  na Casa do Mar de Coruña aos principais armadores da costa e constituirase a Asociación de Armadores de Cerco principalmente da provincia herculina aínda que non se descarta que vaia aumentando, de feito, dous barcos de Portosín uniranse a dita iniciativa. Segundo fontes de Manuel de Lin, armador e patrón do Riobao, a partires das 10:30 está prevista a concentración e votacións para nomear oficialmente a nova directiva da asociación. Agás dous barcos que de momento non formarán parte, toda a flota camariñana e malpicana (as máis importantes da Costa da Morte nesta modalidade) asociaranse cos demáis portos da man dun prestixioso avogado para evitar que nun futuro cada cual tome un rumbo en solitario co conseguinte perigo de ser ignorado (a unión fai a forza) e reunirse coas respectivas consellerías de pesca e tratar de defender os dereitos comúns de toda a flota de cerco sobre todo no referente a cupos e outros factores que golpean duramente na liña de flotación económica dunha flota que xenera centos de traballos directos e sin ningunha dúbida é a máis importante no desenrolo pesqueiro  da Costa da Morte en número de traballadores e facturación. Renace a "voz" dos redeiros.

O Serviola 1 foi reflotado e remolcado na tarde de onte ata os asteleiros do Freixo

Foto; La Voz de Galicia
Si por unha banda seguen as investigacións para esclarecer os motivos do accidente do Serviola contra unha das bateas do polígono que hai na Ría de Muros, por outra banda seguen os traballos de recuperación do pequeno cerqueiro. Cun boquete no costado de estribor que foi o causante da vía de auga e posterior afundimento, o barco estaba afundido a unhas 15 brazas de profundidade (22 metros) e na tarde de onte era reflotado e varado nunha praia para taponar provisionalmente por carpinteiros do Freixo (Outes) a parte do casco dañada e así remolcalo ata os asteleiros. Os mariñeiros (dous senegaleses e un marroquí) e o patrón declaraban tamén este pasado mércores en terras muradanas sobre o suceso ante a Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos.  O patrón do barco, Jesús Queiruga aproveitou a presenza da conselleira de pesca Rosa Quintana durante o enterro de Manuel (D.E.P), o único mariñeiro falecido, para expoñerlle a sua queixa por non estar sinalizadas as bateas da Ría de Muros-Noia sen recibir contestación ao respecto ata o momento (segundo a súa versión). Tamén se laiou de que son uns 60000 euros os que necesita para facer fronte ás reparacións porque para máis inri (segundo fontes moi fiables) non dispón de seguro no seu buque. O Serviola 1 que o único que conserva da decoración da súa silueta desde que partíu de Camariñas é o serviola (un home vixiando cos prismáticos pintado na proa) podería volver a navegar próximamente. Sobre a sinalización das bateas cabe salientar que non están identificadas en todas as cartas marítimas das que dispoñen os gps.plotter dos que van provistos os barcos que navegan próximos a elas e a non ser que esteas atento segundo a segundo e palmo a palmo de mar á pantalla do radar ou que sexan ploteadas a plena luz do día polo mesmo patrón, sin sinalizar son un peligro latente para a navegación e máis se falamos de barcos que "naveguen por primeira vez" pola citada ría. Ven sendo como un laberinto formado por centos e centos de metros cadrados ás súas anchas no medio do mar e por ter, non teñen unha simple bombilla que as identifique. Están ancladas pero as noites son noites e lamentablemente sempre teñen que pasar traxedias e a base de paos  para que corrixamos e aprendamos dos erros causados polo ser humano. O peor foi de quen marchou para sempre porque o resto todo ten solución, a base de paciencia, a mesma que tiveron os lectores de Camariñas Directo durante os días que non se actualizou nada por aquí e onde o 95 % dos mariñeiros e patróns de Camariñas queren, confirman e motivan día trás día ao seu redactor  para que esto siga a pé de cañón.

martes, 18 de septiembre de 2012

O barco excamariñán Serviola 1 naufraga na ría de Muros e falece un tripulante de Porto do Son

Vinte minutos antes das 7 da madrugada desta mañá de martes, a radiobaliza do Serviola 1 activábase despois de que o barco chocara contra unha batea na ría de Muros e unha vía de auga provocara un rápido afundimento. Salvamento Marítimo lanzaba un aviso a todos os barcos e movilizaba ao helicóptero e á  lancha de salvamento  Regulus (coordinados dende Salvamento Marítimo de Fisterra) anque xa non tiveron que intervir ao seren rescatados os tripulantes do pequeno cerqueiro por dous buques que navegaban preto do Serviola. A tripulación formada por cinco homes (dous marroquíes, un senegalés, un mauritano e un español) foi rescatada e como consecuencia do suceso, o mariñeiro natural de Porto do Son e residente en Portosin, Manuel (50 anos), cunha ampla experiencia no mundo do mar falecía e outro mariñeiro de 21 anos de orixe marroquí está ingresado no hospital de Santiago con pronóstico reservado despois de sufrir unha severa hipotermia. O Serviola 1 foi construído e botado en Camariñas no ano 1989 por Manolo de Pirrúa (D.E.P) e sería vendido para Portosín posteriormente, o seu casco era de madeira e tiña pouco máis de 11 metros de eslora.