Páginas

domingo, 23 de septiembre de 2012

A primeira borrasca de Outono obrigou a toda a flota de baixura a resguardarse nos abrigos dos portos

Comezou o Outono e xa o primeiro día trouxo consigo unha forte borrasca que está azotando a varias provicias españolas pero con especial incidencia na costa noroeste. Prácticamente toda a flota de baixura está amarrada coas súas apropiadas medida de seguridade como é habitual sempre que algún fenómeno adverso se arrima á nosa costa. Transcurrindo de momento sen incidencias (en Camariñas), as previsións de ventos de sur-sudoeste entre 80 e 100 Km/h foron superados na vila de Lira onde as rachas acadaron os 107 Km/h. Trombas de auga incluídas, está previsto que a partires deste domingo o mal tempo vaia remitindo pola tarde que é cando se espera un forte chubasco e os ventos saltan máis a Oeste anque a melloría verase a escalas moi lentas. Anda a nosa páxina favorita de prediccións meteorolóxicas variando levemente pero todo parece ser que non será ata mediados-finais de semana ata que os ventos vaian xirando o seu rumbo de sudoeste a noroeste-norte e finalmente o nordés colla posesión de venres en diante. No mar as ondas acadarán os case 4 metros de altura especialmente o vindeiro mércores. As orellas do inverno xa se ven, lei de vida para os que vivimos nestes recunchos.

1 comentario:

  1. Cando lein esta noticia no medio do temporal pensei en esperar estes dias e fenomeno,clavastes as predicions que non sei ben donde mirades pero increible.Sigue asi deleitandonos Mikel e informando de cousas que realmente interesan.Chapeau.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo