Páginas

miércoles, 26 de septiembre de 2012

O camariñán Arturo Pasantes Vidal "campión" do 1º campionato Ferroatlántica de pesca submariña

Foto e fonte: La Voz de Galicia
Este pasado sábado reuníanse na zona da Arliña (Muxía) máis de medio cento de pescadores submarinistas provintes da nosa zona e de outros puntos de fora de Galicia para participar no 1º campionato de pesca Ferroatlántica organizado polo clube Costa da Morte Sub. A competición rexida pola normativa da Federación Galega de Actividades Subacuáticas non permitía capturas de peixes planos, nin cefalópodos nin ningún tipo de mariscos. A zona da competición, limitada na costa muxiana desde a Punta da Buitra ata a Punta da Barca rendíase ante as aletas e o arpón do noso veciño de Camariñas, casado e residente exercendo de bombeiro en Cee, Arturo Pasantes Vidal, máis coñecido como o fillo do carismático expatrón de pesca da vila das palilleiras "Chulú". Este lobo dos fondos do mar, que de cando en vez aínda coincidimos despois de 20 anos que foi cando varios veciños de Camariñas tomábamos rumbo a Cee-Sardiñeiro-Fisterra por motivos amorosos ata quedar fondeados cas nosas parellas alzouse co título de "campión" co clube organizador e do que forma parte. Capturou 18 peixes, especialmente sargos, dos que 9 contabilizaron para alzarse co premio. Máis de 300 kilos de peixes foron pesados no pavillón de Cee e donados a Cáritas da misma vila. Tan só nos queda darlle a noraboa a un gran amigo e veciño que para nada nos colleu de sorpresa. Noutras ocasións que coincidimos con el subindo pola praia da vila da Xunqueira despois de practicar submarinismo brindábanos as posibilidades que este todo terreo é capaz de acadar e os resultados confirmárono. Felicidades Chulú (miiiiiiiiiii) e que corran bos ventos por esas terras compañeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo