Páginas

sábado, 27 de octubre de 2012

Grave acto vandálico no cuartel da Garda Civil de Camariñas

A onde vamos chegar si a máxima autoridade, a  máis importante e necesaria na seguridade cidadá recibe un grave acto vandálico como o producido esta pasada madrugada en Camariñas. Coas súas limitadas contrapartidas equiparándoas co difícil traballo que teñen que desempeñar, as forzas da benemérita, que de momento non fixeron público ningún comentario  sobre as investigacións que se están levando a cabo neste grave suceso, viron como as cristaleras e parte da fachada era alcanzada polas lapas producidas por diferentes materiais inflamables que foron depositados á altura da porta. O que sí está claro é que o presente non recorda semejante acto vandálico nun cuartel de Garda Civil e de si algo podemos estar satisfeitos e orgullosos  é do trato profesional e perfecto integramento que teñen os gardas civís que pasan polo cuartel de Camariñas cas formas de vida destes pobos á hora de facer o seu traballo. Oxalá o "non dispoñer" dunhas cámaras de vixiancia, máis personal ou calquer outro medio necesario do que precisen non sexa por causa dos recortes porque a "seguridade" non hai diñeiro existente que a poida pagar. Si todo acto vandálico é repudiable, si se produce ante a nai da orde pública, non ten calificativos.

Prorrogadas 4 anos máis as axudas do Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro

Andaba e anda o tema das axudas para a pesca (especialmente na pesca industrial, na baixura non existen subvencións a paradas temporais obrigatorias) a voltas no seno da Comisión Europea  sobre todo porque paises que desexan todo o mellor para España, como Alemania, non estaban dacordo en que o noso país, especialmente Galicia por ser a comunidade con máis peso no mundo do mar recibira un só euro calificándoas como "ineficaces" e non quedou outra que unirse a países como Francia, Portugal e Polonia e despois de máis de 40 horas de negociación, tanto o goberno galego como o nacional califican o acordo de "positivo" ao conseguir unha prorroga de 4 anos máis do Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro que contará con máis de 6500 millóns de euros (a repartir) e así poder prepararse para a próxima PPC . Con estas medidas preténdese dar continuidade ás axudas ao desguace e modernización da flota pesqueira, unha modernización que sufríu un dos redeiros máis mediáticos de Camariñas, o Gallego José, agora chamado Marino José, con porto base en Avilés. A punto de formalizar a súa compra e que o novo retorno para o noso porto fructificase, esas e outras razóns burocráticas frearon a operación. Non se pode vender un barco antes de 5 anos si recibistes axudas a non ser que devolvas a súa proporción. Como podemos apreciar neste novo vídeo que o noso querido amigo e colaborador en Asturias, Manuel, nos manda, o redeiro excamariñán está pescando bastante ben, de feito podemos ver como transporta un bo lance de peixe con rumbo a lonxa avilesina. Era necesario puntualizar neste aspecto porque a nosa fonte (contrastada co futuro armador) está sempre a pé de cañón con todo que se mova por terras asturianas e leve acento camariñán. 

domingo, 21 de octubre de 2012

Un novo redeiro en Camariñas para un dos armadores máis xóvenes da Costa da Morte

Xa está confirmado que o Rosymar, con porto base en Cambados vai cambiar de rumbo e de novo será Camariñas o destino que tome o compás do redeiro de case 16 metros de eslora e casco de madeira. Domingo Miñones Mouzo, coñecido carismáticamente como Dominguiños será moi pronto o novo patrón e armador deste barco de apenas 15 anos de antigüedade e que engrosará máis o importantísimo censo do porto camariñán. Con 28 anos ás súas espaldas e cunha dilatada experiencia no mundo do cerco, xunto con Edelmiro Campaña (fillo), son dos armadores máis xóvenes da Costa da Morte que patronean barcos desta envergadura e responsabilidade con máis dunha ducia de familias asalariadas abordo entre os dous. Está claro que na vila dos encaixes o carácter emprendedor, loitador e traballador estancouse na xuventude no mundo do mar, mermada quizáis pola ausencia de traballos en ningunha parte. Quedan dúas opcións, facer as maletas todos e deixar estes pobos sin alma e que cerren comercios, bares, etc, poñendo unha barrera no alto das carballas ou emprender as túas ideas e poñerse a fondo no que che gusta. Evidentemente, aparte de valor, coraxe e destreza nos aparellos da ponte de mando hai que depositar unha importante cantidade de diñeiro, unha inversión necesaria (ao mar non se engaña) para poder pescar segundo veñan os ventos e leis que cambian como as estacións do ano. Paralelamente a todo isto, a sorte é imprescindible, unha sorte que lle desexamos imperiosamente desde Camariñas Directo a todos os mariñeiros emprendedores e neste caso ao noso estimado veciño e amigo "Domingos". Que corran sempre bos ventos e boa pesca compañeiro.

viernes, 19 de octubre de 2012

O Centro Comercial Finisterrae en Cee dispón de locais libres por case 1800 euros ao mes

Esta mesma semana poden verse algúns locais libres e outros liquidando os seus productos por peche no Centro Comercial Finisterrae, en Cee. Vendo o que se ve, normal que a maioría presenten "quiebra", si ao elevadísmo prezo do alquiler lle sumamos o dos seguros correspondentes o lóxico é que se traballe como se di coloquialmente "para o inglés". Onte mesmo, un local libre de apenas 20 metros cadrados está dispoñible por 1795 euros mensuais, IVE e comunidade incluídos. Non caben dúbidas de que Cee é como unha pequena cidade en canto a servizos se refire e o centro comercial en por sí é moi frecuentado pero abrir un mini local destas características custa máis de 2500 euros/mes  coas luces apagadas. Si custa esta cantidade en plena crise non queremos imaxinarnos o que custaría en tempos de bonanzas, de todas formas, cada un no seu oficio, é unha mera opinión.

miércoles, 17 de octubre de 2012

Enquisa: A quen pensas ir votar nas próximas eleccións á Xunta de Galicia?

Rematou a enquisa que estivo colgada durante vinte días aquí en Camariñas Directo. Unha enquisa a nivel local que de pouco vai servir e máis se escoitamos os principais medios xa antes de que se fixera ningunha a nivel autonómico onde dan unha maioría absoluta e aplastante do PPdeG pero como sempre indagamos a fondo nas nosas enquisas, estes foron os resultados mostrados por vós, con un único voto por pc e cunha participación bastante considerable polos lectores, o PP vai gañar en Camariñas cun 23% de sufraxios fronte o 14% que supostamente obterá o PSOE. De novo, o BNG non vai obter representación pero hai un vacío moi considerable que demostra que a xente non está moi pola labor de ir votar o 21 de outubro, unhas eleccións marcadas pola sombra do "rescate". Un 14% votará en branco e un 47% non pensa ir votar. Si estes datos se aproximan á realidade, moitas persoas están indecisas e de última hora poderían cambiar os resultados aquí mostrados pero todo apunta a que pouco máis do 50% dos camariñáns irán votar, a participación máis baixa que se recorda nos últimos tempos...

lunes, 15 de octubre de 2012

Este luns "reunión e charla informativa" na Casa de Pedra de Camariñas cos afectados polas preferentes na Costa da Morte

Foto e fonte: Quepasanacosta
Hoxe día 15 de outubro a partires das 7 da tarde está prevista unha reunión e charla informativa na Casa de Pedra de Camariñas para tratar cos afectados nas preferentes que desencadenaron un fraude a máis de 2000 habitantes da Costa da Morte. Un bloqueo de capital nas súas contas de aforros que se producía en NCG e que xa está denominado como o "corralito galego". Cun repunte de afectados nos últimos días, a nosa bisbarra representa un 5% dos afectados en todo o país onde se calcula que son máis de 100.000 os perxudicados. A Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte coa colaboración do Concello de Camariñas acaban de convocar a 5000 persoas para preparar o arbitraxe no cal Ana María Cedeira, coordinadora da plataforma coruñesa informará das últimas reunións mantidas co presidente de NCG (J.M Castellanos), co presidente do Tribunal Superior de Galicia, co Fiscal Xeral, e, tamén sobre a denuncia que se levará a Bruselas e ante a Comisión Europea para que abra unha investigación sobre este nefasto caso. Importantísima reunión si eres un dos afectados. Pincha no enlace dos nosos compañeiros de Corcubión si queres entrar máis a fondo no tema:  http://www.quepasanacosta.com/?p=18715

sábado, 13 de octubre de 2012

Este domingo día 14 " Mitin do PSdeG-PSOE " en Camariñas coa presenza estelar de Pachi Vázquez

Como todos os lectores poden comprobar día a día, aquí en Camariñas Directo, nunca se fai demagoxia nin se manipula ningunha información que non sexa real nin tampouco se incita a votar a Xoán ou Perillán pero vamos ser sinceros e realistas, poucos, incluso nos atrevemos a dicir que ningún aspirante das altas esferas políticas que non fora socialista se acercan a estes recunchos máis afastados da nosa xeografía galega (sobre todo Camariñas) cando se abre a campaña política máis importante de Galicia, máis ben buscan vilas céntricas onde poidan xuntar máis xente e votos e curiosamente o aspirante a ser presidente da Xunta polas filas socialistas visitou en varias ocasións a capital do encaixe, unhas veces por curtas estadías vacacionais e outras pola gran afinidade que ten coa deputada camariñana Marisol Soneira. Nunha nota de prensa que nos mandan desde o PSOE camariñán, confírmannos que Pachi Vázquez estará mañán presente na Casa de Pedra de Camariñas no mitin "central da comarca" a partires das 8 da tarde. Na mesma nota, os socialistas recalcan o interés que sempre se mostrou desde o PSOE cando gobernou o bipartito na pasada lexislatura e fan referencia aos 20 millóns de euros invertidos no Concello de Camariñas fronte aos escasos miles de euros do actual presidente da Xunta de Galicia. Agradecen a Pachi Vázquez cando era conselleiro de Medio Ambiente o cal califican como o "mellor da historia para Camariñas" por facilitar as adxudicacións dos novos depósitos de auga potable, especialmente no abastecemento na Ponte do Porto, as depuradoras e colectores de Camelle, Arou, Ponte do Porto, Sta Mariña e Camariñas (atrás quedan os tempos dos cajallóns flotando) e láianse de que a de Xaviña non se concretou por culpa de Feijóo. Tamén describen a este político, médico de profesión durante 10 anos no Carballiño como un "home de palabra" e moi próximo cos problemas dos cidadáns. Mañán, a formación política do PSOE camariñán pedirá o apoio e voto a Pachi Vázquez en agradecemento a  todo canto fixo e pode chegar a facer si consigue gobernar Galicia. 

Necesítase embarcación de pesca deportiva para colaborar no "Campionato Autonómico de Pesca de Fondo en Lancha" que se vai celebrar en Camariñas

Na imaxe embarcacións de 7ª lista. Arriba Olga Campos
Andaba Olga Campos esta mesma mañá buscando unha embarcación de pesca deportiva (7ª lista) que quixera colaborar (gastos pagos) participando no "Campionato Autonómico de Pesca de Fondeo en Lancha", o 1º que se celebra na historia da nosa vila (o ano pasado foi provincial) e que se vai celebrar na mesma Ría de Camariñas o vindeiro 21 de outubro (día das eleccións galegas), data xa marcada desde fai un ano pola Federación Galega de Pesca, unha Federación que conta co apoio incondicional e altruísta da Asociación de Empresarios de Camariñas a cal preside a mesma Olga Campos. Necesítase unha embarcación con capacidade e seguridade para catro persoas e así acompañar as 7 que xa confirmaron a súa presencia neste importantísimo campionato. Pescadores aficcionados que se enrolarán por unhas horas e competirán pescando e disfrutando nunha das rías máis fermosas de Galicia e do mundo. A inscripción deberá producirse antes do vindeiro luns e desde Camariñas directo faise un chamamento por sí algún dos nosos lectores está interesado. Insistimos, antes deste vindeiro luns e podes comunicalo  no número de teléfono 662 488 253 ou ben nesta redacción. Os horarios de pesca dentro da ría serán de 8:30 a 12:30, farase unha parada para comer (bolsa de alimentos incluída) e de 13:30 a 17:30. Agradecemos a participación xa confirmada e a que falta por confirmar, Camariñas ten que dar exemplo e non nos cabe ningunha dúbida que así será e os participantes programados pola Federación Galega de Pesca levarán un grato recordo da nosa xente, do noso mar. Sorte a todos os participantes, boa pesca e bos ventos.

lunes, 8 de octubre de 2012

Bieito Lobeira "ata sempre"

Da mesma maneira que chegou ao hórreo vaise, sin ruído. Por motivos personais e según palabras de Bieito Lobeira de "non querer ser un tapón" este monstruo da política pesqueira "sempre" en defensa dos mariñeiros galegos, transparente e coa verdade por diante acaba de abandonar as primeiras filas do seu partido da alma, o BNG. Despois de 17 anos como parlamentario e 8 de voceiro de pesca nas filas nacionalistas abandona a política das altas esferas a saber por qué pero os que levamos tempo seguindo este tipo de temas que nos afectan sabemos que no medio do seu silencio está a enorme brecha que leva desangrando durante un tempo atrás á formación política nacionalista. Como todo nesta vida, non se pode xeralizar e non todos os políticos viven da conveniencia, sobran nin son corruptos, mentres non se demostre o contrario, é máis, son necesarios, cada un no seu oficio. Este xóven político que se coreou con presidentes da Xunta de Galicia como Manuel Fraga (D.E.P), Touriño e Feijoó e que plantexou centos de propostas non de lei e de lei, miles de preguntas a conselleiros-as de pesca como López Veiga, Carmen Gallego e Rosa Quintana seguirá na militancia pero non será o mesmo. Pensa que pode obstaculizar a novas xeracións e futuras propostas nacionalistas pero personalmente penso que nadie vai poder sustituir a este fillo de mariñeiro e mariscadora de Marín. Desvivíuse pola defensa do sector pesqueiro e chegou a levar un xurelo (na foto) ao mesmo escano de Feijoó cando a política pesqueira comunitaria comenzou a mandar ventos desfavorables nos cupos e descartes de xurelo, peixe que xa se cerrou e abríu a veda tres veces no que vai de ano. Bieito, que corran sempre bos ventos toda a túa vida e onde queira que te atopes...ata sempre.

sábado, 6 de octubre de 2012

A empresa constructora Lires Cons S.L construirá o tanatorio municipal de Camariñas

Foto: viarural - Fonte: Máis Camariñas
Por fin e despois dunha dura batalla entre o goberno socialista e a oposición popular sobre todo este útimo en contra de que o tanatorio fora construído con diñeiro público e tamén en desacordo co lugar no que se vai construir chegando a dudar da titularidade dos terreos en polémicos e costosos plenos, o primeiro tanatorio municipal de Camariñas leva o camiño de ser unha realidade. A empresa constructora a que foi adxudicada a obra é Lires Cons S. L, ubicada en Dumbría. Ao concurso da obra presentáronse 22 constructoras da nosa comarca e incluso de fora de Galicia. A súa licitación partía de 500.000 euros e a empresa gañadora presupuestouna por 380.000, diñeiro do que xa dispón o Concello de Camariñas mediante unha axuda de 390.000 euros (xa desde épocas de Fernández Moreda) provintes da Deputación da Coruña. O edificio contará con máis de 800 metros cadrados distribuídos en dúas plantas. Na planta baixa haberá dúas salas de velación, cámara de frío e tanatopraxia entre outros servizos. Lires Cons terá que ateñerse ao deseño do arquitecto Jorge Roura e segundo palabras do alcalde M.Valeriano Alonso "Pichurri" en un mes poderían comenzar os traballos. Parece ser que quedan atrás as divisións que causou o dichoso tanatorio o cal se plantexou nun pasado construilo nos terreos das malvinas ou na carretera do faro. Finalmente o Muíño do Vento albergará o tan necesitado tanatorio.

martes, 2 de octubre de 2012

As cámaras de videovixiancia claman ao ceo nos principais portos pesqueiros da Costa da Morte

Estaba este redactor ausente de Camariñas por uns días e recibía unha chamada de Manuel de Lin, desesperado e sorprendido pouco antes do mediodía do domingo. Os motivos, como todos sabemos eran que unha parte moi importante das súas redes, as que usa habitualmente para pescar foran sustraídas do espigón do porto de Camariñas. Denunciado nas dependencias da Garda Civil, posiblemente e sen descartar ningunha outra opción, a reineta foi vista polo amigo do axeno e cabe a posibilidade de que sexa do mesmo porto o ladrón de pacotilla e con ela pretendera facer nasas que se empregan para a captura de polbo. Con anterioridade e noutros portos da Costa da Morte xa hai denuncias tamén por sustracións de aparellos e incluso motores foraborda en Camelle. A Xunta de Galicia ven de recibir as peticións de varios patróns maiores da nosa costa e comprometeuse en ir instalando paulatinamente cámaras de seguridade nos principais accesos aos portos pesqueiros. Cámaras que son necesarias pola importante cantidade de diñeiro que hai depositado no chan, indefenso ante a multitude de razas diferentes que ca actual crise na que está sumerxida España quizás emulen aos políticos que desfilan día sí, día tamén por todos os xulgados da nosa península, e, ante os elementos cos que temos que convivir todas as medidas de seguridade que se poñan son poucas. Lamentablemente hai pouca garda civil (hai máis políticos que membros na benemérita) para unha extensión tan grande e dispersa como é a nosa e a instalación destes obxetivos complicaríalle algo os plans aos ladróns de pacotilla. Corme, que foi o primeiro en contar con estes dispositivos de vixiancia e recentemente Brens son as únicas vilas pesqueiras que recibiron a aprobación de Portos onde o escollo máis complicado é a Lei de Protección de Datos a cal oxalá sexa superada pola suposta Lei Moral de Protección dos Traballadores, os únicos que poden levantar un país cando certos mandamáis derrochen e burlen todo que collan por diante. Din os ditos vellos (case sempre levan razón) que entre o ceo e a terra todo se acaba sabendo e oxalá algún día se identifiquen os pobres infelices dos que nos rodeamos e neste caso que nos trae hoxe aquí, Manuel poida saber algo do acontecido. As cámaras de videovixiancia claman ao ceo na Costa da Morte e si por tránsito, importancia en volumen de barcos e descargas é, Camariñas ocupa os primeiros postos para contar con elas.