Páginas

martes, 2 de octubre de 2012

As cámaras de videovixiancia claman ao ceo nos principais portos pesqueiros da Costa da Morte

Estaba este redactor ausente de Camariñas por uns días e recibía unha chamada de Manuel de Lin, desesperado e sorprendido pouco antes do mediodía do domingo. Os motivos, como todos sabemos eran que unha parte moi importante das súas redes, as que usa habitualmente para pescar foran sustraídas do espigón do porto de Camariñas. Denunciado nas dependencias da Garda Civil, posiblemente e sen descartar ningunha outra opción, a reineta foi vista polo amigo do axeno e cabe a posibilidade de que sexa do mesmo porto o ladrón de pacotilla e con ela pretendera facer nasas que se empregan para a captura de polbo. Con anterioridade e noutros portos da Costa da Morte xa hai denuncias tamén por sustracións de aparellos e incluso motores foraborda en Camelle. A Xunta de Galicia ven de recibir as peticións de varios patróns maiores da nosa costa e comprometeuse en ir instalando paulatinamente cámaras de seguridade nos principais accesos aos portos pesqueiros. Cámaras que son necesarias pola importante cantidade de diñeiro que hai depositado no chan, indefenso ante a multitude de razas diferentes que ca actual crise na que está sumerxida España quizás emulen aos políticos que desfilan día sí, día tamén por todos os xulgados da nosa península, e, ante os elementos cos que temos que convivir todas as medidas de seguridade que se poñan son poucas. Lamentablemente hai pouca garda civil (hai máis políticos que membros na benemérita) para unha extensión tan grande e dispersa como é a nosa e a instalación destes obxetivos complicaríalle algo os plans aos ladróns de pacotilla. Corme, que foi o primeiro en contar con estes dispositivos de vixiancia e recentemente Brens son as únicas vilas pesqueiras que recibiron a aprobación de Portos onde o escollo máis complicado é a Lei de Protección de Datos a cal oxalá sexa superada pola suposta Lei Moral de Protección dos Traballadores, os únicos que poden levantar un país cando certos mandamáis derrochen e burlen todo que collan por diante. Din os ditos vellos (case sempre levan razón) que entre o ceo e a terra todo se acaba sabendo e oxalá algún día se identifiquen os pobres infelices dos que nos rodeamos e neste caso que nos trae hoxe aquí, Manuel poida saber algo do acontecido. As cámaras de videovixiancia claman ao ceo na Costa da Morte e si por tránsito, importancia en volumen de barcos e descargas é, Camariñas ocupa os primeiros postos para contar con elas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo