Páginas

sábado, 13 de octubre de 2012

Necesítase embarcación de pesca deportiva para colaborar no "Campionato Autonómico de Pesca de Fondo en Lancha" que se vai celebrar en Camariñas

Na imaxe embarcacións de 7ª lista. Arriba Olga Campos
Andaba Olga Campos esta mesma mañá buscando unha embarcación de pesca deportiva (7ª lista) que quixera colaborar (gastos pagos) participando no "Campionato Autonómico de Pesca de Fondeo en Lancha", o 1º que se celebra na historia da nosa vila (o ano pasado foi provincial) e que se vai celebrar na mesma Ría de Camariñas o vindeiro 21 de outubro (día das eleccións galegas), data xa marcada desde fai un ano pola Federación Galega de Pesca, unha Federación que conta co apoio incondicional e altruísta da Asociación de Empresarios de Camariñas a cal preside a mesma Olga Campos. Necesítase unha embarcación con capacidade e seguridade para catro persoas e así acompañar as 7 que xa confirmaron a súa presencia neste importantísimo campionato. Pescadores aficcionados que se enrolarán por unhas horas e competirán pescando e disfrutando nunha das rías máis fermosas de Galicia e do mundo. A inscripción deberá producirse antes do vindeiro luns e desde Camariñas directo faise un chamamento por sí algún dos nosos lectores está interesado. Insistimos, antes deste vindeiro luns e podes comunicalo  no número de teléfono 662 488 253 ou ben nesta redacción. Os horarios de pesca dentro da ría serán de 8:30 a 12:30, farase unha parada para comer (bolsa de alimentos incluída) e de 13:30 a 17:30. Agradecemos a participación xa confirmada e a que falta por confirmar, Camariñas ten que dar exemplo e non nos cabe ningunha dúbida que así será e os participantes programados pola Federación Galega de Pesca levarán un grato recordo da nosa xente, do noso mar. Sorte a todos os participantes, boa pesca e bos ventos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo