Páginas

martes, 30 de octubre de 2012

O 13 é o número máis buscado para a Lotería do Nadal





É moi común tentar nos diferentes sorteos nos que se apostan uns euros, especialmente no do Nadal, con datas de nacemento, días e lugares sinalados por desgracias, tsunamis, atentados de grande embergadura, etc, pero despois de comprobar en varias fontes especializadas na venta online, especialmente en Ventura24, o número chamado da mala sorte, o 13, é o máis solicitado polos galegos e resto dos españois e a tendencia no noso concello é a mesma según palabras de Jose Luaces que rexenta a administración nº 1 de Camariñas, "Bolboreta". Desaparecido en moitos lugares pola triscaidecafobia que padece parte da humanidade a raíz da fatídica ultima cea de Xesucristo, con 13 persoas na mesa, omitido tamén na Fórmula 1, en hoteis, algúns hospitais e incluso nas filas de varias compañías aéreas como Iberia, o número 12+1 está rebuscado por todas as administracións pero son 5 en Madrid as que dispoñen desta cifra para os que tentan a sorte co suposto número da mala sorte. Terminacións iguais pero con números máis completos poden conseguirse en Camariñas, agora sí, imposible que só vaia acompañada de ceros á súa esquerda. Xa está na porta o sorteo por excelencia dos españois cos seus case 200 anos de historia. Superou todo tipo de guerras, crisis económicas, cambios de moeda, repúblicas, monarquías, dictaduras, democracias desde que foi creado en Cádiz no 1812 á inciativa do ministro do Consello, Ciriaco Glez Carvajal e a Cámara de Indias co fin de recadar diñeiro para o erario público e poder sacar aos franceses na época da hambruna da nosa península.Trasladouse o sorteo a San Fernando, Ceuta, Andalucía e finalmente no ano 1814 asentouse en Madrid. O primeiro número agraciado da historia, 8000 reales, foi parar ao  número 03.604. Xa choveu desde esa cifra ata os 400.000 euros da actualidade que pode ser premiado un décimo de 20 euros. As comunidades máis agraciadas nestes 199 anos son Madrid, Barcelona, Sevilla e Valencia. En Galicia tocou catro veces en Coruña, tres en Vigo e unha en Pontevedra. O número 15.640 tocou duas veces (1956-1978). A ultima cifra máis repetida o 5, seguida do 4 e 6 respectivamente. Na parte negativa o número 1, nunca terminou nel. As últimas dúas máis agraciadas son o 85 e 57 e nunca tocou no 09,10,13,21,25,31,34,41,42,43,51,54,59,67,78 e 82. Na actualidade, o erario público pode chegar a recadar 1000 millóns de euros. Moita Sorte a todos nós en especial aos máis necesitados.

2 comentarios:

  1. Pois a min nunha ocasión, non me tocou o primeiro premio da Lotería, por culpa da chuvia. Era sábado e caían chuzos, mentres eu agardaba na porta do meu traballo, pa cruzar sen paraugas ata a administración de loterías, onde sempre compraba os restos dos décimos que quedaban da semana ( dous ou tres números distintos ). Desistín, porque non paraba de chover. E, precisamente, nun deses números, estaba o gordo que se vendera en Oleiros aquel fatídico día de temporal.
    Cando non está pa un, ata o mal tempo ponse de inimigo.
    Antonio Puertas

    ResponderEliminar
  2. É ben boa verdad que si non está para un ou vicebersa, a sorte, como a maioría de cousas que suceden na vida, ha pasar algo. A min pasoume algo parecido Antonio cunha apuesta de primitiva. Saúdos poeta.

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo