Páginas

domingo, 28 de octubre de 2012

O Porteño vence por 4-1 ao Coristanco cunha gran primeira metade

O Capitán do Porteño "Bruno"

Non fallou o Porteño F.C ante a numerosa aficción que se acercou na tarde deste sábado ao campo da Grixa para presenciar o 1º partido deste campionato da 1ª Autonómica G3 - Cadetes. Tiña ganas o Porteño e notouse nunha memorable primeira media hora de encontro que cun centro de campo totalmente controlado poñíanse por diante con tres goles, obra de Michael, David e Mario e numerosas ocasións claras de gol que os travesaños e o porteiro do Coristanco desbarataban. Unha rimeira parte con  trenzadas xogadas que levantaron a delicia do público (directiva do Porteño incluída). Foi a pouco do descanso cando o adestrador rival facía un troco arriscado para intentar frear o vendabal de fútbol que os locais estaban arremetendo e introducíu un reforzo no medio do campo e pouco a pouco foi parándolle as pernas dos pupilos de Ordóñez. Restaba distancias o Coristanco pouco antes do descanso. Na segunda metade, cun partido máis aberto, o local Álvaro ampliaba distancias e ata o final do partido cun resultado de 4-1 (crónica completa pinchando no enlace). O vindeiro sábado o Porteño visita o campo da Arliña, en Muxía e o partido xogarase en horario matinal.



Aos poucos minutos do comenzo, Michael enderazaba a victoria porteña cun remate de cabeza pola mesma escadra a saque de esquina botado por Mario e notouse a confianza nas posibilidades do equipo. Pouco despois, David facía o mesmo peinando un balón que a saque de esquina de Michael entraría axustado ao pao da portería rival. A partires daí o control exercido no medio do campo ca batuta de Mario e Michael fixo que o claro dominio do Porteño con varias xogadas elaboradas levantara as delicias das gradas que vían como en 30 minutos chegaba o 3º tanto cun golazo desde fora da área a tiro de Mario. Un desbordado Coristanco movía ficha antes do remate da 1ª metade para intentar frear o vendabal local e  pouco despois do troco restarían distancias cun gol precedido por unha imprecisión dun Damián que agás nesa xogada estibo espectacular durante o resto do partido. Foi na segunda metade cando Álvaro remataría unha xogada elaborada por Manuel e Michael que con 4 toques prantarían un balón diante do porteiro do Coristanco e que aproveitaría ca punteira para introducir o 4º e último gol do encontro. Cun resultado favorable aos locais de 4-1 o partido comenzou a abrirse e o banquillo do Porteño movía as acertadas fichas que deron osíxeno á seguridade e robustez dunha defensa que con Miguel, Bruno, Gonzalo e Damián foi infranqueable ante os intentos do rival. Brais, que estibo atentísimo durante todo o partido  e a presión dos Josiño, Manuel, Alex e sobre todo David, desbarataron calquer intento dos rivais para introducir ningún balón máis nas redes do cancerbeiro Brais e consiguen a súa primeira victoria da tempada...Felicidades "equipo". Abaixo queda  unha pequena galería de fotos sacadas por Manuel Gómez, administrador do facebook porteño cadetes 2012-2013 e a clasificación.

O árbitro: Ben
Dato significativo: O numeroso público local

                                                           Nome: Brais Nión Dios.
                                                           Idade: 14 anos.
                                                           Nacido: Xaviña (Camariñas).
                                                           Posición: Porteiro.
                                                           Dorsal: 1
                                                           Outros datos: Procede das Baleas. 
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Fotos: Manuel Gómez



























Clasificación PJPG PE PP GF GCPts
1 S.D. Esteirana 11 0 0 8 03
2







Porteño C.F. 11 0 0 4 13
3  C.F.Muxía 11 0 0 6 33
4 U.C. Cee 11 0 0 4 13
5 Cabana S.D. 11 0 0 4 23
6 Outes C.F. 11 0 0 2 03
7 S.D. Fisterra 10 1 0 1 11
8 Xallas StComba 10 1 0 1 11
9 C.D. Baio 10 0 1 2 40
10 Ponteceso S.D. 10 0 1 0 20
11 Con. de Carnota 10 0 1 3 60
12 S.D. Coristanco 10 0 1 1 40
13 Sp. Zas 10 0 1 1 40
14 Muros S.D. 10 0 1 0 80

1 comentario:

  1. Boa noticia!! bueno, haber si seguimos asi asta o final de liga :)

    Saludos e vamos porteño!!!!!

    ResponderEliminar

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo