Páginas

domingo, 21 de octubre de 2012

Un novo redeiro en Camariñas para un dos armadores máis xóvenes da Costa da Morte

Xa está confirmado que o Rosymar, con porto base en Cambados vai cambiar de rumbo e de novo será Camariñas o destino que tome o compás do redeiro de case 16 metros de eslora e casco de madeira. Domingo Miñones Mouzo, coñecido carismáticamente como Dominguiños será moi pronto o novo patrón e armador deste barco de apenas 15 anos de antigüedade e que engrosará máis o importantísimo censo do porto camariñán. Con 28 anos ás súas espaldas e cunha dilatada experiencia no mundo do cerco, xunto con Edelmiro Campaña (fillo), son dos armadores máis xóvenes da Costa da Morte que patronean barcos desta envergadura e responsabilidade con máis dunha ducia de familias asalariadas abordo entre os dous. Está claro que na vila dos encaixes o carácter emprendedor, loitador e traballador estancouse na xuventude no mundo do mar, mermada quizáis pola ausencia de traballos en ningunha parte. Quedan dúas opcións, facer as maletas todos e deixar estes pobos sin alma e que cerren comercios, bares, etc, poñendo unha barrera no alto das carballas ou emprender as túas ideas e poñerse a fondo no que che gusta. Evidentemente, aparte de valor, coraxe e destreza nos aparellos da ponte de mando hai que depositar unha importante cantidade de diñeiro, unha inversión necesaria (ao mar non se engaña) para poder pescar segundo veñan os ventos e leis que cambian como as estacións do ano. Paralelamente a todo isto, a sorte é imprescindible, unha sorte que lle desexamos imperiosamente desde Camariñas Directo a todos os mariñeiros emprendedores e neste caso ao noso estimado veciño e amigo "Domingos". Que corran sempre bos ventos e boa pesca compañeiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comenta en libertade tan só respetando as opinións dos demáis. Gracias polo teu comentario e un saúdo desde Camariñas Directo